Mabel Rivera

actriz galega From Wikipedia, the free encyclopedia

Mabel Rivera

María Isabel Rivera Torres, máis coñecida como Mabel Rivera, nada en Ferrol o 20 de xuño de 1952, é unha actriz galega.[1]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar

Traxectoria

Actriz de enorme experiencia teatral. En Galicia deuse a coñecer nos anos 90 como protagonista da comedia de maior éxito da TVG, Pratos Combinados, onde interpretou o personaxe de Balbina. Máis tarde chegoulle o recoñecemento a nivel estatal ao ser unha das actrices da oscarizada película Mar adentro, dirixida por Alejandro Amenábar e que lle valeu o Premio Goya á Mellor actriz secundaria.

Traballou en publicidade, ademais de como presentadora, axudante de dirección e actriz de dobraxe.

É Licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela e fala castelán, galego, inglés e francés.

Cine

Televisión

Filmes para televisión

Series de TV

Fixa

Episódica

Teatro

Centro Dramático Galego

Teatro do Malbarate

  • Xogos de damas (1987) de Anxel R. Ballesteros (dirección Eduardo Alonso).
  • Galicia, S.L. (1988) de varios autores (dirección Eduardo Alonso).
  • Inventarios (1990) de Philippe Minyana (dirección Fernanda Lapa).
  • Xogos á hora da sesta (1991) de Roma Mahieu (dirección Cándido Pazó).

Outras compañías

  • Compañía (2000) de Eduardo Rovner (dirección Antonio Simón).
  • Cartas de amor (2001) de A.R. Gourney (dirección Avelino González).
  • O país da comedia (2001) de varios autores (dirección Carlos Blanco).
  • Voaxa e Carmín (2016) de Esther F. Carrodeguas (dirección Xavier Castiñeira, produtora ButacaZero e Eme2).

Galardóns e nomeamentos

Premios Mestre Mateo

Máis información Ano, Categoría ...
AnoCategoríaTítuloResultado
2002Mellor actriz protagonistaPratos combinadosNomeada
2005Mellor actriz secundariaMáis ca irmánsNomeada
2007Mellor actriz secundariaHotel TívoliGañadora
2008Mellor actriz secundariaA Bela OteroNomeada
2009Mellor actriz protagonistaO NordésNomeada
2012Mellor actriz secundariaConcepción Arenal, a visitadora de cárceresGañadora
2013Mellor actriz secundariaInevitableNomeada
2014Mellor actriz protagonistaPazo de familiaGañadora
Pechar

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.