Mela Casal

actriz galega From Wikipedia, the free encyclopedia

Dolores de los Milagros Casal Devesa, artisticamente coñecida como "Mela Casal", nada en Rodiño Grande (Sergude, Boqueixón) en 1948, é unha actriz galega.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Mela Casal
Biografía
Nacemento1948 (76/77 anos)
Boqueixón, España
Actividade
Ocupaciónactriz
Premios

Pechar

Traxectoria

Fíxose popular para os espectadores galegos polo seu papel da alcaldesa de Portozás, Celia Rei, na serie Mareas vivas e posteriormente foi unha das protagonistas doutra serie de ficción de éxito da TVG, A vida por diante, emitida entre xaneiro de 2006 e decembro de 2007.

En televisión ten colaborado ademais noutras producións como Nada es para siempre (Antena 3), sen esquecer o seu papel de Socorrito en Luar. Entre as súas incursións en cine cabe destacar a súa participación en títulos como Sei quen es, de Patricia Ferreira Mañá, en 2000, O lapis do carpinteiro de Antón Reixa en 2003 e O ano da carracha, de Jorge Coira, en 2004, así como varias curtametraxes.

Nos últimos anos participou en producións galegas coma a película Pradolongo (2008) ou o telefilme O club da calceta (2009).

Estivo nomeada ó Premio Mestre Mateo á mellor actriz protagonista en 2008 pola súa interpretación de Sofía en A vida por diante. Tamén conta cunha grande experiencia teatral.

Cine

Televisión

Teatro

  • Estima (2003), da compañía Pífano.

Galardóns e nomeamentos

Premios Mestre Mateo

Máis información Ano, Categoría ...
AnoCategoríaFilmeResultado
2006Mellor actriz protagonistaA vida por dianteNomeada
2007Mellor actriz protagonistaA vida por dianteNomeada
2009Mellor actriz secundariaConexiónNomeada
2010Mellor actriz secundariaMar libreNomeada
2011Mellor actriz secundariaSinbadNomeada
2014Mellor actriz secundariaA esmorgaNomeada
2018Premio de Honra Fernando ReyGañadora
Pechar

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.