From Wikipedia, the free encyclopedia
Durante a tempada 2014–15 o Deportivo da Coruña competiu na Primeira División (afrontando a súa 43ª campaña na máxima categoría), logrando o 16º posto na clasificación. Na Copa do Rei alcanzou os 1/16 de final.
Tempada 2014–15 | ||||
Presidente | Constantino Fernández | |||
---|---|---|---|---|
Adestrador | Víctor Fernández (ata o 8 de abril) Víctor Sánchez del Amo (desde o 9 de abril) | |||
Estadio | Riazor | |||
Primeira División | 16.º | |||
Copa do Rei | 1/16 de final | |||
Goleador | Lucas Pérez (6 goles) | |||
| ||||
|
O 13 de xuño anunciouse a renovación do defensa Albert Lopo, por dúas tempadas.[1]
O 18 de xuño o club ofreceulle continuar un ano máis como xogador a Manuel Pablo, afrontando así a súa 17ª tempada como xogador do Deportivo.[2]
O 25 de xuño foi a quenda para Germán Lux, que finalizaba contrato, quen renovou por dúas tempadas máis.[3]
O 27 de xuño anunciouse a primeira incorporación no mercado de fichaxes. Trátase de Roberto Canella, cedido polo Sporting de Gijón por unha tempada.[4]
O 2 de xullo o club anunciou que abrirá unha nova tenda oficial no centro comercial Marineda City.[5]
O 4 de xullo presentouse a campaña de abonos para a tempada 2014–15.[6] Ese mesmo día, a LFP anunciou un amigable que xogará o Deportivo o 20 de xullo contra o Gimnasia y Esgrima de La Plata na Arxentina, no eido do LFP World Challenge.[7]
O 8 de xullo o club destituíu a Fernando Vázquez como adestrador, logo dunhas polémicas declaracións.[8]
O 10 de xullo o club presentou a Víctor Fernández como novo adestrador branquiazul.[9] Ademais, anunciou a incorporación de Isaac Cuenca, atacante procedente do Barcelona.[10]
O 11 de xullo a LFP anunciou cambios na programación da xira LFP World Challenge, cancelando o encontro que enfrontaría ao club coruñés co Gimnasia y Esgrima de La Plata arxentino e anunciando dous partidos amigables en Colombia, contra o Independiente Santa Fe (en Bogotá) e Deportivo Cali (en Cali), os días 22 e 24 de xullo, respectivamente.[11]
O 14 de xullo púxose a andar o Deportivo da tempada 2014–15, estando citados para o primeiro adestramento da pretempada en Abegondo: Germán Lux, Manuel Pablo, Álex Bergantiños, Borja Bastón, Juan Domínguez, Arizmendi, Fabricio, Laure, Luisinho, Toché, Wilk, Seoane, Albert Lopo, Luis Fernández, Juan Carlos, Insua, Canella, Rudy e Isaac Cuenca.[12] Ese mesmo día, o xogador do filial Bicho foi cedido por dúas tempadas ao Barcelona.[13]
O 17 de xullo deuse a coñecer que o Deportivo percibirá 36 millóns de euros polos dereitos televisivos das tempadas 2014–15 e 2015–16.[14] Igualmente, o xuíz declarou culpable o concurso de acredores de Ediciones Deportivas Gallegas, editora do xornal do club Dépor Sport (editado entre 2005 e 2013). Así, o club está obrigado a pagar o 50% dos créditos pendentes aos acredores tras a liquidación da entidade.[15]
O 18 de xullo anunciouse a incorporación do atacante coruñés Lucas Pérez, cedido polo PAOK por unha tempada con opción de compra.[16] Pola contra, o atacante Luis Fernández marchou cedido ao Lugo por unha campaña.[17] Esa tarde o club presentou os equipamentos para a nova tempada, nun acto público.[18]
O 20 de xullo Víctor Fernández anunciou a lista de 20 convocados para a xira americana: Lux, Manuel Pablo, Canella, Álex Bergantiños, Insua, Rudy, Borja Bastón, Juan Domínguez, Arizmendi, Fabricio, Cuenca, Laure, Luisinho, Toché, Seoane, Lopo, Juan Carlos, Queijeiro, Deak e David.[19]
O 21 de xullo o club cedeu ao centrocampista Álvaro Lemos ao Compostela, de Segunda División B.[20]
O 22 de xullo presentouse ao centrocampista José Rodríguez, cedido polo Real Madrid Castilla por unha tempada.[21] O primeiro partido da precampaña saldouse con derrota, fronte ao Independiente Santa Fe (1–0), no que resultou mancado o meta Germán Lux.[22][23]
O 23 de xullo o club confirmou a incorporación do portugués Diogo Salomão, que afronta así a súa cuarta etapa como deportivista.[24]
O 24 de xullo quedou definido o calendario da Primeira División da tempada 2014–15.[25] Na madrugada do 24 ao 25 de xullo (hora galega) o Deportivo xogou o seu segundo partido de pretempada, contra o Deportivo Cali, e que se saldou con derrota (3–1).[26]
O 28 de xullo confirmouse a localización do encontro contra o Celta de Vigo en favor do fútbol base galego, sendo o estadio de Pasarón o recinto elixido.[27] Ademais, o club confirmou a incorporación do centrocampista arxentino Luis Fariña, cedido unha campaña polo Benfica.[28]
O 8 de agosto deuse a coñecer que a firma lucense Enfíos Texgroup será a encargada de relanzar a marca de roupa oficial do club, RCD Sport, nas vindeiras datas.[29] Tamén anunciouse a incorporación da sétima fichaxe da pretempada, o dianteiro portugués Ivan Cavaleiro, cedido por unha tempada polo Benfica.[30]
O 13 de agosto o Celta de Vigo levouse o derbi galego amigable (0–2), conquistando o I Trofeo Federación Galega de Fútbol, no estadio de Pasarón.[31]
O 14 de agosto presentouse a oitava incorporación no mercado estival, o mediocampista bosníaco Haris Medunjanin, que firmou por tres campañas.[32]
O 22 de agosto rescindiron os seus contratos Rudy e Javier Arizmendi.[33][34]
O 23 de agosto iniciouse o campionato de Liga, caendo fronte o Granada a domicilio (2–1), no que anotou Ivan Cavaleiro o seu primeiro tanto.[35]
O 27 de agosto o club decidiu non prorrogar a cesión de Borja Bastón, quedando así desvinculado.[36] Igualmente, rescindiron o seu contrato co club Stefan Deak, Oumar Sidibé e Felipe Ramos.[37]
O 1 de setembro, derradeiro día do mercado de fichaxes, firmaron polo Deportivo Hélder Postiga (chegando libre),[38] Juanfran Moreno (cedido polo Real Betis)[39] e Sidnei Rechel (cedido polo Benfica).[40] Esa mesma noite anunciouse a lista de dorsais dos xogadores.[41]
O 2 de setembro anunciouse a derradeira incorporación, o central francés Modibo Diakité, que pechou o mercado de fichaxes do club para a tempada 2014–15.[42]
O 11 de setembro firmouse un acordo co hospital HM Modelo para ser o centro médico oficial do club para as próximas tres campañas.[43]
O 12 de setembro anunciouse que o presidente do Deportivo recibirá o premio Taiwan Experience o día 14.[44] Ademais, esa mañá firmouse un acordo coa cadea hoteleira Meliá Hotels para albergar o Deportivo nos seus desprazamentos.[45]
O 18 de setembro, o club, dentro do eido de redución da débeda, anunciou un acordo cun "prestixioso grupo hostaleiro coruñés" para a explotación da Sala de Eventos e Sala Boite do complexo hostaleiro Playa Club, a partir de xaneiro de 2015, deixando así de estar presente o Deportivo na actividade hostaleira.[46]
O 29 de setembro, o ex asesor xurídico do club e candidato á presidencia Germán Rodríguez Conchado, dirixiuse ao presidente do Deportivo para reclamarlle 2.759.416,17 euros en concepto de honorarios polos seus servizos na fase común do concurso de acredores e en diferentes incidentes.[47]
O 1 de outubro o club informou que conta cunha masa social de 23.745 abonados, superior á dos dous anos anteriores nas mesmas datas.[48] Ademais, ese día anunciouse un nove amigable, que será o xoves 9 de outubro coincidindo co parón ligueiro, fronte o Ordes (de Terceira División) no campo de Vista Alegre.[49] Días máis tarde foi adiado até nova data, por mor da cantidade de baixas de xogadores.[50]
O 2 de outubro informouse dun novo acordo co grupo hostaleiro Meliá Hotels para que os socios do Deportivo puidesen obter un 7% de desconto nas súas reservas.[51]
O 15 de outubro o club informou de que liquidou a débeda concursal con carácter de privilexio especial, máis intereses, que mantiña coa Tesorería General de la Seguridad Social, sendo a suma liquidada de 158.553,18 euros.[52] Ese mesmo día firmouse un acordo de colaboración co Club Básquet Coruña, contemplando descontos para os socios de ambas entidades que desexen ver os partidos do outro, así como abonarse.[53]
O 19 de outubro o equipo logrou unha vitoria fronte o Valencia CF (3–0) logo de catro xornadas sen vencer, facendo a súa primeira aparición nesta campaña Fabricio, Juan Carlos Real e Lucas Pérez, que ademais anotou un gol.[54]
O 21 de outubro o club puxo a disposición do Club Básquet Coruña parte das dependencias do estadio de Riazor para a súa xestión diaria, logo de sufrir un incendio na súa sede.[55]
O 22 de outubro anunciouse a convocatoria a Xunta Xeral de Accionistas, con carácter ordinario e extraordinario, para o 24 ou 25 de novembro, na que, entre outros puntos, se votará unha proposta de ampliación do capital social da entidade.[56] Ao día seguinte, o presidente Tino Fernández explicou en rolda de prensa que a ampliación de capital nace como un compromiso coa AEAT en marzo de 2014, que se desenvolvería en 5 fases ao longo de 25 meses, cuxa operación máxima é de 7.819.971,60 euros (se se cobre nas dúas primeiras fases), sendo esta a cifra idéntica ao capital social actual, divido en 150.118 accións de 60,10 euros cada unha; ou 6.000.000 de euros no caso de chegar ás fases 3, 4 ou 5.[57]
