Santa Fe, Arxentina
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Santa Fe de la Vera Cruz é a capital da Provincia de Santa Fe e a novena cidade máis poboada da Arxentina. Está situada na rexión centro-leste do país, a beiras da lagoa Setúbal, do río Santa Fe e do río Salado.
Remove ads
Esta rexión recibe unha marcada influencia climática do río Paraná. No verán predomina unha masa de aire tropical cálida e húmida con ventos persistentes desde o norte con altas temperaturas, mentres que no inverno unha masa de aire polar que produce arrefriamento e xeadas afecta a rexión. A temperatura media anual oscila entre os 17 °C e os 21 °C.[1]
Administrativamente está organizada en 8 distritos que a descentralizan en 100 barrios.[2] Segundo o censo de 2010 Santa Fe ten unha poboación de 415.345 habitantes, e a súa área metropolitana ascende a 526.073 habitantes.[3] Xunto ao Gran Paraná conforma unha área urbana de máis de 850.000 habitantes, unidas por un túnel que atravesa o río Paraná.
Por parte da educación, Santa Fe é un polo educativo na Arxentina. Unha das súas universidades máis recoñecidas é a Universidade Nacional do Litoral.
Santa Fe foi fundada por Juan de Garay o 15 de novembro de 1573 na área da actual Cayastá, mais ao non encontrarse nun bo lugar polos constantes ataques dos indíxenas, as pragas de lagostas e as inundacións, foi trasladada á súa localización actual o 21 de abril de 1649.[4]
En Santa Fe ocorreron feitos de relevancia histórica, como a sinatura da Constitución Arxentina e todas as súas reformas.
A Ponte colgante de Santa Fe é un importante símbolo da cidade.
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads