dramaturgo galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Roi Vidal Ponte, nado en Santiago de Compostela o 31 de agosto de 1982, é profesor, filólogo, poeta, dramaturgo, crítico teatral, músico e director de escena.
(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de agosto de 1982 (42 anos) Santiago de Compostela, España |
Formación profesional | Universidade de Santiago de Compostela Escola Superior de Arte Dramática de Galicia |
Actividade | |
Ocupación | poeta, crítico de teatro, músico, dramaturgo, filólogo, director teatral |
Membro de | |
Xénero artístico | Poesía, teatro, ensaio e narrativa |
Familia | |
Pais | Roberto Vidal Bolaño e Laura Ponte Santasmarinas |
Premios | |
XV Premio de Poesía Concello de Carral 2012 | |
Fillo de Roberto Vidal Bolaño e Laura Ponte Santasmarinas. Licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela e en Dirección de Escena pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
Comezou publicando poesía e teatro en revistas como Revista das Letras, Dorna ou Casahamlet. Finalista en 2008 do II Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico (Xerais) coa peza Último Capítulo, do Premio Xuventude Crea en 2010 co poemario Pop (Xunta de Galicia) e en 2011 co relato un Coitelo manchado de graxa. En 2012 obtivo o Premio Concello de Carral co poemario Teatro. A súa peza "Canción triste de Wall Street" forma parte do libro Banqueiros (Laiovento, Premio da Crítica 2013). En 2014 publicou unha biografía de Roberto Vidal Bolaño titulada Fóra de Portas (Edicións Positivas).
Como director de teatro estrea as pezas Matilde, de David Pobra e Mario Benedetti (para Bicodobrelo, 2008), Faraoas (Tirita Producións, 2011)[1], Operación Triunfo (creación colectiva de Gargallada Teatro a partir de Ubu Roi de Alfred Jarry, 2015) e Illa/Ollo, a partir dun texto de Manuel Lourenzo (coa compañía Nasdrovia, 2015). No 2018 inicia a súa actividade nos Obradoiros de Teatro do Concello de Ponteareas, coa dirección da peza O paraugas transparente, de creación colectiva.
Crítico e estudoso do feito teatral en medios como Vieiros, Faro de Vigo, Protexta ou Praza Pública, actualmente forma parte do consello de redacción da erregueté.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.