Remove ads
futbolista español From Wikipedia, the free encyclopedia
Daniel José Rodríguez Vázquez, coñecido como Dani Rodríguez, nado en Betanzos o 6 de xuño de 1988, é un futbolista galego. Xoga de centrocampista e o seu equipo actual é o RCD Mallorca, da Primeira División.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 6 de xuño de 1988 (36 anos) Betanzos, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,78 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2007 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 31 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Comezou a xogar ao fútbol na canteira do Betanzos e aos 12 anos recibiu unha chamada do Deportivo da Coruña, que estaba formando un equipo alevín para participar en varios torneos. Así, disputou con outros rapaces da provincia como Pedro Mosquera un torneo internacional celebrado no estadio Heliodoro Rodríguez López de Santa Cruz de Tenerife.[1] A continuación regresou ao Betanzos, onde tivo como adestrador a Óscar Gilsanz.[2]
En 2001 ingresou na canteira do Deportivo da Coruña, na que xogou durante os seguintes anos, excepto unha tempada que estivo cedido no Betanzos.[3][4] Volveu en 2008 á Coruña, pasando a xogar no Fabril durante as seguintes tempadas e converténdose en capitán. En 2010 debutou co primeiro equipo do Deportivo na volta de cuartos de final da Copa do Rei no Ramón Sánchez Pizjuán fronte ao Sevilla, substituíndo a Bodipo no minuto 65. Ao remate da tempada 2010–11 anunciouse que non continuaría no Fabril.[5]
Así, despois de 11 anos nas filas branquiazuis buscou novo destino e recalou no Conquense, tamén de Segunda B. Tras o descenso do equipo ao final da tempada, fichou polo Racing de Ferrol, da mesma categoría. Xogou dúas tempadas no club ferrolán, disputando 75 partidos e dúas fases de ascenso a Segunda División. Na tempada 2015/16 xogou no Racing de Santander, co que acabou campión do Grupo 1 de 2ª B, pero sen acadar o ascenso, e na 2016/17 militou no Albacete, co que xogou unha nova promoción, a súa cuarta consecutiva, conseguindo esta vez ascender.[3]
Continuou un ano máis no Albacete, conseguindo a permanencia, e no verán de 2018, despois de 81 partidos e 12 goles co club manchego, fichou polo RCD Mallorca, tamén de Segunda.[6] Na súa primeira tempada co club balear logrou o ascenso a Primeira División, despois de acabar quinto e eliminar na fase de promoción aos seus ex equipos Albacete e Deportivo.[3]
Debutou en Primeira contra o Eibar na primeira xornada da tempada 2019/20, marcando un gol aos 4 minutos de xogo.[7] Xogou todos os partidos de liga do seu equipo excepto un (por acumulación de cartóns amarelos),[8] nun ano no que o Mallorca acabou descendendo de novo a Segunda. Con todo, o equipo balear volveu lograr ascender na seguinte tempada (2020/21), contribuíndo Dani Rodríguez con 8 goles, a maior cifra anotadora da súa carreira.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.