Eduardo José Pardo de Guevara y Valdés, nado o 14 de setembro de 1952 en Ponteceso, é un historiador galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Eduardo Pardo de Guevara y Valdés 14 de setembro de 1952 (72 anos) Ponteceso, España |
Profesor de investigación do CSIC | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | mestre, historiador |
Empregador | Consello Superior de Investigacións Científicas Universidade Complutense de Madrid |
Membro de | |
Traxectoria
Estudou en Guadalaxara e Xaén e doutorouse en 1984 en Historia Medieval pola Universidade Complutense de Madrid.[1]
Foi profesor de investigación do Consello Superior de Investigacións Científicas, director do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (1994-2022) e director de Cuadernos de Estudios Gallegos,[2]. Actualmente é Científico vinculado ad honorem do IEGPS e vicepresidente da Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia, membro do Consello da Cultura Galega,[3] membro da Real Academia Matritense de Heráldica y Genealogía[4] e académico correspondente desde 1993 da Real Academia da Historia pola provincia de Lugo.[5]
A súa bibliografía é abondosa.[2][4] Inclúen artigos seus, entre outras publicacións, o Boletín da Real Academia Galega, os Cuadernos de Estudios Gallegos, Murguía: Revista Galega de Historia, El Museo de Pontevedra, Eduga: Revista Galega do Ensino e o Anuario Brigantino.[6]
É membro do corpo da Nobreza do Antigo Reino de Galicia.
En 2023 concedéronlle o Premio Cultura Galega ás Iniciativas en prol do Patrimonio Cultural.[7]
Obra publicada
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.