Canelones
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Canelones é unha cidade uruguaia, capital do departamento homónimo. Áchase dentro da Zona metropolitana de Montevideo e contaba cuns 24.300 habitantes no 2010. Ademais de ser a capital, é unha das cidades máis importantes do departamento, na zona sur da República Oriental do Uruguai, atopándose a 40 km de Montevideo e sendo unha cidade dormitorio desta. O seu xentilicio é canario/a e o seu actual intendente é Estanislao Chiazzaro.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Uruguai | |||
Departamento (pt) | Departamento de Canelones | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 19.865 (2011) (1.418,93 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 14 km² | |||
Altitude | 29 m-18 m | |||
Creación | 1782 | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 90000 | |||
Fuso horario | ||||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
O seu nome orixinal era Villa Guadalupe, creada o 24 de abril de 1783 por orde do vicerrei Juan José de Vértiz, aínda que a historia recoñece ao presbítero Juan Miguel de la Laguna como o seu fundador. Este é quen ten a iniciativa de construír a igrexa parroquial.
A Vila da Nosa Señora de Guadalupe chegou a ser capital da Provincia Oriental en 1813, por decisión de Artigas, ao ser este elixido presidente provisional dos orientais (dos uruguaios). O 27 de xaneiro de 1816 créase o departamento de Canelones, un dos primeiros seis no que se dividía a Provincia Oriental e cuxa primeira xurisdición se estendía desde o Río Santa Lucía até Montevideo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.