directora teatral, directora artística From Wikipedia, the free encyclopedia
Marta Pazos Antas, nada en Vigo[1] en 1976,[2] é unha directora de escena, actriz e escenógrafa galega.[3]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1976 (47/48 anos) Pontevedra, España |
Educación | Universidade de Barcelona |
Actividade | |
Ocupación | directora artística, escenógrafa, artista visual, director teatral, dramaturga |
Páxina web | martapazos.es |
O seu pai é músico de jazz e a súa nai enfermeira. Naceu por azar en Vigo, durante un concerto do pai nesa cidade, pero a cidade onde pasou a infancia foi Pontevedra.
Licenciouse en Belas Artes na Universidade de Barcelona, na especialidade de pintura. Tamén estudou na Scuola Cònia da Societas Rafaello Sanzio, de Cesena, onde aprendeu de Claudia Castellucci.
Segundo ela conta nunha entrevista, foi estudando Historia da Arte Contemporánea como coñeceu as artistas que foron as súas referentes como Marina Abramovic, Ana Mendieta, Yoko Ono, Louise Bourgeois ou Hanna Wilke, para facer a simbiose entre arte e acción na súa obra.[4]
A comezos do século XXI estaba dirixindo e actuando en Santiago de Compostela. Fixo parella artística con Borja Fernández en Belmondo, un dúo que naceu en 1999[5] ao redor dos espectáculos mensuais que se celebraban na Sala Nasa, en Santiago. En 2007 fundou a compañía Voadora en Santiago de Compostela, co actor Hugo Torres e o produtor Jose Díaz[6]. Voadora sería unha das compañías fundamental do teatro galego a partir dese momento. Dirixindo Voadora que conseguiu dous premios María Casares á mellor directora, en 2011 por Super8 e en 2013 por Tokio3, espectáculo co que foi finalista ao mellor espectáculo revelación dos premios Max.
Traballou co Centro Dramático Nacional, co Centro Dramático Galego e co Teatre Lliure, e levou os seus espectáculos aos festivais máis importantes de España (Temporada Alta, Festival de Almagro, Clásicos en Alcalá, Olmedo Clásicos, Fringe-Matadero Madrid, Tercera Setmana, FIOT e Festival Escenas do Cambio[7]), do Brasil, Mozambique, República Checa, Francia e Portugal, ademais de Galicia.
Na tempada 2018/2019 traballou na dirección de escena da ópera Je suis narcissiste no Teatro Real de Madrid.[8][9]
Estreou no Teatre Lliure de Barcelona, o de 2 de febreiro de 2021, unha adaptación ao teatro de Viaxe á lúa, o único guión cinematográfico que deixou Federico García Lorca.[10] En 2021 dirixiu no Centro Dramático Nacional en Madrid (Teatro María Guerrero) Comedia sin título de García Lorca.[11] E no mesmo ano tamén dirixiu para o Centro Dramático Galego Ás oito da tarde cando morren as nais.[12]
En 2022, dirixiu a ópera Alexina B, de Raquel García-Tomás, no Teatre del Liceu de Barcelona, a segunda estrea dunha ópera realizada por unha muller en 175 anos de historia da institución.[13]
Tamén en 2022, Pazos estrenou no Centro Dramático Galego, a obra da dramaturga AveLina Pérez, As oito da tarde cando morren as nais;[14] [15][16][17]logo, xunto a Christina Rosenvinge e María Folguera dirixiú Safo, que se estrenou no Festival Internacional de Teatro Clásico de Mérida;[1] [18][19][20][21][22]e tamén Twist, para o Teatro Circo Price de Madrid.[23] [24][25][26]Ese mesmo ano tamén foi a coordinadora do laboratorio de creación do Máster Oficial en Enseñanzas Artísticas Pensamiento y Creación Escénica Contemporánea de la Escuela Superior de Arte Dramático de Castilla y León.[27][28]
En 2024, dirixiu o espectáculo Dique da compañía Nova Galega de Danza, unha homenaxe ás 200 galegas que escavaron o Dique da Campá en Ferrol.[29]A construción do Dique da Campá foi considerado a obra mais importante da enxeñería hidrálica do século XIX, realizada entre 1874 e 1879. As estibadoras retiraron 245.000 metros cúbicos de terra e pedras que levaron sobre as súas cabezas en 58.000 cestos.[30]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.