Cuéntame cómo pasó

Serie de Radiotelevisión Española From Wikipedia, the free encyclopedia

Cuéntame cómo pasó
Remove ads

Cuéntame cómo pasó, máis coñecida como Cuéntame, é unha serie de televisión española emitida por La 1 de Televisión Española, desde o ano 2001. O seu nome orixinal (Cuéntame) tivo que ser modificado por problemas de dereito de autoría.[1]

Datos rápidos Tipo, Xénero artístico ...
Remove ads

A serie narra, apoiándose nunha combinación de microhistoria e macrohistoria, as vivencias dunha familia de clase media, os Alcántara, durante os últimos anos do franquismo e os comezos da Transición Española, e é á vez unha crónica socio-política da época. O seu nome provén dun famoso tema dos anos sesenta do grupo de música pop Fórmula V, titulado "Cuéntame".

A serie creouse co propósito de celebrar o primeiro cuarto de século transcorrido desde a Transición e o seu espírito claramente didáctico queda patente nalgúns capítulos puntuais especiais, nos que se inclúen entrevistas documentais a personaxes históricos da época, por exemplo os correspondentes ao asasinato do presidente Carrero Blanco ou á morte de Franco.

Desde o seu primeiro capítulo, emitido o 13 de setembro de 2001, Cuéntame reflectirá os cambios experimentados no país a partir de 1968. A 11ª tempada estreouse o 10 de setembro de 2009 e terminou o xoves 17 de decembro de 2009 cun récord absoluto de audiencia desde o 2007 e superando a de Gran Hermano.

A pesar de levar máis de 8 anos en antena a serie converteuse en todo un referente e a súa audiencia segue intacta, plantando cara a Gran Hermano.

Entre o 3 de xaneiro e o 23 de maio de 2013 emitiuse a súa décimo cuarta tempada.

Remove ads

Elenco actual

Principal

Secundario

  • Manolo Cal
    • Ramón
  • Silvia Espigado
    • Clara
  • Santiago Crespo
    • Josete
  • Manuel Dios
    • Luis

Con

  • Aina Quiñones
    • África
  • Jorge Basanta
    • Santos
  • Jimmy Roca
    • Padre Nivio
  • Joaquín Galletero
    • Pablo
  • Elena Ballesteros
    • Sara

E os nenos

  • Javier Lorenzo
    • Oriol
  • Víctor Garrido
    • Santi

Coa colaboración especial de

  • Guillermo Montesinos
    • Eladio
  • Carmen Balagué
    • Casandra
  • Pepa Sarsa
    • Josefina
  • Beatriz Argüello
    • Belén Serrano
  • Miguel Hermoso
    • Chema
  • Natalia Millán
    • Cata
  • Ramón Madaula
    • Max
Remove ads

Capítulos e audiencias

Máis información Tempada, Capítulos ...
Remove ads

Premios

  • Antena de Ouro
    • Antena de ouro á mellor serie de televisión: 2004.
  • Fotogramas de Prata
  • Unión de Actores
    • 2005. Candidata a Mellor actor protagonista dunha serie (Imanol Arias), Mellor actriz protagonista dunha serie (Ana Duato), Mellores actores nun papel pequeno (Félix Corcuera e José Antonio Alcobendas).
  • TP de Ouro
    • Mellor Serie Nacional: 2001, 2002, 2003
      • Nomeada: 2004, 2006, 2008.
    • Mellor Actor (Imanol Arias): 2001, 2002, 2003, 2006, 2007, 2008.
      • Nomeado: 2004, 2005.
    • Mellor Actriz (Ana Duato): 2001, 2002, 2003, 2006.
      • Nomeada: 2004, 2005, 2007.
    • Mellor Actriz (María Galiana).
      • Nomeada: 2002
  • Premios internacionais
    • International Golden Chest 2002: Mellor dirección artística.
    • Seoul Drama Awards 2006: Mellor guión.
    • Seoul Drama Awards 2007: Mellor director.

Notas

Loading content...

Véxase tamén

Loading content...
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads