A Asociación Española de Normalización y Certificación (AENOR) é unha organización privada, independente e sen fins de lucro dedicada á normalización e certificación da calidade no Estado español.

Datos rápidos Tipo, Data de fundación ...
Asociación Española de Normalización y Certificación
Thumb
Tiponational standards organisation
Data de fundación1986
Sedecalle de Génova
PaísEspaña
Na rede
http://www.aenor.com
Youtube: UCl1cbwOPrFUxcq4yf61jIzw BNE: XX119861 Editar o valor em Wikidata
[ editar datos en Wikidata ]
Pechar

Historia

Constituíuse en 1986, coincidindo coa entrada de España na Comunidade Económica Europea.[1] Até entón a normativa de normalización era responsabilidade do Instituto de Racionalización y Normalización (IRANOR), entidade pública creada en 1945 dependente do Consello Superior de Investigacións Científicas.[2]

Datos rápidos
Asociación Española de Normalización y Certificación
Thumb
Oficinas en España 20
Cadro de persoal 581
Normas en catálogo 31.519
Produtos certificados 106.656
Certificados vixentes de sistemas de xestión 18.473
Páxina web http://www.aenor.es
Fonte: Datos Principais AENOR
Pechar
Thumb
Empresa certificada por Aenor.

Historia

No primeiro ano creáronse os primeiros 24 comités técnicos de normalización, herdando o traballo de IRANOR, partindo de 7.810 normas, xa existentes.[1] Un ano despois, AENOR asumía a representación do Estado ante os organismos europeos: CEN, CENELEC e ETSI e internacionais ISO e IEC.

Actualmente,[cando?] son máis de 200 os comités técnicos de normalización nos que participan preto de 6.000 expertos.

En 1989 comezouse a certificación segundo UNE-EN ISO 9001 actualmente hai máis de 26.000 certificados.[3][4]

En 1992, coa celebración do Cumio da Terra no Río de Xaneiro, iniciáronse as políticas ambientais nas empresas, ISO 14000. Os primeiros certificados de AENOR desta norma son de 1994 e xa se levan emitidos máis de 6.900 certificados.[5]

En 2011, no seu 25 aniversario, AENOR contaba con 200 Comités Técnicos de Normalización, 28.000 normas e máis de 90.000 produtos exhiben a marca N. Nestes anos lévanse emitido máis de 60.000 certificados de sistemas de xestión.[6]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.