Claude Makélélé

futbolista francés From Wikipedia, the free encyclopedia

Claude Makélélé

Claude Makélelé Sinda, nado o 18 de febreiro de 1973 en Kinshasa, é un exfutbolista congolés, nacionalizado francés. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección francesa.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Claude Makélélé
Thumb
(2024)
Biografía
Nacemento(fr) Claude Makélélé Sinda
18 de febreiro de 1973 (52 anos)
Kinshasa, República Democrática do Congo
Altura174 cm
Peso65 kg
Actividade
Ocupaciónfutbolista (–2011), adestrador de fútbol
Nacionalidade deportivaFrancia
Deportefútbol
LigaPremier League
Posición de xogoCentrocampista defensivo
Traxectoria
  Equipo
1990–1991 Stade Brestois 29 12(3)
1991–1997 FC Nantes 169(9)
1997–1998 Olympique de Marsella 32(2)
1998–2000   Celta de Vigo 70(3)
2000–2003   Real Madrid CF 94(0)
2003–2008   Chelsea F.C. 144(2)
2008–2011   Paris Saint-Germain 98(1)
  Selección nacional
1995–1996   Francia sub-21 11(1)
1995–2008   Francia 71(0)
  Adestrador
2014–2014 Sporting Club de Bastia
2017–2019 KAS Eupen
2024–2024 Asteras Tripolis F.C.
Participou en
1996Xogos Olímpicos de 1996

Pechar

Traxectoria

Naceu na República Democrática do Congo e transferiuse coa súa familia aos suburbios de París en 1977 á idade de 4 anos. O seu pai xogou na selección nacional do seu país e no campionato de fútbol belga.

Á idade de 16 anos trasladouse a Brest a unha escola de fútbol, de onde foi recrutado en 1992 polo Nantes, permanecendo alí ata 1997. Co equipo francés conquistou o título nacional en 1995, empezou a xogar na selección nacional e en 1997 pasou ó Olympique de Marsella (1997–98) onde quedou só unha tempada.

Logo foi transferido ó club galego Celta de Vigo, onde estivo dúas tempadas, fichando en 2000 polo Real Madrid, co que gañou dúas veces a Liga, unha Copa de Europa, unha Supercopa Española, unha Supercopa Europea e unha Copa Intercontinental.

En 2003 pasou ao Chelsea FC dirixido polo técnico Claudio Ranieri por unha cifra próxima ós 17 millóns de libras esterlinas. Co club inglés gañou a Premier League e a League Cup no 2005, repetindo o logro no campionato 2006.

Desde principios do 2004 ten unha relación coa modelo francesa Noémie Lenoir coa que tivo un fillo en febreiro de 2005 chamado Kelyan.

En agosto de 2007 Makélélé renovou o seu contrato co Chelsea. O novo contrato uniu ao centrocampista francés co club londiniense ata finais de xuño de 2009.

Selección nacional

Coa Selección de fútbol de Francia xogou máis de 50 partidos, formando parte dela nos Xogos Olímpicos de Atlanta 1996 e nos mundiais de fútbol Corea-Xapón 2002 e Alemaña '06.

Participacións en Copas do Mundo

Máis información Mundial, Sede ...
Mundial Sede Resultado
Copa Mundial de Fútbol de 2002 Corea do Sur e o Xapón Primeira fase
Copa Mundial de Fútbol de 2006 Alemaña Subcampión
Pechar

Palmarés

Campionatos nacionais

Copas internacionais

(*) Incluíndo a Selección

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.