Remove ads
filme de 2004 dirixido por Jorge Coira From Wikipedia, the free encyclopedia
O ano da carracha (en castelán: El año de la garrapata) é unha coprodución galega do ano 2004 dirixida por Jorge Coira e protagonizada por Verónica Sánchez, Félix Gómez e Javier Veiga.
O ano da carracha | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | El año de la garrapata |
Director | Jorge Coira |
Produtor | Antón Reixa Xosé de Cora |
Guión | Carlos Portela |
Intérpretes | Félix Gómez Javier Veiga Verónica Sánchez Víctor Clavijo María Vázquez |
Fotografía | Chechu Graf |
Montaxe | Gillermo Represa |
Distribuidora | Manga films |
Estrea | 20 de agosto de 2004 |
Duración | 87 minutos |
Orixe | Galicia |
Xénero | Comedia |
Na rede | |
Con guión de Carlos Portela, trátase dunha comedia xuvenil caracterizada polo sarcasmo e as referencias xeracionais á cultura alimentada de televisión, cine e rock. Estreouse o 20 de agosto de 2004 e gañou 8 Premios Mestre Mateo 2004 incluíndo mellor película e director.
Fran (Félix Gómez) chega ó inevitable momento de acabala carreira. A partir de aí, xorden un chea de dilemas dos que vai depender o seu futuro. O seu primeira traballo, os problemas coa súa moza provocados pola crise poslicenciatura e a lotaría das oposicións van a traer de cabeza ó protagonista. Cada decisión será vital, aínda que Fran terá a guía de Morgan, fillo de ricos e fachendoso teórico do "carrachatismo", do que aprenderá moito sobre como chegar á doe vida da dependencia paterna.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.