director de cinema español From Wikipedia, the free encyclopedia
Imanol Uribe, nado en San Salvador (O Salvador) o 28 de febreiro de 1950, é un director e produtor de cinema vasco.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de febreiro de 1950 (74 anos) San Salvador, O Salvador |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, actor, guionista, montador, produtor de cinema |
Familia | |
Cónxuxe | María Barranco (1982–2004) |
Premios | |
| |
Comezou os seus estudos na Escola Oficial de Xornalismo de Madrid e obtivo o título de Director na Escola de Cinematografía de Madrid. En 1975 funda a produtora Zeppo Films, en 1979 a produtora Cobra Films e posteriormente Aiete Films S.A.
O tema predominante das súas películas está dedicado á situación social-política do País Vasco. Isto reflíctese en películas como El proceso de Burgos, La fuga de Segovia, La muerte de Mikel ou Días Contados. Tamén tocou outras temas: o racismo en Bwana, o mundo da bruxas en La luna negra ou o histórico en El rey Pasmado. Á parte de director tamén exerceu de produtor como en Secretos del corazón.
Na súa longa carreira, recibiu numerosos premios. Entre outros a Cuncha de Ouro á Mellor Película no Festival de Cine de Donostia por Días Contados, oito premios Goya por Días Contados e outros sete premios Goya por El rey pasmado (baseada na novela de Gonzalo Torrente Ballester, Crónica del rey pasmado), con Gabino Diego etc.
Compartiu a súa vida coa actriz María Barranco e teñen unha filla en común.
Ano | Película |
---|---|
2007 | La carta esférica |
2002 | El viaje de Carol |
2000 | Plenilunio |
1998 | Extraños |
1994 | Días contados |
1991 | El rey pasmado |
1989 | La luna negra |
1986 | Adiós pequeña |
1983 | La muerte de Mikel |
1981 | La fuga de Segovia |
1979 | El proceso de Burgos |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.