Remove ads
club de fútbol español From Wikipedia, the free encyclopedia
O Hércules de Alicante Club de Fútbol, S.A.D. (en valenciano: Hèrcules Club de Futbol) é un club de fútbol de España, da cidade de Alacant na Comunidade Valenciana. Fundouse en 1914 e federado en 1922, e actualmente milita na Segunda División de España.
Hércules CF | |||
---|---|---|---|
Nome | Hércules de Alicante Club de Fútbol, S.A.D. | ||
Alcume(s) | Herculanos; Branquiazuis | ||
Fundación | 1914 | ||
Estadio | José Rico Pérez, Alacant, España | ||
Inauguración | 1974 | ||
Capacidade | 30.000 | ||
Presidente | Jesús García Pitarch | ||
Adestrador | Quique Hernández | ||
Liga | 2ªB | ||
2013–14 | 22º (Segunda División) | ||
Vestimenta | Nike | ||
Patrocinador | Comunitat Valenciana | ||
Na rede | |||
http://www.herculescf.es | |||
| |||
Posúe unha traxectoria de 19 tempadas en Primeira División, e 40 en Segunda. O seu maior logro en liga foi un 5º posto en Primeira, na tempada 1974-75, onde tras empatar a puntos co 4º clasificado, non disputou a Copa da UEFA pola diferenza de goles. En 1936 alcanzou a semifinal do Trofeo Presidente da II República, sendo ata a data o seu maior logro neste torneo.
O fundador do club inspirouse nos valores que representaba o heroe da mitoloxía grega Hércules para darlle nome ao club. O seu berro de guerra é Macho Hércules, e o seu xentilicio é herculano. O Elche Club de Fútbol é o seu rival histórico por excelencia, onde ambos os clubs manteñen dita rivalidade desde os seus inicios.
No verán do 2010, dentro dunha investigación xudicial, apareceron indicios de que o seu principal accionista, Enrique Ortiz, en conivencia co capitán, Tote, e o segundo capitán, Abraham Paz, realizou ofertas para comprar as derrotas voluntarias do Salamanca, o Córdoba, o Girona e o Recreativo. Tote tería mediado tamén no intento de pagar primas pola vitoria aos equipos que se enfrontaban aos rivais do Hércules polo ascenso a Primeira División.[1]
O Hércules xoga os seus partidos como local no Estadio José Rico Pérez. O estadio inaugurouse en 1974 cun partido ante o FC Barcelona (0-4) e que substituíu o antigo Campo La Viña. Ten capacidade para 30.000 persoas.
Actualmente é compartido co Alicante Club de Fútbol, que paga un alugueiro ó club herculano, que é o propietario.
|
|
O equipo filial do Hércules é o Hércules Club de Fútbol B, que xoga na Rexional Preferente da Comunidade Valenciana. Desde 1996, o seu maior logro foi xogar en Terceira División durante unha tempada. Foi fundado en 1996 como tal, aínda que ben é certo que o club tivo filial en anos atrás, como o Alicante CF polos anos 60, o Hércules Atlético desde 1974 ou posteriormente baixo as denominacións de Hércules Promesas, Mutxamel CF e CD Español de San Vicente respectivamente.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.