O Premio Cultura Galega ás Iniciativas en prol do Patrimonio Cultural é un galardón concedido como parte dos Premios da Cultura Galega pola Xunta de Galicia a persoas físicas ou xurídicas con "traxectoria vencellada á protección, conservación e difusión da riqueza cultural galega, en calquera medio e en calquera eido de actuación."[1]. Os premiados son seleccionados por un xurado único formado por doce persoas.
Os premios convocáronse por primeira vez no ano 2010, aínda que naceron como continuación dos Premios Nacionais da Cultura Galega, creados en 2008 e que tiveron unha única edición[2]. A diferenza do anterior, concedido ao Museo do Pobo Galego, este premio non ten dotación económica.
Premiados
- 2010 - Fundación Pedro Barrié de la Maza.
- 2011 - Fundación Aquae Querquennae Via Nova.
- 2012 - Fundación Eduardo Pondal[3].
- 2013 - Castro de Viladonga[4].
- 2014 - Grupo Marcelo Macías[5].
- 2015 - Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial.
- 2016 - Museo de Pontevedra
- 2017 - Fundación Rosalía de Castro
- 2018 - O Sorriso de Daniel[6]
- 2019 - Restauración do Pórtico da Gloria.
- 2020 - Fundación Penzol.
- 2021 - Mosteiro de San Pedro de Rocas.[7]
- 2022 - Xacarandaina.[8]
- 2023 - Eduardo Pardo de Guevara
- 2024 - Xosé Manuel González Reboredo[9]
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.