equipo profesional de fútbol de Inglaterra From Wikipedia, the free encyclopedia
O Chelsea Football Club é un equipo profesional de fútbol de Inglaterra, con sede na zona oeste de Londres. Fundado en 1905, xoga na Premier League e ten pasado a meirande parte da súa historia na elite do fútbol inglés. O Chelsea posúe catro títulos da liga inglesa, ademais de sete FA Cups, catro League Cups, catro Community Shields, dúas Ligas de Campións, unha Europa League, dúas Recopas de Europa e unha Supercopa de Europa.[1]
Chelsea | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Chelsea Football Club | |||
Alcume(s) | The Pensioners; The Blues | |||
Fundación | 14 de marzo de 1905 (119 anos) | |||
Estadio | Stamford Bridge, Londres, Inglaterra | |||
Inauguración | 1910 | |||
Capacidade | 41.841 | |||
Propietario | Roman Abramovich | |||
Presidente | Bruce Buck | |||
Adestrador | Thomas Tuchel | |||
Liga | Premier League | |||
2020–21 | 4º | |||
Vestimenta | Adidas | |||
Patrocinador | Samsung | |||
Na rede | ||||
http://www.chelseafc.com/ | ||||
| ||||
O primeiro grande éxito do club foi na tempada 1954-55, cando gañaron o seu primeiro campionato de liga, gañando outras varias competicións entre os anos 1960 e 1970, mais dende aquela non volveron gañar ningún título até 1997. Con todo, a última década converteuse no período máis frutuoso da historia do Chelsea, gañando catro títulos da Premier League, dous deles consecutivos nas tempadas 2004-05 e 2005-06, e chegando ás súas dúas primeiras finais da Liga de Campións, caendo na final da edición 2007-08 fronte ó Manchester United, e vencendo na edición 2011-12 fronte ó Bayern Múnic.
Stamford Bridge, situado no barrio londiniense de Fulham, ten capacidade para 41.841 espectadores e é o estadio do Chelsea dende a súa fundación. A sede social do club atópase nas aforas da freguesía de Kensington e Chelsea, no distrito de Hammersmith e Fulham. No ano 2003, o club foi mercado polo magnate do petróleo ruso Roman Abramovich.[2]
As cores tradicionais do uniforme do Chelsea son o azul da súa camiseta e dos seus pantalóns e o branco das medias. O escudo do club trocou varias veces ao longo da súa historia, tentando modernizar ou cambiar a marca. O actual emblema consta dun león cerimonial cun bastón, sendo unha versión modificada do escudo que se adoptou por primeira vez na década de 1950. O club ten a quinta media de espectadores por partido máis elevada da historia do fútbol inglés.[3] A media durante a tempada 2008-09 foi de 41.464 espectadores (o 99% da capacidade do estadio), a quinta máis alta da Premier League.
O Chelsea Football Club foi fundado o 14 de marzo de 1905 no pub The Rising Sun, actualmente The Butcher's Hook polo empresario Gus Mears, xunto co seu irmán Joseph Mears e, pouco despois da súa fundación, foi elixido para participar na Football League. Os primeiros anos do club viron pouco éxito, xa que o máis preto que estivo de gañar un campionato importante nese entón foi cando chegou á final da FA Cup en 1915, onde o Chelsea foi derrotado 3-0 polo Sheffield Wednesday. Con todo, Chelsea gañou unha gran reputación pola sinatura de xogadores de renome[4] e por mostrar espectáculo durante os partidos, aínda que causou moi pouco impacto durante os anos de guerra.
