David Rodríguez Sánchez

futbolista español From Wikipedia, the free encyclopedia

David Rodríguez Sánchez, nado en Talavera de la Reina (Toledo) o 14 de febreiro de 1986, é un futbolista español. Xoga como dianteiro centro no Racing de Ferrol da Segunda división RFEF.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
David Rodríguez Sánchez
Biografía
Nacemento14 de febreiro de 1986 (39 anos)
Talavera de la Reina, España
Altura188 cm
Peso72 kg
Actividade
Ocupaciónfutbolista
Período de actividade2004 -
Deportefútbol
Posición de xogoDianteiro
Traxectoria
  Equipo
  Atlético de Madrid
2004–2007   Atlético de Madrid B 68(20)
2005–2005 cesión:    CF Ciudad de Murcia 2(0)
2006–2006 cesión:    UD Las Palmas 21(1)
2007–2008 UD Salamanca 38(14)
2008–2009 cesión:    Celta de Vigo 36(8)
2008–2010   UD Almería 9(1)
2010–2014   Celta de Vigo 71(26)
2012–2013 cesión:    Sporting de Gijón 37(13)
2014–2014 Brighton & Hove Albion F.C. 10(1)
2014–2017   AD Alcorcón
2017–   CA Osasuna
  Selección nacional
2001–2002   España sub-16 6(11)
2002–2003   España sub-17 21(13)
2003–2003   España sub-18 3(2)
2004–2005   España sub-19 6(2)

Pechar

Traxectoria

Formouse nas filas do Atlético de Madrid, onde permaneceu ata 2005, ano no que é cedido ao Ciudad de Murcia aínda que, ante a falta de minutos no club murciano, no mercado de inverno ficha pola UD Las Palmas. Para a tempada 2006/07 volve ao filial do Atlético de Madrid, onde acaba como máximo goleador.

Ao finalizar a tempada é fichado polo UD Salamanca, onde realiza unha gran tempada que lle vale un traspaso por 400.000€ ao UD Almería de primeira división, pero antes de debutar nela, é cedido ao Celta de Vigo de segunda división. Tras a campaña no club celeste é repescado polo Almería para formar parte do seu primeiro persoal.

Tras non contar demasiado para os técnicos da UD Almería, o 17 de xullo de 2010 confírmase o seu traspaso ao Real Club Celta de Vigo da Segunda División de España, cun contrato no equipo celeste de catro tempadas.[1]

Selección nacional

Era un habitual das categorías inferiores da selección española, e ata finalizou máximo goleador da Eurocopa sub-17 de 2003 con 6 goles, tras un gran partido nas semifinais fronte á selección austríaca onde anotou 4.[2]

Clubs

Máis información Club, País ...
Pechar

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.