periodista e escritora española From Wikipedia, the free encyclopedia
María Victoria Prego de Oliver y Tolívar,[1] nada en Madrid o 11 de novembro de 1948[2] e finada no mesmo lugar o 1 de maio de 2024,[3] foi unha xornalista española, presidenta da Asociación da Prensa de Madrid entre 2015 e 2019.
Foi a filla do xornalista e dramaturgo ourensán Adolfo Prego de Oliver Domínguez[2] e irmá do maxistrado Adolfo Prego de Oliver y Tolivar.
Estudou Ciencias Políticas e Xornalismo. Tras uns traballos en El Alcázar, Informaciones[2] e a Axencia EFE,[3] en 1974 ingresou en Televisión Española, sendo asignada á área de internacional dos servizos informativos.[4] Nos anos seguintes desenvolveu a súa actividade no informativo da TVE 2 (entón coñecida como UHF), chamado Redacción Noche. En 1976 foi nomeada xefa da sección de internacional, e máis adiante pasou dous anos en Londres como correspondente de TVE.
De regreso a España, comezou a gañar popularidade entre 1981 e 1982 cando Iñaki Gabilondo, xefe dos Servizos Informativos de TVE, lle encargou que presentase xunto a Joaquín Arozamena, a terceira edición do Telexornal,[3] que se decidiu chamar Al cierre. Ambos os dous deron forma a unha entón nova concepción dos informativos, combinando un estilo máis próximo de transmitir noticias cun maior tempo dedicado á opinión política. Tamén foi parte da redacción que viviu e retransmitiu o golpe do 23-F dende os estudios de Prado del Rey.[3]
Entre 1982 e 1987 presentou o programa cultural El arte de vivir que dirixía Miguel Ángel Gozalo. Paralelamente, en 1983 estreou o espazo Españoles, no que tivo ocasión de entrevistar a importantes personaxes da vida política, económica, social e cultural de España.[5] Nesa época comezou tamén a colaborar coa revista Interviú. Máis adiante, e até 1986, profundou a súa experiencia xornalística na radio, presentando o informativo diario en Radio Nacional de España, así como o espazo de análise política El reloj.
En 1987, tamén en TVE, conduciu Debate. Foi nese momento cando empezou a preparar para Televisión Española un dos traballos máis destacados da súa carreira: unha serie de documentais sobre a historia recente de España, ao que se deu o título La Transición, que gustou na canle e non se estreou até 1995.[2] Por eles recibiu os galardóns: Os 16 do ano (1995), Antena de Ouro (1996), Víctor da Serna (1995) e Muller Progresista 1995.[6]
En 1994 dirixiu e presentou o programa de debate Un momento por favor para Telemadrid e Canle Sur.[7] Un ano despois colaborou con Antena 3, onde realizou unha serie de documentais coincidindo co vixésimo aniversario da morte de Franco e a subida ao trono de Juan Carlos I. Na mesma cadea durante os anos 2000 a 2003 interveu como analista política e tertuliana no programa informativo diario El primer café con Isabel San Sebastián e logo con Carmen Gurruchaga.
Desde 2000 formou parte do diario El Mundo,[8] onde foi subdirectora da área Política e escribiu unha columna diaria. En 2005 foi nomeada adxunta ao director Pedro J. Ramírez posto que abandonou en xuño de 2015. Durante 2015-2016 mantivo a súa relación con elmundo.es publicando regularmente os seus artigos de análise política.
Desde 2004 até 2018 colaborou co programa de Televisión Española Os almorzos de TVE, desde 2006 en Madrid opina (até 2011) e Alto e claro de Telemadrid e desde 2009 en Una mirada a El Mundo, de Veo.
En radio traballou en Onda Cero con La Brújula, entre 2001 e 2002 e posteriormente fíxoo en COPE. Ademais, desde marzo de 2005 até xaneiro de 2007, tivo un blog político en elmundo.es.
En 2008 conduciu unha continuación do documental A Transición, que levou por título O camiño da liberdade e abarca a historia de España entre 1978 e 2008. Entre 2015 e 2019, foi presidenta da Asociación da Prensa de Madrid.[1]
En 2016, xunto con Casimiro García Abadillo participou na fundación do diario dixital El Independiente,[2][3] do que foi adxunta ao director até a súa morte.[2][9] Desde novembro de 2015 até novembro de 2019 foi presidenta da Asociación da Prensa de Madrid.[8][10] Formou parte da primeira xunta directiva da Academia de Televisión e das Ciencias e Artes do Audiovisual de España.[6]
Filla do xornalista ourensán Adolfo Prego de Oliver, e sobriña do pintor Manuel Prego de Oliver, en 2014 recibiu, de mans do entón presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e do presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar Blanco, o Premio Ourensanía 2014.[11]
Obtivo numerosos premios e recoñecementos ao longo da súa vida profesional, como os Premios APM de Honra en 2013.[1][12] Tamén obtivo Premio Víctor de la Serna 1995, no equipo de "La Transición" de TVE, Premio de Periodismo El Correo 1995, Antena de Oro 1995, Premio Europeo de Periodismo 2000, Premio Fundación Independiente de Periodismo Camilo José Cela 2013, Medalla de Prata de Documentais Históricos do Festival de Nova York, Premio Luca de Tena 2015 ou o Premio Clara Campoamor do Concello de Madrid 2015.[1]
En 2018, foi investida como doutora honoris causa pola Universidade Rei Juan Carlos, a proposta do Departamento de Ciencias da Comunicación e Socioloxía.[1]
En 2018, foi galardoada co Premio Nacional de Televisión, que concede o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, pola súa traxectoria[3] xornalística desempeñada en todo tipo de medios de comunicación.[13]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.