O ex-dianteiro do Arsenal F.C. e da selección inglesa, Ted Drake, converteuse en adestrador do Chelsea en 1952 e procedeu a modernizar ao club. Eliminouse o escudo do Pensionista de Chelsea e mellorouse a canteira do club e a forma de adestrar do equipo, levando ao Chelsea ao seu primeiro campionato de liga na tempada 1954-55. A tempada seguinte, a UEFA creara a primeira Copa de Campións de Europa, pero despois de obxeccións por parte da Football League e da FA, o Chelsea viuse obrigado a retirarse do torneo antes de que este comezase.[5]
A década de 1960 viu o xurdir de talentosos mozos baixo o mandato de Tommy Docherty, que loitaron por consagrarse nalgún torneo durante toda a década, mais soportando moitos fracasos. O equipo estaba en camiño a conseguir un triplete na tempada 1964-65 coa First Division, FA Cup e Football League Cup, mais finalmente só gañou esta última, non chegando a consagrarse coma campión nas outras dúas competicións. Nas tres tempadas seguintes os "Blues" foron eliminados nas semifinais de varias competicións importantes, logrando soamente un subcampionato da FA Cup. Non foi senón até 1970 cando o Chelsea logrou a Copa de Inglaterra por primeira vez na súa historia, superando ao Leeds United por 2-1 no desquite da final. Un ano despois, o Chelsea logrou consagrarse na súa primeira competición europea, cando gañou a Recopa de Europa noutra final de desquite, ao derrotar ao Real Madrid por 2-1 en Atenas.
A finais dos anos 70 e durante a década de 1980 comezou un período turbulento para o Chelsea. Unha ambiciosa modernización de Stamford Bridge puxo en perigo a estabilidade financeira do club e os xogadores estrelas foron vendidos, sendo relegado o equipo á Second Division. Outros problemas foron causados polo xurdir dos grupos de hooligans, os cales foron a praga do fútbol inglés durante toda a década. En 1982, no medio dunha forte crise financeira, Ken Bates comprou ao Chelsea pola incrible suma de £1, aínda que despois a plena propiedade do Stamford Bridge foi vendida a promotores inmobiliarios, o que significaba que o club podía perder o seu estadio. No campo de xogo as cousas melloraron un pouco, pero a irregularidade aínda estaba presente. Estiveron preto de descender á Third Division na tempada 1982-83, pero coa chegada de John Neal púidose armar un bo equipo cun desembolso mínimo, co que o Chelsea gañou o título da Second Division en 1983-84, logrando logo establecerse na First Division, antes de descender novamente en 1988. Con todo, o club logrou ascender un ano despois con outro título da Second Division para non volver descender outra vez.
Despois dunha longa batalla legal, Bates logrou reunir a plena propiedade do estadio co club en 1992 logo de chegar a un acordo cos seus acredores despois de que os promotores inmobiliarios se foran á quebra por unha caída do mercado. A nova forma de xogar do Chelsea na Premier League era pouco convincente a pesar de que chegou á final da FA Cup en 1994. Non foi senón até o arrivo en 1996 de Ruud Gullit como xogador-adestrador cando a sorte do club cambiou. Gullit engadiu varios xogadores de clase mundial ao equipo, dándolle a súa segunda FA Cup en 1997 e levándoo novamente a ser un dos mellores equipos en Inglaterra. Logo, Gullit foi substituído por Gianluca Vialli, quen levou ao equipo a conseguir a Football League Cup, a Recopa de Europa e a Supercopa de Europa en 1998; a FA Cup no 2000 e a clasificación á súa primeira Liga de Campións da UEFA o mesmo ano. Vialli logo foi substituído por outro italiano, Claudio Ranieri, quen levou ao Chelsea á final da FA Cup no 2002 e á clasificación da Liga de Campións un ano despois.
En xuño de 2003, Bates vende o club ao millonario ruso Roman Abramóvich por £60 millóns, completando o que nese entón foi considerada a venda máis cara dun club na historia do fútbol inglés. Máis de 100 millóns de libras destináronse na contratación de novos xogadores, pero aínda así Ranieri non puido conseguir ningún trofeo, polo que foi substituído polo adestrador portugués José Mourinho. Baixo o mando de Mourinho, o Chelsea converteuse no quinto equipo inglés en gañar un bicampeonato de liga dende a segunda guerra mundial, 2004-05 e 2005-06,[6] ademais de gañar a FA Cup no 2007 e dous títulos de Football League Cup no 2005 e 2007. En setembro de 2007 Mourinho foi substituído polo israelí Avram Grant,[7] quen levou ao equipo á súa primeira final de Liga de Campións no 2008, onde foi derrotado en penaltis polo Manchester United. Grant foi despedido días despois[8] e substituído polo brasileiro Luiz Felipe Scolari en xullo de 2008.
