competición galega de baloncesto From Wikipedia, the free encyclopedia
A Copa Galicia de Baloncesto nace en 1986 coa primeira edición da competición sénior masculina. Na súa xestación participaron os equipos galegos que daquela formaban parte da chamada Primeira División Nacional de Baloncesto: eran o OAR Ferrol, o Club Ourense Baloncesto, o Obradoiro compostelán e mais o Breogán de Lugo. Francisco García Sánchez era entón o presidente da FGB.
Tipo | competición deportiva |
---|---|
Deporte | baloncesto |
Organizador | Federación Galega de Baloncesto |
Localización e Datas | |
País | España |
Vixencia | 1986 – |
Outro | |
Páxina web oficial | fegaba.com… |
En 1987 disputouse a primeira edición en categoría feminina, que gañou o Círculo Mercantil, aínda que a competición feminina non se estabilizou ata mediados da década de 1990. O equipo feminino máis laureado da Copa Galicia é o Celta de Vigo con 12 títulos
O primeiro vencedor foi o Club Baloncesto Breogán, que na actualidade é o club máis laureado da competición ao quedar campión en trece ocasións. Dende aquel ano, o torneo sénior masculino celebrouse ano tras ano, agás no ano 2020 no que non se celebrou a final por mor da pandemia de COVID-19. En 1989 naceu o torneo feminino, se ben a súa celebración non se estabilizou ata mediados dos anos noventa.
Co correr do tempo, a Copa Galicia foi medrando e abranguendo cada vez máis categorías, ata se converter no torneo galego non ligueiro de referencia que é hoxe. Ao se celebraren as eliminatorias en distintas vilas e cidades a Copa é, ademais, un dos grandes puntos de unión entre clubs, xogadores e seareiros de todos os recantos da nosa xeografía.
Os seguintes equipos vencedores da Copa Galicia Sénior ao longo dos seus máis de vinte anos de historia (categoría masculina e feminina):
|
Equipo | Cidade | Campión | Subcampión | Anos campión |
---|---|---|---|---|
Breogán | Lugo | 15 | 9 | 1986, 1987, 1998, 2000, 2002, 2003, 2004, 2005, 2007, 2008, 2009, 2018, 2021, 2022, 2024 |
Obradoiro | Compostela | 10 | 5 | 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2015, 2016, 2017, 2019, 2023 |
COB | Ourense | 7 | 12 | 1992, 1994, 1995, 1997, 1999, 2001, 2006 |
OAR Ferrol | Ferrol | 5 | 2 | 1988, 1989, 1990, 1991, 1993 |
Básquet Coruña | A Coruña | 1 | 2 | 1996 |
Basket Base | Vilagarcía | 0 | 2 | |
Rosalía | Compostela | 0 | 2 | |
Basketmar | A Coruña | 0 | 1 | |
CBC Pontevedra | Pontevedra | 0 | 1 |
|
|
Equipo | Cidade | Campión | Anos campión |
---|---|---|---|
Real Club Celta | Vigo | 12 | 1996, 1997, 1998, 1999, 2001, 2002, 2003, 2005, 2007, 2008, 2009, 2011 |
Uni Ferrol | Ferrol | 5 | 2015, 2016, 2017, 2021, 2022 |
Ensino | Lugo | 4 | 2006, 2018, 2019, 2023 |
Cortegada | Vilagarcía | 3 | 2004, 2010, 2012 |
Cluny | Compostela | 2 | 1988, 1990 |
Narón | Narón | 2 | 2013, 2014 |
Pabellón Círculo Mercantil | Ourense | 1 | 1989 |
Círculo Mercantil | 1 | 1989 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.