Estadio de Atotxa
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Estadio de Atotxa era un estadio de fútbol da cidade de Donostia, no País Vasco. Foi o campo da Real Sociedad durante oitenta anos, o segundo da súa historia logo do de Ondarreta. Chegou a ter capacidade para 27.000 persoas.
Estadio de Atotxa | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 43°19′10″N 1°58′31″O |
Localización | Donostia, Guipúscoa |
Construción | |
Inauguración | 4 de outubro de 1913 |
Demolición | 28 de maio de 1999 |
Estadio | |
Superficie | Herba |
Dimensións | 105x68 |
Capacidade | 26.700 |
Propietario | Concello de Donostia |
Localía | Real Sociedad de Fútbol |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi inaugurado no ano 1913 nun encontro contra o Athletic de Bilbao que rematou con empate a tres. Deixou de utilizarse en 1993 para ser demolido en 1999 para edificar vivendas de protección oficial. Como despedida celebrouse un amigábel entre a Real Sociedad e a Selección de fútbol de Euskadi.
Nel a Real Sociedad proclamouse campión das ligas de 1981 e 1982. A partir da tempada 1993/94 o equipo pasou a xogar no estadio de Anoeta.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.