Scolari soamente durou sete meses no cargo antes de ser despedido polos malos resultados.[9] O adestrador da Selección de fútbol de Rusia, Guus Hiddink, foi nomeado adestrador interino até o fin da tempada 2008-09.[10] Esta tempada finalizou coa obtención da FA Cup despois dunha vitoria 2-1 sobre o Everton FC o 30 de maio de 2009. Dous días despois, o adestrador italiano Carlo Ancelotti foi contratado como novo adestrador do equipo.
Dende a fundación do club o Chelsea tivo catro escudos, todos eles con pequenas modificacións. No ano 1905, Chelsea adoptou como primeiro escudo a imaxe dun Pensionista de Chelsea, que obviamente contribuíu ao alcume do equipo por eses anos, The Pensioners, mantido preto de cincuenta anos. Con todo, este escudo nunca apareceu nos deseños das camisetas. Como parte do plan de modernización do club, levado a cabo por Ted Drake dende o ano 1953 en diante, decidiuse trocar o escudo do pensionista para lavar a imaxe do club e poder adoptar un novo escudo.[11] Decidiuse crear un emblema temporal que foi utilizado só durante un ano, e que consistiu soamente nas iniciais C.F.C. No ano 1953, o emblema foi cambiado a un león mirando cara a atrás e sostendo un bastón, emblema que se mantivo polo seguintes trinta anos.
Este escudo estaba baseado nos elementos do escudo de armas do Distrito Metropolitano de Chelsea;[12] o león rampante mirando cara a atrás tomado das armas do entón presidente do club, o Vizconde de Chelsea e o bastón das armas dos Abades de Westminster, antigos Señores de Chelsea. Tamén se vían representadas tres rosas vermellas, aludindo a Inglaterra, e dous balóns de fútbol. Este foi o primeiro escudo en aparecer na indumentaria oficial dende que a política de pór os emblemas nas camisetas foi adoptada ao comezo dos anos 1960.[11]
En 1986, co club baixo novos propietarios, decidiuse cambiar novamente o escudo, como outro plan para modernizar ao equipo e obter novas oportunidades de mercado.[11] No novo emblema figuraba un león máis natural e menos heráldico, amarelo e non azul, apoiado sobre as iniciais C.F.C. Mantívose por dezanove anos con algunhas pequenas modificacións, como o uso de cores diferentes. Con novos propietarios, e o achegamento das celebracións do centenario do club, combinado con demandas por parte dos seareiros, quen desexaban restaurar o emblema tradicional, decidiuse que o escudo ía trocar novamente no ano 2004. O novo escudo foi oficialmente adoptado para o comezo da tempada 2005-06 e marcou o regreso do vello deseño do león sostendo un bastón. Como nos anteriores emblemas, este apareceu en diferentes cores, incluídos o branco e o dourado.
O Chelsea sempre usou camisetas de cor azul, a pesar de que no primeiro uniforme do club o azul utilizado era máis pálido que o de hoxe, ademais de pantalóns brancos e medias azul escuro. O azul pálido foi tomado das vestimentas do entón presidente do club, o Conde de Cadogan. A cor destas camisetas foi cambiada por unha nova versión que contiña o azul "royal" preto do ano 1912. Cando Tommy Docherty se converteu en adestrador do equipo ao comezo dos anos 1960 cambiouse novamente o uniforme, engadindo pantalóns azuis, que seguen a ser usados até o día de hoxe, e medias brancas, co argumento de que estas cores eran máis distintivas, xa que ningún outro equipo importante usaba esta combinación. Este uniforme foi utilizado por primeira vez na tempada 1964-65.
