club de fútbol galego From Wikipedia, the free encyclopedia
O Real Club Celta de Vigo C-Gran Peña, coñecido como Celta C-Gran Peña, é un equipo de fútbol que se constitúe coma o segundo filial do Real Club Celta de Vigo. En 2021, tras un acordo entre o Celta e o Gran Peña Club de Fútbol, ambos clubs competiron baixo o novo nome no Grupo Sur 2 da Rexional Preferente.
Celta C–Gran Peña | |||
---|---|---|---|
Nome | Celta de Vigo C–Gran Peña Fútbol Club | ||
Fundación | 1926 | ||
Estadio | Barreiro, Vigo, Galicia | ||
Capacidade | 4.500 | ||
Presidente | Carlos Mouriño | ||
Adestrador | Luis Bonilla | ||
Liga | 3ª RFEF – Grupo 1 | ||
2023/24 | 2º | ||
Na rede | |||
Sitio web oficial | |||
| |||
O 22 de maio de 2022 acadou o ascenso á Terceira División RFEF.
O Gran Peña fundouse en 1926 na parroquia viguesa de Lavadores. O seu primeiro presidente foi Manuel Méndez. Varios dos directivos fundadores posteriormente serían os fundadores do Turista. Nos primeiros anos de fundación, ao non contar con campo de fútbol de seu e valado, xogou nunha liga non profesional con futbolistas non federados, con equipos clásicos da cidade, como o Alerta Traviesas, o Atalante ou o ementado Turista.
Durante a Guerra a sede social do Gran Peña foi ocupada pola Falanxe e algúns dos seus xogadores faleceron. Tras anos de inestabilidade pola posguerra, en 1943 participou na súa primeira competición federada, a Serie A de Galicia. En 1955 conseguiu o seu primeiro ascenso a Terceira, logo de proclamarse campión do seu grupo de Serie A. Despois de máis dunha década en Terceira, descendeu, pero en 1971 asinou un convenio de filiación co Celta de Vigo, e ao final desa mesma tempada ascendeu de novo. Nos anos vindeiros o equipo fai de ascensor entre as dúas categorías.
Nos anos 80, malia as novas oferta de filiación con Celta de Vigo, o club mantivo a independencia de clubs. Novamente en 1986 produciuse outro intento de fusión co Turista, e de dependencia co Celta, auspiciado polo daquela alcalde da cidade Manoel Soto[1], e polo que entra en xogo a compra do campo de fútbol por parte do concello de Vigo. Finalmente o acordo non se produce co Gran Peña, e si co Turista, o que implica que o Gran Peña non pode volver a xogar en Barreiro. Como consecuencia prodúcense manifestacións cidadás, cortes de rúas etcétera. Tamén como resultado rómpese o acordo de filiación co Celta.
En 2021, o Celta de Vigo chega a un acordo co club, que novamente pasa a depender do equipo celeste.
|
|
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.