Remove ads
título nobiliario español From Wikipedia, the free encyclopedia
Conde de Torrecedeira é un título nobiliario concedido pola raíña rexente María Cristina de Habsburgo-Lorena en Real Despacho de 3 de xaneiro de 1891[1] a Manuel Bárcena Franco, que foi alcalde de Vigo e fundador da Caja de Ahorros-Monte de Piedad de Vigo.
Condado de Torrecedeira | |
---|---|
Primeiro titular | Manuel Bárcena y Franco |
Concesión | Afonso XIII 3 de xaneiro de 1891 |
Actual titular | Felipe Bárcena y Varela de Limia |
O primeiro conde, casado con Dolores de Andrés-García López, tivo tres fillos, pasando o título de conde ao seu primoxénito, Manuel Bárcena Andrés, cónsul de Inglaterra en Vigo e primeiro presidente do Real Club Celta, que casou con Obdulia de Castro Montenegro.
Cando morreu, o título pasou o seu primoxénito Manuel Bárcena Castro, casado con Mercedes Iñíguez Galíndez, faleceu en 1962 sen descendencia.
Obtivo carta de sucesión o seu irmán, Felipe Bárcena Castro, casado con María del Pilar Varela de Limia y Pais. Ao pasamento pasou a ser o quinto conde o primeiro fillo, Felipe Bárcena Varela de Limia, naturalista nado en Madrid en 1946 e primeiro presidente da Asociación de Amigos de los Pazos.[2]
O escudo de armas é o dos Bárcena. En campo de goles, seis basantes de prata dispostos dous, dous e dous. Timbrado con coroa condal.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.