As cores tradicionais para o uniforme alternativo do club son o amarelo ou branco en todo o equipamento mais, como moitos equipos, tivo algúns moi inusitados. O primeiro uniforme alternativo consistía en franxas azuis e brancas, e nun partido dos anos 1960 o equipo usou un uniforme con franxas azuis e negras ao estilo do Inter de Milán, en contra das ordes do propio Docherty. Este uniforme utilizouse para a semifinal da FA Cup contra o Sheffield Wednesday, o 23 de abril de 1967. Outros uniformes memorables inclúen un uniforme verde usado nos anos 1980 e un axadrezado en branco e vermello a comezos dos anos 1990.[13]
O uniforme do Chelsea está actualmente fabricado por Adidas, que foi contratada para fornecer os uniformes ao equipo dende 2006 até 2011. O seu anterior uniforme estaba fabricado por Umbro. O primeiro uniforme do Chelsea patrocinado foi coa compañía Gulf Air durante a tempada 1983-84. Despois o club foi patrocinado por empresas como Grange Farms, Bai Lin e unha empresa italiana chamada Simod, antes de asinar un contrato a longo prazo co fabricante de Commodore International: Amiga, quen tamén apareceu nos uniformes. Posteriormente, o Chelsea foi patrocinado por varias empresas como Coors (1995-97), Autoglass (1997-01) e Emirates Airline (2001-05). Actualmente o Chelsea está patrocinado pola empresa coreana Samsung.[14]
Cronoloxía das marcas e patrocinadores da indumentaria do club.
|
|
O Chelsea tivo un só estadio en toda a súa historia, Stamford Bridge, que foi oficialmente inaugurado o 28 de abril de 1877. Durante os primeiros vinte e oito anos da súa existencia foi usado polo London Athletics Club como campo para as súas competicións atléticas e non para o fútbol. En 1904 o estadio foi adquirido por Gus Mears e o seu irmán, Joseph Mears, os cales previamente adquiriran un terreo lindeiro co ánimo de xogar partidos de fútbol nel.[15]
Stamford Bridge foi deseñado para a familia Mears polo destacado arquitecto do mundo do fútbol Archibald Leitch, arquitecto de estadios como o Ibrox Stadium, Celtic Park ou Hampden Park. A familia ofreceulle o estadio ao Fulham, pero a oferta foi rexeitada. Como consecuencia, os propietarios decidiron fundar o seu propio club para xogar no seu novo estadio. Moitos equipos foron fundados primeiro, e logo preocupáronse de ter un campo no cal xogar, pero o Chelsea foi fundado para o Stamford Bridge. Como xa existía o club Fulham, os fundadores decidiron adoptar o nome do adxacente Distrito de Chelsea para o novo club, rexeitando nomes como Kensington FC, Stamford Bridge FC e London FC.
Cun deseño orixinal dun tazón aberto e cun sector cuberto, o Stamford Bridge tiña unha capacidade orixinal de ao redor de 100.000 espectadores.[15] A principio dos anos 1930 empezouse a construír unha bancada na parte sur do campo cun teito que cubría 1/5 da bancada total. Este sector foi coñecido como o "Shed End", o lugar dos afeccionados máis leais ao Chelsea, especialmente dende os anos 1960 aos anos 1980.[15]
A finais dos anos 1960 e a principios dos anos 1970, os propietarios do club embarcáronse nun plan para modernizar o Stamford Bridge, que buscaba conseguir unha capacidade de 50.000 persoas sentadas.[15] O traballo comezou na Bancada Leste (East Stand) a comezos dos anos 1970, pero ao club fóiselles das mans o custo que tería esta modernización e tiveron que vender a propiedade ás inmobiliarias. Despois dunha dura e longa batalla legal, asegurouse a permanencia do Chelsea no estadio e os traballos de remodelación foron reasumidos a mediados dos anos 1990. Párteas norte, oeste e sur do estadio foron completamente reconstruídas con asentos individuais e máis preto do campo de xogo. Este proceso foi completado no ano 2001.
