From Wikipedia, the free encyclopedia
Desde 1912, o Deportivo da Coruña emprega un uniforme con camiseta de franxas brancas e azuis.
O uniforme do Deportivo da Coruña ten experimentado diversos cambios dende que se fundou en 1906. Contra o ano 1907, o daquela Club Deportivo da Sala Calvet, decidiu empregar unha camisola de raias azuis e brancas e un pantalón de cor negra, aínda que o equipo adoitaba disputar os seus partidos cunha camisola branca e un pantalón negro. Non foi ata 1912 cando o equipo adoptou o escudo e as cores azul e branca nos seus partidos, realizando pequenos cambios na camisola, especialmente no tamaño, localización e sentido das raias e dorsais.[1]
Ata 1923 as raias da camisola eran estreitas, adoptándose unhas máis anchas consideradas máis "modernas", se ben dous anos despois recuperáronse as raias estreitas, e tan só na tempada 1939/40 imperaron as raias anchas. A partir dese momento o equipamento pasou a estar dominado por unha camisola de raias estreitas e pantalón azul, deseño que se mantivo dende a tempada 1940/41 á 1967/68, na que o equipo recuperou as raias anchas, que permaneceron no uniforme ata a tempada 1973/74.
Na Asemblea Ordinaria do Deportivo de mediados de 1990, a directiva do club redeseñou a camisola cara a un deseño máis moderno que se estreou na segunda metade de liga e que ampliaba o tamaño dos dorsais, creaba maiores espazos brancos e amosaba unhas raias azuis máis amplas nos bordos laterais da camisola. Pouco despois, na tempada 1991/92, con Rox como provedor, o club modificou radicalmente a imaxe da camisola, introducindo unha raia horizontal á altura dos ombreiros e outra á altura do peito, pasando dunhas raias totalmente verticais a unha forma de "T", un deseño que se mantería case igual ata a tempada 1997/98, xa coa firma alemá Adidas, que eliminaría as raias horizontais, recuperando así un deseño de liñas totalmente verticais que na tempada seguinte se tornarían máis grosas.[1]
A pesar dos trocos nos patrocinadores e provedores, o deseño da camisola non mudou substancialmente na tempada 2001/02, cando se introduciu unha pequena liña vermella nas costas á altura dos ombreiros e se desprazou o escudo do equipo, que pasou de estar sobre o corazón a situarse no centro do peito. Esa tempada o pantalón do equipo tamén experimentou un lixeiro cambio: se ben seguiu a ser azul, engadíuselle unha ampla banda vermella na cintura. Foi, con todo, no segundo e terceiro equipamentos onde houbo máis novidades, pasando a segunda de amarela a vermella e negra para a Liga, e gris prateada cunha banda azul escura cruzando o peito para a Liga de Campións. Con motivo da final da Copa do Rei dese ano fronte ó Real Madrid, o club deseñou un modelo especial de camisola que incluía unha serie de detalles bordados nas mangas, e que substituía o reberete vermello do pescozo, pantalón e mangas por outro azul mariño, e mudando o pescozo a redondo en lugar do pescozo a xeito de camisa.[1]
Con todo, dende ese momento os equipamentos non experimentaron maiores cambios que o grosor da liñas verticais, ata a tempada 2009-10, cando a firma italiana Lotto introduciu un deseño no que as liñas se cortaban na parte do peito para deixar a parte superior en branco cun detalle en gris prata; a mesma firma introduciu na seguinte tempada un deseño de raias estreitas que ensanchou na tempada 2011-12, incluíndo unha liña horizontal á altura do peito na seguinte tempada que foi abandonada ó finalizar a mesma. Volveuse entón a un deseño de raias verticais que se mantivo, con lixeiros cambios ata a tempada 2016-17, cando na pretempada se introduciu unha camisola cunha raia vertical máis grosa.[2]
Un dos cambios máis drásticos da historia do club respecto á súa vestimenta, viviuse na tempada 2019/20, na que se cambiaron as tradicionais raias verticais por raias horizontais, nunha polémica elección que causou rexeitamento entre parte da afección.[3] Para a seguinte campaña recuperáronse as raias verticais.
Entre as segunda e terceiras vestimentas, cómpre salientar a presentación na tempada 2014/15 dunha segunda camisola do equipo na que lucía a bandeira de Galicia.[4] Dende entón, e debido ao éxito da idea, unha das tres camisetas inclúe sempre a bandeira galega, engadíndoselle en ocasións outros detalles propios de Galicia, como a letra do himno galego ou a silueta do mapa de Galicia.[5][6][7]
2012-2013
|
2013-2014
|
2014-2015
|
2015-2016
|
2016-2017
|
2017-2018
|
2018-2019
|
2019-2020
|
Para a tempada 2024/25, o Deportivo ten os seguintes tres uniformes:
Titular
|
Alternativo
|
Terceiro
|
Período[11] | Provedor | Patrocinador |
---|---|---|
1985–1986 | Austral | Hotel Rías Altas |
1986–1888 | Gilcor | Ningún |
1988–1989 | Rafrei | |
1989–1990 | ||
1990–1992 | ||
1992–1997 | ||
1997–2000 | ||
2000–2001 | ||
2001–2007 | Fadesa | |
2007–2008 | Canterbury | |
2008–2009 | ||
2009–2017 | ||
2017–2021 | ||
2021– |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.