Borja Oubiña

futbolista español From Wikipedia, the free encyclopedia

Borja Oubiña

Borja Oubiña Meléndez, nado en Vigo o 17 de maio de 1982, é un exfutbolista galego que xogaba na demarcación de centrocampista.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Borja Oubiña
Thumb
(2009)
Biografía
Nacemento17 de maio de 1982 (42 anos)
Vigo, España
EducaciónUniversidade de Vigo
Altura180 cm
Peso71 kg
Actividade
Ocupaciónfutbolista
Período de actividade2003 -
Nacionalidade deportivaEspaña
Deportefútbol
LigaPremier League
Posición de xogoCentrocampista
Traxectoria
  Deporte base
1989–1996 fútbol base:  Gran Peña Fútbol Club
1996–2001 fútbol base:  Celta de Vigo
  Equipo
2001–2004   Celta Fortuna 67(4)
2004–2015   Celta de Vigo 217(5)
2007–2008 cesión:  Birmingham City 2(0)
  Selección nacional
2006–2006   España 2(0)
Pechar

Traxectoria

Aínda que de moi neno xogou no Moledo CF, formouse no Gran Peña FC e nas categorías inferiores do Celta de Vigo, ascendeu ao primeiro equipo en 2003. Licenciouse en Empresariais na Universidade de Vigo.

Debutou co Celta nun partido contra o Valencia CF na tempada 2003–04 da man de Miguel Ángel Lotina. Esa campaña xogou doce partidos de liga e dous da UEFA Champions League, o primeiro deles contra o Arsenal FC londiniense, no estadio de Highbury Park.

Logo do descenso do equipo, Oubiña liderou o conxunto como titular habitual, ata o ascenso. Ao ano seguinte, xa en primeira, foi determinante para que os celestes acadaran a sexta praza e se clasificasen para a Copa da UEFA. Destaca pola súa capacidade para recuperar balóns.

Thumb
Borja Oubiña en 2009.

Co descenso a Segunda División do equipo vigués en xuño de 2007 o xogador expresou o seu desexo de abandonar o club. Despois de que varios equipos se interesasen polo futbolista sen chegar a acordos co Celta, este cedeu a Oubiña ao Birmingham City inglés o mesmo día que pechaba o mercado de fichaxes (31 de agosto de 2007).

No minuto 11 de xogo na sexta xornada da Premier League, no seu segundo encontro co seu novo club, o primeiro como titular, fronte ao Liverpool FC, bateu contra Dirk Kuyt o que produciu a rotura dos ligamentos do xeonllo esquerdo. A partir de aí comezaron os problemas e as presións por parte do Birmingham City que fixeron que finalmente rescindiran o contrato que lles unía. Así, Oubiña regresou a Vigo para continuar a súa recuperación e incorporarse ao Celta de Vigo, club co que aínda tiña contrato. 438 días despois de ser operado do xeonllo, o xogador galego volveu atar as botas para disputar un encontro oficial. O 6 de decembro de 2008, Oubiña saltou ao campo no Nuevo Insular de Las Palmas. O partido perdeuno o Celta (2–0).

O 22 de maio de 2015 anunciou a súa retirada do fútbol profesional ao non recuperarse das recorrentes lesións de xeonllo, quedando vinculado ao club integrado na secretaria técnica dirixida por Miguel Torrecilla[1].

Selección nacional

Non chegou a debutar coa selección galega durante a súa recuperación despois de décadas de prohibición, a causa de sucesivas lesións. Internacional tamén coa selección española, onde debutou nun partido contra Liechtenstein (2 de setembro de 2006). Con España xogou 2 partidos.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.