O club planea capacitar ao estadio para albergar 55.000 persoas todas sentadas.[16] Debido á súa localización en Londres preto dun camiño principal e por estar preto de dúas liñas de tren, os fans só poden entrar a Stamford Bridge a través da entrada de Fulham Road, un lugar moi restrinxido en canto a regulacións de hixiene e seguridade refírese. Como resultado, ao club relacionóuselle con querer mudarse de Stamford Bridge a lugares como o Earls Court Exhibition Center, Battersea Power Station ou Chelsea Barracks.[17] Con todo, a organización Chelsea Pitch Owners, dona da plena propiedade do estadio, publicou que de ser así o club tería que renunciar ao seu actual nome Chelsea Football Club se se chegase a mudar de Stamford Bridge.
Chelsea ten a quinto mellor media de asistencia ao seu estadio no fútbol inglés e regularmente atrae preto de 40.000 fans a Stamford Bridge. Ademais, o equipo foi o quinto con mellor asistencia como local durante a tempada 2008-09, cunha media de 41.464 persoas. A base da afección do club vén das clases obreiras do oeste de Londres, como os sectores de Hammersmith e Battersea, de sectores máis podentes como Kensington e Chelsea, e dos condados próximos a Londres, e a pesar de ter un dos billetes máis caros na Premier League, o estadio sempre dá a impresión de estar cheo. Os fanáticos do Chelsea cantan temas dedicadas ao club como "Carefree", "Blue is the Colour", "We all follow the Chelsea", "Ten Men Went to Mow", "Zigga Zagga", "Hello! Hello!" e "Celery".[18] A canción rusa Kalinka volveuse moi popular entre os afeccionados do Chelsea desde que Roman Abramovich comprou ao club en 2003.[19]
O Chelsea non conta cun rival tradicional, como pode ser o Liverpool co Everton, ou o Arsenal co Tottenham. O equipo máis próximo xeograficamente é o Fulham, pero non é visto como o gran rival para o Chelsea xa que pasaron preto de 40 anos en distintas divisións. De acordo a unha enquisa realizada en 2004 por Planetfootball.com, os afeccionados do Chelsea consideraron que as súas maiores rivalidades eran (en orde): Arsenal, Tottenham Hotspur e Manchester United.[20] Adicionalmente, tamén hai unha forte rivalidade co Leeds United vén desde algúns partidos controvertidos nos anos 1960 e 1970, en especial a final da FA Cup do ano 1970. Unha máis recente rivalidade creceu co Liverpool, xa que coincidiron en moitos partidos en competicións de copa e europeas. Esta rivalidade é chamada polos afeccionados ingleses como o clásico entre "Blues" (Chelsea) e "Reds" (Liverpool). Nas competicións europeas, o maior rival do Chelsea é o Barcelona, co cal xogou encontros altamente controvertidos nas tempadas anteriores da UEFA Champions League.
En particular, durante os anos 1970 e 1980, os afeccionados do Chelsea foron amplamente asociados co hooliganismo. O grupo de afeccionados do club, orixinalmente chamados Chelsea Shed Boys, hoxe coñecidos como os Chelsea Headhunters, foron notorios a nivel nacional por actos violentos en contra de afeccionados doutros equipos, como os Inter City Firm do West Ham United ou os Bushwackers do Millwall, ambos os actos ocorridos antes e despois dos partidos.[21] O aumento do hooliganismo nos anos 1980 levou ao daquelas presidente Ken Bates a propor un cercado eléctrico para deter a quen puidese ingresar ao campo de xogo, pero esta iniciativa foi rexeitada polo Consello do Gran Londres.[22] Os afeccionados do Chelsea foron acusados de ter relación con grupos neonazis como Combat 18, e outras organizacións de extrema dereita ou racistas como o Partido Nacional Británico.[23] Dende os anos 1990, houbo unha baixa considerable dos problemas causados polos seareiros radicais como resultado dun estrito control policial, circuítos pechados de televisión, e a venda de tódolos asentos do estadio.[24]
