Hermidita

futbolista español From Wikipedia, the free encyclopedia

Manuel Hermida Losada, máis coñecido como Hermidita, nado en Gondomar o 27 de novembro de 1924 e finado en Vigo o 17 de setembro de 2005, foi un futbolista galego das décadas de 1940 e 1950, que xogaba de dianteiro. O seu alcume naceu para distinguilo dos seus tíos e tamén xogadores do Celta, Pepe Hermida e Ángel Hermida.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Hermidita
Biografía
Nacemento(es) Manuel Hermida Losada
27 de novembro de 1924
Gondomar, España
Morte17 de setembro de 2005 (80 anos)
Vigo, España
Outros nomesHermidita
Actividade
Ocupaciónfutbolista
Período de actividade1944 - 1958
Deportefútbol
Posición de xogoDianteiro
Traxectoria
  Equipo
1944–1956   Celta de Vigo 170(110)
1956–1958   Córdoba CF
Pechar

Traxectoria

Comezou a xogar no Peñasco e no Berbés, onde adestrou ás ordes de Gustavo López Corona. Con 19 anos, debutou no Real Club Celta, onde xogou durante 12 anos, disputando un total de 189 partidos nos que marcou 113 goles, feito que o converte no máximo goleador do Celta en toda a súa historia. Anotou 107 goles na primeira división española, sendo un dos máximos goleadores históricos desta categoría. Amais, marcou tres goles en segunda división e outros tantos en partidos de Promoción.

En 1956 fichou polo Córdoba CF, onde xogou unha tempada.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.