Copa Galiza de fútbol 2008
3ª edición da Copa Xunta de Galicia From Wikipedia, the free encyclopedia
Na primeira edición da Copa Galiza de fútbol, celebrada en 2008, participaron oito conxuntos galegos.
Tipo | Copa Xunta de Galicia |
---|---|
Deporte | fútbol |
Número de participantes | 8 |
Localización e Datas | |
Localización | Galicia (España) 42°48′N 7°54′O |
País | España |
Número de edición | 3 (2008) |
Competición | |
Primeiro posto | Celta de Vigo |
Desenvolvemento
Participaron o equipo de primeira división (Deportivo da Coruña), os dous de segunda (Celta de Vigo e Racing de Ferrol), os tres de segunda B que non son filiais (CD Lugo, Pontevedra CF e CD Ourense), e mais os dous mellores de terceira división. A diferenza da edición anterior, os filiais quedaron excluídos da competición e, aínda que houbo catro setentrionais e catro meridionais, a distribución non se fixo en base a esas cotas de grupos. Porén, si que os emparellamentos se fixeron buscando a proximidade xeográfica.
Por outra banda, e tamén a diferenza da primeira edición, os partidos celebráronse nun sistema de eliminatoria a partido único, disputado sempre no equipo de inferior categoría ou no do que nese momento se atope peor clasificado en caso de compartiren a mesma división.
O campión foi o Celta de Vigo, que se impuxo ao Deportivo na quenda de penaltis, logo de rematar o encontro con empate a cero. A final disputouse en Ourense.
Resultados
Cuartos de final | Semifinal | Final | ||||||||
9 de abril 2008, A Malata (Ferrol) | ||||||||||
Racing de Ferrol | 0 (2p) | |||||||||
15 de abril 2008, García Calvo, (Negreira) | ||||||||||
Deportivo da Coruña | 0 (4p) | |||||||||
SD Negreira | 1 | |||||||||
9 de abril 2008, García Calvo (Negreira) | ||||||||||
Deportivo da Coruña | 5 | |||||||||
SD Negreira | 3 (14p) | |||||||||
20 de maio 2008, O Couto (Ourense) | ||||||||||
CD Lugo | 3 (13p) | |||||||||
Celta de Vigo | 0 (6p) | |||||||||
9 de abril 2008, O Vao (Vigo) | ||||||||||
Deportivo da Coruña | 0 (5p) | |||||||||
Coruxo CF | 0 | |||||||||
15 de abril 2008,O Couto (Ourense) |
||||||||||
Celta de Vigo | 2 | |||||||||
CD Ourense | 0 | |||||||||
Celta de Vigo | 1 | |||||||||
CD Ourense | 2 (7p) | |||||||||
Pontevedra CF | 2 (6p) | |||||||||
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.