En 1930, o Chelsea aparece nunha das primeiras películas sobre fútbol, "The Great Game".[25] O dianteiro centro do Chelsea, Jack Cock, que nese entón estaba a xogar para o Millwall, foi a estrela da película e varias escenas foron filmadas en Stamford Bridge, incluíndo o terreo de xogo, a sala de xuntas e os vestiarios. Incluíu ademais colaboracións de xogadores do Chelsea como Andrew Wilson, George Mills e Sam Millington. Debido á notoriedade dos Chelsea Headhunters, un grupo seareiros relacionados co club, o Chelsea tamén figurou en películas sobre o hooliganismo no fútbol, a máis recente na que apareceu foi en "The Football Factory", do 2004.[26] En 2005 o Chelsea tamén participa na película "Goal!", disputando un partido ficticio contra o Newcastle United no St James' Park. Nese partido ficticio o Chelsea é derrotado 1-0. O Chelsea contribuíu coa colaboración de tódolos xogadores. Na súa aparición máis recente nunha película, en 2007, aparece na película hindú "Jhoom Barabar Jhoom".[27]
Até a década de 1950, o club tiña unha longa asociación co "Music hall", xa que o seu baixo rendemento a miúdo proporcionaba material para comediantes como George Robey.[28] A canción "Blue is the Colour" foi realizada para a final da Football League Cup en 1972, con tódolos membros do primeiro equipo do Chelsea cantando, colocándoa no posto número 5 da "UK Singles Chart".[29] Preparándose para a final da FA Cup en 1997, a canción "Blue Day" foi realizada poloo cantante Suggs xunto con tódolos xogadores do Chelsea, alcanzando o posto número 22 no UK Singles Chart.[30] O cantante canadense Bryan Adams, seareiro do Chelsea, adicoulle ao club a canción titulada "We're Gonna Win", que pertence ao seu álbum musical "18 Til I Die".[31]
Cadro actualizado a 19 de agosto de 2021.[32]
|
|
Estatísticas a 4 de xullo de 2019 e de acordo ás estatísticas oficiais.[33] Os xogadores en letra grosa seguen a xogar actualmente no Chelsea.
# | Nome | Período | Aparicións |
---|---|---|---|
1 | Ron Harris | 1961–1980 | 795 |
2 | Peter Bonetti | 1959–1979 | 729 |
3 | John Terry | 1998–2017 | 717 |
4 | Frank Lampard | 2001–2014 | 648 |
5 | John Hollins | 1963–1975 / 1983–1984 | 592 |
6 | Petr Čech | 2004–2015 | 494 |
6 | Dennis Wise | 1990–2001 | 445 |
7 | Steve Clarke | 1987–1998 | 421 |
8 | Kerry Dixon | 1983–1992 | 420 |
9 | Eddie McCreadie | 1962–1974 | 410 |
# | Nome | Período | Goles | Aparicións | Goles por partido |
---|---|---|---|---|---|
1 | Frank Lampard | 2001–2014 | 211 | 648 | 0.326 |
2 | Bobby Tambling | 1959–1970 | 202 | 370 | 0.546 |
3 | Kerry Dixon | 1983–1992 | 193 | 420 | 0.46 |
4 | Didier Drogba | 2004–2012 / 2014–2015 | 164 | 369 | 0.444 |
5 | Peter Osgood | 1964–1974 / 1978–1979 | 150 | 380 | 0.395 |
5= | Roy Bentley | 1948–1956 | 150 | 367 | 0.409 |
7 | Jimmy Greaves | 1957–1961 | 132 | 169 | 0.781 |
8 | George Mills | 1929–1943 | 123 | 239 | 0.515 |
9 | George Hilsdon | 1906–1912 | 107 | 164 | 0.652 |
10 | Barry Bridges | 1958–1966 | 93 | 205 | 0.454 |
O Chelsea é o segundo equipo que gañou máis veces a Premier League dende a súa fundación en 1992 con tres títulos, igualado co Arsenal, e tan só por detrás do Manchester United con doce.
As competicións de curta duración como a Charity/Community Shield, Copa Intercontinental, Copa Mundial de Clubs da FIFA ou Supercopa de Europa non se adoitan considerar como trofeos que contribúan a un dobrete.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.