Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Carmen Climent Roca, nada en Bilbao o 13 de febreiro de 1996, é unha actriz de cinema, teatro e televisión, cantante e bailarina española.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de febreiro de 1996 (28 anos) Bilbao, España |
Residencia | Bilbao Madrid |
Educación | Escola de Artes Escénicas Ánima Eskola |
Altura | 163 cm |
Cor dos ollos | Verde escuro |
Cor do pelo | Cabelo castaño |
Actividade | |
Ocupación | actriz, bailarina, cantante |
Período de actividade | 2012 - |
Profesores | Richard Sahagún, Carlota Ferrer, Igor Yebra, Marina Shimanskaya, David Valdelvira, Rakel Rodríguez, Roberto Bienzobas, Alejandra Nóvoa e Sandra Tejero |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Parella | Sergio Wolbers (2018–2020) |
Premios | |
| |
Provén dunha familia de músicos valencianos, polo que conviviu coa música desde pequena.[1] Os pais son naturais de Tavernes de la Valldigna (Valencia). Porén, trasladáronse a Bilbao polo pai, Rafael Climent, membro da banda municipal de música de Bilbao desde hai moitos anos.[2][3]
Comezou os seus estudos de teatro en talleres de diferentes escolas de Bilbao. Formouse en artes escénicas e interpretación na Escola Superior de Artes Escénicas Ánima Eskola onde estudou Arte Dramática baixo os métodos Stanislavsky, Mikhail Chekhov e Vajtangov (método ruso) con David Valdelvira e Marina Shimanskaya. Alí coincidiu cos tamén actores Nerea Elizalde, Julen Guerrero, Lorea Lyons i Ane Inés Landeta, xunto cos que estudou.
En 2014 representou a obra O soño dunha noite de verán de William Shakespeare, dirixida por David Valdelvira, galardoada co Premio Buero de Teatro.[4]
Tamén estudou clases de cinema con Richard Sahagún. En 2015 entrou a formar parte da compañía de teatro hACERÍA de Bilbao, coa que representou máis de 30 funcións das obras: Verano de Cristal e La tristeza del caracol. En 2019 protagonizou a montaxe do Teatro Pavón Kamikaze La leyenda del tiempo, a partir de Así que pasen 5 años de Federico García Lorca, baixo a dirección de Carlota Ferrer e Darío Facal. Coa compañía formou parte tamén de diferentes musicais, como Luna, sobre ruedas.[5]
Tamén se formou en canto musical e lírico e en danza clásica, con Igor Yebra, contemporánea, jazz e claqué.[6][7] Como bailarina participou na compañía de baile de Rakel Rodríguez.
En decembro de 2018 incorporouse ao elenco da serie Cuéntame cómo pasó de La 1, na que interpreta a María Alcántara, tras a saída de Paula Gallego. A3 incorpóraa como protagonista para a súa canle web Flooxer na serie Terror.app. A EITB aborda na serie en éuscaro Alardea un tema controvertido: a tradición contra o progreso na celebración do Alarde en Hondarribia. As protagonistas son Itziar Ituño e Carmen Climent como nai e filla respectivamente.[8][9][10]
Ano | Serie | Canle | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|---|
2019 | Terror.app[11] | Flooxer | Clara | 6 episodios |
2019 - presente | Cuéntame cómo pasó | La 1 | María Alcántara | 42 episodios* |
2020 | Alardea | ETB 1 | Jone | 4 episodios |
Curtametraxes
Ano | Película | Canle | Personaxe |
---|---|---|---|
2019 | Regina | Carmen |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.