Santa Cruz de Tenerife
concello canario da illa de Tenerife From Wikipedia, the free encyclopedia
concello canario da illa de Tenerife From Wikipedia, the free encyclopedia
Santa Cruz de Tenerife é unha cidade e concello español, capital das Illas Canarias (xunto coas Palmas de Gran Canaria), da provincia de Santa Cruz de Tenerife e da illa de Tenerife.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Illas Canarias | |||
Provincia | Provincia de Santa Cruz de Tenerife | |||
Capital de | ||||
Capital | Santa Cruz de Tenerife | |||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 209.395 (2023) (1.390,77 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 150,56 km² | |||
Bañado por | Océano Atlántico | |||
Altitude | 4 m | |||
Punto máis alto | Cruz de Taborno | |||
Comparte fronteira con | ||||
Datos históricos | ||||
Creación | 1833 | |||
Día festivo | ||||
Santo padrón | Santiago o Maior | |||
Organización política | ||||
• Alcaldesa | Patricia Hernández Gutiérrez | |||
Orzamento | 234.815.229 € | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 38001–38010 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 922 | |||
Código INE | 38038 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | tenerifecalida.com |
Entre 1833 e 1927 Santa Cruz de Tenerife foi a única capital de iure das Canarias (así sendo a única cidade canaria que mantivo o título oficialmente) ata máis tarde, en 1927, un decreto que establece a compartición de capital o arquipélago de Las Palmas de Gran Canaria, que é como segue ata hoxe. Desde entón, a capital do arquipélago das Canarias é compartida por dúas cidades. É a sede do parlamento das Illas Canarias, o Tribunal de Contas das Canarias e da presidencia do Goberno das Canarias, esta alternancia de períodos lexislativos.
Atópase no nordés da illa, e limita ao norte e leste co océano Atlántico, ao sur con El Rosario e ao oeste con San Cristóbal de la Laguna. A cidade está situada entre a baía que leva o seu nome e o macizo de Anaga.
O concello abrangue unha área de 150,56 km² e unha poboación de 221.956 habitantes (INE xaneiro de 2008). A altitude da cidade vella é de 4 metros sobre o nivel do mar. Tem 58 km de litoral, dividido polo Barranco de Santos. Situada nunha ladeira escarpada, forma unha área metropolitana coa cidade de San Cristóbal de La Laguna, cunha poboación de máis de 370.331 habitantes.
O clima é árido, con escasas precipitacións (pouco máis de 200 mm). Ten temperaturas mornas, cunha media de 21 °C, grazas ao efecto suavizador dos ventos alisios.
O Entroido de Santa Cruz de Tenerife é considerado o segundo máis popular e coñecido internacionalmente despois dos do Río de Xaneiro (Brasil).[1][2][3] De feito, ambas cidades están irmandadas por esa razón.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.