From Wikipedia, the free encyclopedia
O HNK Hajduk Split (en croata: Hrvatski Nogometni klub Hajduk Split), é un club de fútbol da cidade de Split, Croacia. Fundouse en 1911 e mantén unha gran rivalidade co NK Dinamo Zagreb, co cal disputa o Derbi Eterno de Croacia.
Hajduk Split | |||
---|---|---|---|
Nome | HNK Hajduk Split | ||
Alcume(s) | Bili | ||
Fundación | 13 de febreiro de 1911 | ||
Estadio | Estadio Poljud Split, Croacia | ||
Inauguración | 1979 | ||
Capacidade | 35.000 | ||
Presidente | Marin Brbić | ||
Liga | Prva HNL | ||
2022–23 | 2.º | ||
Na rede | |||
http://www.hajduk.hr/ | |||
| |||
O Hajduk Split nace da man dun grupo de estudantes de Split que se atopaban en Praga. Fabijan Kaliterna, Lucijan Stella, Ivan Šakić e Vjekoslav Ivanišević, quedaron impresionados tras presenciar o duelo local entre o Slavia e o Sparta de Praga e tras o encuentro, reunidos na popular cervexaría U Fleků, decidiron fundar un equipo de fútbol na súa cidade natal. O NHK Hajduk Split era oficialmente rexistrado o 13 de febreiro de 1911.
Os seus mellores anos chegaron na década dos setenta, gañando tres campionatos da Primeira Liga de Iugoslavia e cinco Copas de Iugoslavia consecutivas. Ademais, en 1973 alcanzou as semifinais da Recopa de Europa, o seu maior éxito deportivo internacional. Na Copa de Europa chegou á rolda de cuartos de final en 1976 e 1980.
Tras a declaración de independencia de Croacia en 1991 o Hajduk Split pasa a formar parte da Federación de Fútbol de Croacia (Hrvatski nogometni savez), disputando a nova copa (Hrvatski nogometni kup) e liga (Prva HNL) croatas.
O HNK Hajduk Split xoga de local no estadio Poljud, inaugurado en 1979 e con capacidade para 34.000 espectadores.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.