Feiraco
empresa galega do sector lácteo From Wikipedia, the free encyclopedia
empresa galega do sector lácteo From Wikipedia, the free encyclopedia
Feiraco é unha empresa agrícola galega, fundada en Negreira en 1968. Actualmente as súas instalacións están situadas na parroquia de Agrón (Ames), entre os lugares de Arufe e A Ponte Nova. Está xestionada en réxime de cooperativa, desenvolvendo todo o proceso desde a recollida até a comercialización do leite e os produtos derivados. En 2014 contaba con 2.114 socios, 213 empregados e 490 explotacións produtoras de leite nas que recollía arredor de 126 millóns de litros anuais.
Feiraco | |
---|---|
Tipo | Cooperativa |
Fundación | 20 de outubro de 1968 |
Matriz | Feiraco Sociedad Cooperativa Galega |
Localización | Pontemaceira S/N 15864 Ames, A Coruña Galicia |
Fundador | Jesús García Calvo |
Persoas clave | José Montes Pérez (presidente) |
Industria | Láctea |
Produtos | Leite Produtos lácteos Penso |
Beneficio | 114 millóns de euros (2013)[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Feiraco, Sociedade Cooperativa Galega foi formada en 1968 por 125 persoas da comarca da Barcala. O rexistrador da propiedade Jesús García Calvo, impulsor do proxecto, foi elixido primeiro presidente, cargo que ocupou até 2008, ano en que o sucedeu o gandeiro de Olveira (Dumbría) José Antonio Casais. Dende 2012 a cooperativa está presidida por José Montes Pérez.[2]
En 1970 construíuse unha fábrica de pensos propia, e ao ano seguinte iniciouse a recollida e comercialización do leite. En 1974 foi unha das primeiras empresas en introducir en España o sistema UHT de envasado.
En 2011 creou a marca Unicla, vinculada ao selo Galega 100% promovido pola Xunta de Galiza que identifica o leite de orixe galega. A marca Feiraco tamén está certificada por Galicia Calidade e foi a primeira empresa española certificada por AENOR coa "Letra Q" do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño.
Esta marca recibiu o primeiro Premio Europeo á Innovación Cooperativa. No ano 2011 recibiu o distintivo de Igualdade na Empresa, outorgado polo Ministerio de Sanidade, pola súa política de responsabilidade social, e en 2016 a Xunta outorgoulle o Premio RSE polo seu proxecto Responsabilidade Social en Movemento para afianzar prácticas responsables en todas as áreas de traballo da compañía. Recentemente recibiu o distintivo de Igualdade na Empresa pola súa política de responsabilidade social, e foi distinguida como «empresa socialmente responsable.
Entre 2011 e 2012 lidera o proceso de adquisición, xunto a outras nove cooperativas galegas integradas en ACOLACT, da planta de CLESA en Caldas de Reis. Este proceso foi apoiado pola Xunta de Galiza a través do IGAPE, e culminou coa sinatura formal das escrituras de compra o 19 de xullo de 2012.
En novembro de 2016, funda Cooperativas Lácteas Reunidas (CLUN) xunto a Melisanto e Os Irmandiños.[3] Esta sociedade cooperativa de segundo grao, que xestiona arredor do 15% da produción láctea galega, comercializa as marcas Feiraco, Feiraco Unicla e Clesa.
Moi vencellada á cultura e o patrimonio galego, Feiraco colabora coa Xunta de Galiza para difundir a celebración do Día das Letras Galegas con accións como a edición especial de cartóns de leite ou a convocatoria de concursos de microrrelatos.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.