Emilio López Fernández

futbolista español From Wikipedia, the free encyclopedia

Emilio López Fernández, coñecido simplemente como Emilio, nado en Vigo o 9 de xullo de 1965, é un exfutbolista galego que xogaba de porteiro.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Emilio López Fernández
Biografía
Nacemento9 de xullo de 1965 (59 anos)
Vigo, España
País de nacionalidade
Altura1,84 m
Actividade
Ocupaciónfutbolista
Período de actividade1989 - 2003
Deportefútbol
Posición de xogoPorteiro
Traxectoria
  Equipo
1987–1989 Gran Peña Fútbol Club
1988–1989 cesión:    Arousa SC
1989–1993   Celta de Vigo 0(0)
1993–1994   UE Figueres 37(0)
1994–1995 CD Badajoz 15(0)
1995–1996   Club Deportivo Leganés 38(0)
1996–1999 CD Badajoz 117(0)
1999–2000   CA Osasuna 19(0)
2000–2001   Real Jaén 28(0)
2001–2003   Hércules CF 30(0)
Pechar

Traxectoria

Formado na canteira do Celta de Vigo, xogou no Gran Peña (daquela filial do primeiro equipo), e no Arosa SC, até que chegou ao primeiro equipo celeste na tempada 1989/90. Estivo no equipo catro anos (dous en segunda división e dous en primeira), pero non chegou a ser titular pola presenza d Javier Maté primeiro e de Santiago Cañizares despois.

En 1994 fichou pola UE Figueres, en Segunda B, e ao ano seguinte fichou polo CD Badajoz, onde compartiu a titularidade co veterano Ángel Lozano. A tempada seguinte xogou no CD Leganés, e na tempada 1996/97 regresou a Badaxoz, converténdose nun dos alicerces do equipo, que loitou polo ascenso a Primeira División. Esa campaña Emilio acadou o Trofeo Zamora como porteiro menos goleado da categoría. Pasou dous anos máis no equipo.

Na tempada 1999/00 defendeu a meta do CA Osasuna, que nesa campaña logrou ascender a Primeira División. Porén, seguiu xogando en segunda tras fichar ao ano seguinte polo Real Jaén. No verán de 2001 fichou polo Hércules CF, que xogaba en Segunda B, onde estivo dous anos.

Trala súa retirada pasou a ser adestrador de porteiros no Celta de Vigo B.

Estatísticas

Palmarés

Campionatos nacionais

Máis información Título, Club ...
Pechar

Distincións individuais

Máis información Distinción, Ano ...
Distinción Ano
Trofeo Zamora de Segunda División 1997
Pechar

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.