Mihailo Ristić

futbolista serbio From Wikipedia, the free encyclopedia

Mihailo Ristić

Mihailo Ristić, nado en Bijeljina o 31 de outubro de 1995, é un futbolista serbio que xoga de centrocampista no R. C. Celta de Vigo da Primeira División de España.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Mihailo Ristić
Thumb
Biografía
Nacemento31 de outubro de 1995 (29 anos)
Bijeljina, Bosnia e Hercegovina
Altura183 cm
Actividade
Ocupaciónfutbolista
Nacionalidade deportivaSerbia
Deportefútbol
Posición de xogoCentrocampista
Número deportivo24
Traxectoria
  Equipo
2014–2017 Fudbalski Klub Crvena Zvezda 78(8)
2017– FK Krasnodar
  Selección nacional
2013–2014   Serbia sub-19 8(0)
2015–2017   Serbia sub-21 8(1)
2016–   Serbia

Pechar

Traxectoria

Comezou a súa carreira deportiva no Estrela Vermella de Belgrado​ en 2013, equipo que abandonou en 2017 para fichar polo FC Krasnodar da liga Premier de Rusia. Durante a súa etapa no Krasnodar estivo cedido no A. C. Sparta Praga. En 2019 fichou polo Montpellier H. S. C. da Ligue 1.

O 26 de maio de 2022 oficializouse a súa fichaxe polo S. L. Benfica para as seguintes catro tempadas unha vez finalizase o seu contrato co equipo francés no mes de xuño. Ao comezo da segunda metade do ano marchou ao R. C. Celta de Vigo, co que asinou ata 2026 por uns 3 millóns de euros, se ben 1,5 millóns non se aboaron ao non se cumpriren os obxectivos de partidos xogados.[1]

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.