empresa de Corea do Sur From Wikipedia, the free encyclopedia
Samsung (en hangul: 삼성; en hanja: 三星; en coreano: Samseong) é unha das máis fortes e recoñecidas empresas surcoreanas a nivel mundial e líder en diversas ramas da industria electrónica e a industria en xeral.
Samsung | |
---|---|
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 1938 |
Localización | Samsung Town, Seul, Corea do Sur |
Fundador | Lee Byung-chul |
Industria | Electrónica, industria pesada |
Produtos | Electrónica, buques, maquinaria |
Beneficio | 173.110 millóns de dólares (2012) |
Número de empregados | 369.000 (2011) |
Na rede | |
https://www.samsung.com/ e https://galaxystore.ru/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
As orixes do actual grupo Samsung remontanse ao 1 de marzo de 1938. Ese día, o empresario coreano Lee Byung-chul (1910–1987) inaugurou en Daegu unha compañía de importación e exportación de produtos perecedeiros á que chamou Samsung Sanghoe (en coreano, «tres estrelas»).[1] Durante o tempo que Corea estivo ocupada polo Xapón, o principal negocio foi a venda de peixe seco e foitas a Manchukuo. Ao rematar a segunda guerra mundial, Corea recuperou a súa independencia e Samsung prosperou ao ampliar a súa actividade ao proceso de alimentos e a fabricación de téxtiles.
Samsung Electronics, fundada en 1969, é o membro máis grande do Grupo Samsung, que é á vez unha das compañías de aparellos eléctricos máis importantes ao redor do mundo. Samsung opera en ao redor de 58 países e ten máis de 208.000 empregados. As súas vendas no ano 2003 foron de ao redor de 101.700 millóns de dólares (uns 86.200 millóns de Euros).
Samsung Electronics é recoñecida por ser unha das dez meirandes marcas de fabricantes no mundo; é especificamente a segunda maior produtora do mundo, tendo o primeiro lugar, a tamén coreana Hyundai; a cal ten á venda produtos de telecomunicacións, electrodomésticos e pantallas.
Foi a empresa que lanzou a primeira TV de plasma. Na área da electrónica, hoxe en día é a compañía con maior valor no mercado, gañándolle á xaponesa Sony.
Hoxe en día, é a empresa número 20 con maiores ganancias e as súas maiores ganancias están na venda de teléfonos celulares e chips de memoria.
Os teléfonos celulares Samsung utilizan as tecnoloxías celulares utilizadas polos principais operadores de telecomunicación móbil: CDMA, GSM e GPRS.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.