medievalista inglés From Wikipedia, the free encyclopedia
David Mackenzie, nado en Sutton-in-Ashfield (Nottinghamshire) o 8 de setembro de 1943 e finado en Santiago de Compostela o 26 de febreiro de 2016,[1] foi un galicianista e medievalista inglés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de setembro de 1943 Nottinghamshire, Reino Unido |
Morte | 26 de febreiro de 2016 (72 anos) Santiago de Compostela, España |
Educación | Universidade de Oxford |
Actividade | |
Ocupación | medievalista |
Membro de | |
Licenciouse en Linguas modernas, na especialidade de lingua española pola Universidade de Oxford en 1966, e progresou os seus estudos nela até completar un mestrado. En 1975 doutorouse pola Universidade de Nottingham cunha tese de análise sobre a Crónica de Santa María de Iria, onde comezou a súa relación con Galicia. Despois de traballar para a Biblioteca Británica foi profesor de Estudos hispánicos inicialmente na Universidade do Ulster (1974), e logo da Universidade de Birmingham (1986), onde ao longo dunha década foi progresando de profesor titular a catedrático.
En Birmingham creou o primeiro Centro de Estudos Galegos nunha universidade británica, desde onde desenvolveu un obradoiro de tradución de literatura galega ao inglés que deu ao prelo, entre outras, a primeira tradución de Méndez Ferrín ou de Castelao a esa lingua. Ao de Birmingham seguíronlle outros centros de estudos galegos noutras partes do Reino Unido e do mundo. Foi un dos impulsores da Asociación Internacional de Estudos Galegos.
En 1997 mudou o seu centro de traballo para a Universidade de Cork, onde tamén estableceu un centro de estudos galegos. Nesta universidade irlandesa xubilouse en 2008, aínda que continuou dando clase de estudos hispánicos na Universidade de Wisconsin-Milwaukee ata 2011. Logo da súa xubilación estableceuse de forma permanente en Santiago de Compostela onde finou. En 2015 reuniuse un volume de estudo de diversos especialistas en lingua e literatura galega, na súa homenaxe (En memoria de tanto miragre).
Foi membro correspondente da Real Academia Galega.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.