Jorge Cadete

futbolista portugués From Wikipedia, the free encyclopedia

Jorge Paulo Cadete Santos Reis, nado en Pemba, Mozambique o 27 de agosto de 1968, foi un xogador de fútbol que xogaba na demarcación de dianteiro.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Jorge Cadete
Biografía
Nacemento27 de agosto de 1968 (56 anos)
Pemba, Mozambique (pt)
Altura177 cm
Peso65 kg
Actividade
Ocupaciónfutbolista
Período de actividade1987 - 2007
Nacionalidade deportivaPortugal
Deportefútbol
Posición de xogoDianteiro
Traxectoria
  Equipo
1987–1995   Sporting CP 164(62)
1988–1989 cesión:  Vitória Futebol Clube 29(8)
1994–1995 cesión:  Brescia Calcio 13(1)
1996–1997 Celtic F.C. 37(30)
1997–1998   Celta de Vigo 36(8)
1999–1999 cesión:  Bradford City Association Football Club 7(0)
1999–2003 Sport Lisboa e Benfica 19(3)
2000–2000 cesión:  Bradford City Association Football Club 7(0)
2000–2001 cesión:  CF Estrela da Amadora 28(2)
2004–2004 Partick Thistle F.C. 5(0)
2004–2005 Clube Desportivo Pinhalnovense 4(0)
  Selección nacional
1989–1989   Portugal sub-21 2(0)
1990–1998   Portugal 33(5)
Participou en
xuño de 1996Eurocopa de Fútbol Inglaterra 1996

Pechar

Traxectoria

Comezou a súa carreira futbolística na Associação Academica de Santarém na tempada 1983-1984 con 15 anos, marcando 43 goles en 18 encontros, conseguindo o Sporting de Lisboa fichalo entre moitos pretendentes.

En Lisboa debutou no primeiro equipo na tempada 1987-1988 xogando 6 partidos. Ao ano seguinte é cedido ao Vitória de Setúbal onde marca 10 goles, polo que volveu de contado ao Sporting, onde xogaría durante 6 tempadas ata o ano 1996, converténdose nun dos xogadores emblemáticos do equipo lisboeta, marcando 70 goles en máis de 180 encontros.

En abril de 1996, despois dunha longa negociación Cadete é traspasado ao Celtic de Glasgow, onde na única tempada completa en Escocia se convertería no máximo goleador da liga nacional, con 33 goles en 44 encontros, ningún de penalti. A causa da mala adaptación da súa familia a Escocia, pediría o traspaso a outro club, chegando así ao Celta de Vigo na tempada 1997-1998 polo pago de tres millóns e medio de libras.

Nesa primeira tempada en Vigo xogaría 29 encontros marcando 7 goles, pero a súa participación no equipo ao ano seguinte reduciriase a 7 partidos e un gol, polo que foi traspasado o ano seguinte ao Benfica portugués, xogando tamén no Bradford City, Estrela da Amadora, Partick Thistle, e Clube Desportivo Pinhalnovensee.

Foi 33 veces internacional coa Selección de Portugal, marcando 5 goles.

No ano 2002 participou no reality show Big Brother Portugal, na 1ª edición para personaxes famosos.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.