Roberto Fernández Alvarellos, nado o 25 de xaneiro de 1979 en Chantada, é un exfutbolista profesional galego. Formando na canteira do Real Club Celta de Vigo, actualmente traballa como adestrador de porteiros no Club Deportivo Lugo, último equipo onde xogou como profesional.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Infotaula de personaRoberto Fernández Alvarellos
Thumb
Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de xaneiro de 1979 Editar o valor en Wikidata (45 anos)
Chantada, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Altura181 cm Editar o valor en Wikidata
Peso76 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1998 Editar o valor en Wikidata - 2018 Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoGardameta Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1997-2002 Celta Fortuna 71(0)
2002-2008 Real Sporting de Gijón 197(0)
2008-2010 Club Atlético Osasuna 28(0)
2010-2015 Granada CF 131(0)
2015-2018 CD Lugo 23(0) Editar o valor en Wikidata
Pechar

Traxectoria

Nado en Chantada, Roberto Fernández formouse na canteira do Celta de Vigo, onde non chega debutar co primeiro equipo, pero sendo convocado como porteiro suplente nun bo número de partidos, incluíndo a Copa Intertoto na que foi inscrito como suplente de Pinto para as dúas primeiras eliminatorias, fronte o Pelister e o Aston Villa[1], sendo traspasado no ano 2002 ao Real Sporting de Gijón. No club asturiano permanece durante seis temporadas, onde foi titular indiscutíbel excepto no seu primeiro ano. Na temporada 2003-04, tras un encontro xogado o 15 de febreiro de 2004 fronte ao Algeciras Club de Fútbol, no que o Sporting venceu por 0-3, superou a marca de imbatibilidade do club ao manterse durante 727 minutos consecutivos sen recibir un gol;[2] dita marca, até entón, estaba en poder de Emilio Isierte, con 704 minutos en Primeira División. Finalmente, prolongou a súa serie até os 831 minutos. Dous anos máis tarde, na campaña 2005-06, recibiu o Trofeo Zamora ao porteiro menos goleado de Segunda División, concedendo só 31 goles en 38 partidos.

Na temporada 2007-08, tras xogar todos os partidos de liga excepto un, lograr o ascenso á máxima categoría co club asturiano despois de dez anos de ausencia. Despois de empezar ano no banco, debutando en Primeira División o 2 de novembro de 2008 ante Espanyol, conseguiría facerse co posto de titular ante Ricardo. Porén, na temporada 2009-10, non xoga case ningún partido en Liga, aparecendo en partidos de Copa do Rei e nos dous últimos partidos de competición. Esta situación fai que abandone o club e asine co Granada Club de Fútbol por tres temporadas. Na temporada 2010-11 contribúe á clasificación do equipo granadino para o encontro final da promoción de ascenso tras anotar un gol e deter un dos lanzamentos na quenda de penaltis contra o Celta de Vigo.

Un días despois o seu equipo consegue o ascenso á Primeira tras vencer ao Elche Club de Fútbol na final, sendo o segundo ascenso á primeira de Roberto. Xa en primeira acaba por converterse no porteiro titular do Granada e nun dos xogadores máis queridos polos seus seareiros. Tras finalizar o seu contrato, despois de ser un dos principais valedores da permanencia do club andaluz en Primeira, volta á súa terra a asinando co Club Deportivo Lugo por tres anos como xogador, pasando posteriormente a formar parte do corpo técnico do club lucense. No seu primeiro ano cos albivermellos, enferma de mononucleose xusto antes do comezo de campionato, o que o acaba por relegar á suplencia ante José Juan, quen xa fora compañeiro seu no Granada. Ao final de temporada xoga 5 partidos onde recibe 7 goles.

Clubs

Internacional

Roberto Fernández xogou catro partidos coa selección galega contra as seleccións do Uruguai, Ecuador, Camerún, sendo o capitán da Irmandiña no encontro ante Irán.

Palmarés

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.