Selección de fútbol de Austria
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Remove ads
A Selección de fútbol de Austria (en alemán: Österreichische Fußballnationalmannschaft), dependente da Österreichischer Fußball-Bund, é unha das seleccións de fútbol máis antigas do mundo. Nunca conseguiu ningún título de relevancia, sendo o mellor resultado nunha Copa de Mundo o terceiro posto en 1954 e o cuarto en 1934. Tampouco logrou nunca clasificarse para unha fase final da Eurocopa, participando por primeira vez en 2008 como coorganizador.
Remove ads
Estadio
A nacional autríaca xoga os seus partidos locais no Estadio Ernst Happel (até 1992 coñecido como Praterstadion), situado no Prater de Viena. O estadio ten capacidade para 49.825 espectadores e é a maior instalación deportiva de Austria. É un dos estadios máis modernos de Europa e posúe a categoría de cinco estrelas da UEFA, sendo o único deste nivel que non supera os 50.000 espectadores.
Cores e símbolos
Austria, como a veciña Alemaña, sempre empregou a camisola branca con pantalóns negros, coa diferenza de beiras vermellas. Na versión de visitante xogaba con camisola vermella. Esta tradición cambiou nos últimos anos, pasando a empregar como local a camisola vermella e como visitante a negra.
Palmarés
Copa do Mundo
Eurocopa
Remove ads
Récords

Participacións
- 103 Andreas Herzog
- 95 Anton Polster
- 93 Gerhard Hanappi
- 86 Karl Koller
- 84 Friedl Koncilia
- 84 Bruno Pezzey
- 83 Herbert Prohaska
Goles
- 44 Anton Polster
- 34 Hans Krankl
- 28 Erich Hof
- 28 Hans Horvath
- 28 Anton Schall
- 27 Matthias Sindelar
- 26 Andreas Herzog
- 24 Karl Zischek
- 23 Walter Schachner
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads