futbolista arxentino From Wikipedia, the free encyclopedia
Alfredo Garasini, nado en 1897 en Buenos Aires e finado o 6 de xaneiro de 1950 foi un futbolista e adestrador arxentino que xogaba na demarcación de dianteiro.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 1897 Buenos Aires, Arxentina | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 6 de xaneiro de 1950 (52/53 anos) Santa Fe, Arxentina | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1916 - 1928 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Formado nas categorías inferiores de Boca Juniors, debutando co primeiro equipo o 1 de xuño de 1916. Militou no club un total de 12 tempadas como xogador e 4 como adestrador, case toda a súa carreira futbolística, exceptuando un ano que xogou no Deportivo Norte a causa de problemas coa directiva de Boca e o 29 de xuño de 1920 que xogou para River Plate na Copa Competencia fronte a Atlanta.
Á parte das labores de xogador e adestrador a súa vinculación con Boca foi máis aló, xa que, amais de xogar en tódalas posicións do campo (incluíndo a de gardameta suplindo a Tesorieri), tamén foi masaxista e xuíz de liña, na época en que tódolos clubs achegaban un á competición.
Formou parte da famosa xira que o equipo xeneize realizou por Europa en 1925.
Debutou coa Selección de fútbol da Arxentina o 25 de outubro de 1924 ante Chile. Tamén xogaría un segundo encontro o 13 de decembro de 1925 ante o Brasil, ante quen anotou un gol.
Unha vez retirado do fútbol en activo foi adestrador de Boca Juniors entre 1943 e 1945, obtendo dous campionatos arxentinos, en 1943 e 1944.
Faleceu formando parte do corpo técnico do club na cidade de Santa Fe, a onde se trasladou xunto ao equipo para xogar un amigábel ante Colón de Santa Fé.
Título | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Asociación Argentina de Football | Boca Juniors | Arxentina | 1919 |
Copa Ibarguren | Boca Juniors | Arxentina | 1919 |
Cup Tie Competition | Boca Juniors | Arxentina | 1919 |
Copa Competencia | Boca Juniors | Arxentina | 1919 |
Asociación Argentina de Football | Boca Juniors | Arxentina | 1920 |
Asociación Argentina de Football | Boca Juniors | Arxentina | 1923 |
Asociación Argentina de Football | Boca Juniors | Arxentina | 1924 |
Copa Competencia | Boca Juniors | Arxentina | 1925 |
Asociación Argentina de Football | Boca Juniors | Arxentina | 1926 |
Copa Estímulo | Boca Juniors | Arxentina | 1926 |
Título | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Asociación Argentina de Football | Boca Juniors | Arxentina | 1943 |
Asociación Argentina de Football | Boca Juniors | Arxentina | 1944 |
Distinción | Ano |
---|---|
Máximo goleador da Asociación Argentina de Football | 1919 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.