Sergio Carreira

futbolista español From Wikipedia, the free encyclopedia

Sergio Carreira Vilariño, nado en Vigo o 13 de outubro de 2000, é un futbolista galego do Real Club Celta de Vigo. A súa posición é defensa lateral dereito.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Sergio Carreira
Biografía
Nacemento13 de outubro de 2000 (24 anos)
Vigo, España
Actividade
Ocupaciónfutbolista
Deportefútbol
Posición de xogoDefensa
Pechar

Traxectoria

Sergio Carreira comezou a súa carreira deportiva na súa cidade natal, nas categorías inferiores do Celta de Vigo. Na tempada 2019-20 debutou no Celta de Vigo B, xogando o seu primeiro encontro o 25 de novembro de 2018, ao entrar coma substituto de Dani Vega no minuto 53, nun partido fóra da casa contra o Internacional de Madrid perdido por 0 a 3.

Carreira realizou o seu debut co primeiro equipo o 19 de decembro de 2019, nun partido da Copa do Rei contra o Peña Azagresa, entrando no minuto 52 por mor da lesión de Jorge Saénz. O seu debut en liga produciuse perante o Club Atlético de Madrid.[1]

Na tempada 2021-22 pasou a ter ficha do primeiro equipo. No mes de xullo renovou o seu contrato co primeiro equipo até 2025 e foi cedido ao CD Mirandés.[2]

Clubs

Máis información Club, País ...
Club País Ano
Celta de Vigo B Galicia Galicia 2018-2021
Celta de Vigo Galicia Galicia 2021-act.
CD Mirandés (cedido) España España 2021-2022
Villarreal CF B (cedido) España España 2022-2023
Pechar

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.