O Football Club Internazionale Milano (coñecido en galego como o «Inter de Milán» aínda que a súa tradución literal é « Internacional de Milan ») é un club de fútbol italiano, da cidade de Milán na rexión da Lombardía. Tradicionalmente foi considerado como o equipo da clase alta de Milán.
Inter de Milán | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Football Club Internazionale Milano S.p.A. | |||
Alcume(s) | Nerazzurri Inter Il Biscione Beneamata | |||
Fundación | 9 de marzo de 1908 (116 anos) | |||
Estadio | Giuseppe Meazza, Milán, Italia | |||
Inauguración | 19 de setembro de 1926 | |||
Capacidade | 80.074 | |||
Propietario | Oaktree Capital Management (68.55%) LionRock Capital (31.05%) Pirelli (0.37%) Outros (0.03%) | |||
Presidente | Oaktree Capital Management | |||
Adestrador | Antonio Conte | |||
Liga | Serie A | |||
2020–21 | 1º | |||
Vestimenta | Nike | |||
Patrocinador | Pirelli | |||
Na rede | ||||
http://www.inter.it/ | ||||
| ||||
Foi fundado en 1908 por disidentes do Milan & Cricket, actual AC Milan. É o único equipo italiano que sempre militou na Serie A de Italia. O seu rival tradicional é o AC Milan. Disputa os seus encontros como local no Estadio Giuseppe Meazza, que comparte co outro gran club de Milán: o AC Milan.
Segundo unha enquisa elaborada polo instituto estatístico Doxa, publicada polo diario italiano L'Espresso[1] no mes de abril de 2006, do total de afeccionados ao fútbol en Italia, o Inter é o segundo club por número de seareiros, despois da Juventus, co 22,2% do total (equivalente a 5 772 000 de 'tifosi').
Xogadores
Cadro actual
- Datos do 31 de xaneiro de 2020.[2]
|
Xogadores históricos destacados
Estatísticas do club
- Tempadas na Serie A: 76
- Tempadas na Serie B: 0
- Maior goleada acadada: Inter - Vicenza 16-0
- En campionatos nacionais: Inter - Vicenza 16-0
- En torneos internacionais: Inter - Dinamo de Bucarest 6-0
- Maior goleada encaixada: Juventus - Inter 9-1
- Mellor posto na liga(19): 1º, 1910, 1920, 1930, 1938, 1940, 1953, 1954, 1963, 1965, 1966, 1971, 1980 , 1988-89, 2005-06, 2006-07, 2007-08, 2008-09, 2009-10 e 2020/21
- Máximo goleador: Giuseppe Meazza
- Máis partidos disputados: Giuseppe Bergomi
Adestradores
|
|
|
Presidentes
|
|
Palmarés
Torneos nacionais
Torneos internacionais
- Copa Intercontinental (2): 1964 e 1965.
- Liga de Campións (3): 1964, 1965 e 2010.
- Copa da UEFA (3): 1991, 1994 e 1998.
- Copa Mundial de Clubs da FIFA (1): 2010
Torneos amigables
- Mundialito de Clubs (1): 1981[3]
- Trofeo Birra Moretti (3): 2001, 2002 e 2007
- Trofeo Santiago Bernabéu (2): 1993 e 2001.
- Trofeo TIM (4): 2002, 2003, 2004 e 2005.
- Turnier Sankt Moritz (1): 1911.
- Torneo Zürich de Milán (1): 1969.
- Trofeo Cidade de Vigo (1): 1996.
- Trofeo Valle d'Aosta (1): 1998.
- Trofeo Cidade de Palma (1): 2006.
- Subcampión do Trofeo Joan Gamper (2): 1996 e 2007.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.