O 5 de novembro anunciouse un novo patrocinador, esta vez para as medias dos uniformes. Trátase da empresa asiática Sockatyes.[58]
O 6 de novembro o club informou que anticipou o pago da cota do mes de xaneiro de 2015 do acordo firmado coa Agencia Tributaria, ingreso de 2 millóns de euros, máis intereses. Así, o Deportivo atópase ao día de todas as súas obrigas fiscais.[59]
O 25 de novembro celebrouse a Xunta Xeral de Accionistas, con carácter ordinario e extraordinario, na que se aprobaron por ampla maioría todas as propostas do Consello de Administración, incluída a ampliación de capital.[60]
O 30 de novembro, horas antes do encontro da 13ª xornada ante o Atlético de Madrid no estadio Vicente Calderón, faleceu un seareiro do Deportivo logo dunha liorta entre ultras dos dous equipos, no que 12 persoas resultaron feridas.[61] O club emitiu un comunicado rexeitando "de forma contundente calquera tipo de violencia que prexudica ao deporte, ao fútbol e á Liga", así como enviou a súa solidariedade aos familiares e amigos da vítima.[62]
O 2 de decembro o club anunciou que pechaba a bancada de Maratón Inferior do estadio de Riazor durante dous partidos, en repulsa aos acontecementos violentos ocorridos en Madrid, así como ofrece prezos populares para o partido da 14ª xornada en Riazor fronte o Málaga CF, ao prezo dun euro.[63][64]
O 3 de decembro o equipo xogou o seu primeiro partido na edición 2014–15 da Copa do Rei, nun partido en Riazor con pouca afluencia de público e coa bancada de Maratón Inferior pechada, que acabou en empate (1–1) e no que se gardou un minuto de silenzo polo seareiro asasinado en Madrid. Neste partido debutou co primeiro equipo o mediapunta coruñés Marcos Remeseiro.[65][66] Ese mesmo día, o presidente da LFP, Javier Tebas, destituíu a Augusto César Lendoiro como embaixador da Liga logo de asistir ao enterro do seareiro asasinado, cargo que lle fora concedido ao remate da pasada tempada.[67]
O 4 de decembro a directiva da Federeación de Peñas Deportivistas presentou a súa "dimisión irrevogábel", que se fará efectiva a final de temporada, alegando falta de confianza no Consello de Administración do Club e aclarando que non vendeu ou puxo en disposición de Riazor Blues entradas para o partido contra o Atlético de Madrid.[68] Horas máis tarde o club publicou un comunicado aclarando que transmitiu "toda a información dispoñible proporcionada polos responsables da xestión de venda de entradas" para o partido contra o Atlético de Madrid, así como pide que se solucionen os feitos.[69]
O 13 de decembro medio centenar de peñas deportivistas emitiron un comunicado respaldando á peña Riazor Blues, pedindo que se "deixe de criminalizar, desde os medios de comunicación, á afección de Riazor", así como critican a actitude do Consello de Administración.[70]
O 14 de decembro o club emitiu un novo comunicado ante a situación de malestar e desunión entre os afeccionados, pedindo desculpas polas medidas levadas a cabo polo Consello de Administración que puideran molestar aos seareiros, e alentando á unión para afrontar os seguintes partidos.[71]
O 15 de decembro o equipo logrou a súa terceira vitoria da temporada, 7 xornadas despois da anterior, ante o Elche CF en Riazor (1–0).[72]
0 18 de decembro o equipo caeu no partido de volta dos 1/16 de final da Copa do Rei ante o Málaga CF (4–1), quedando eliminado da competición polo resultado global (5–2). Neste partido debutou en partido oficial esta tempada o centrocampista portugués Diogo Salomão.[73]
O 23 de decembro o club anunciou que se persoará no procedemento penal aberto polo suposto amaño do partido entre o Levante UD e o Real Zaragoza da tempada 2010–11.[74]
O 29 de decembro o club anunciou a primeira incorporación para a tempada 2015–16. Trátase do defensa lateral cántabro Saúl García, que firmou por catro tempadas, xogando cedido o que resta da actual campaña no seu club de procedencia, o Racing de Santander.[75]
O 31 de decembro Modibo Diakité rematou contrato deixando unha ficha libre.[76]
O 5 de xaneiro pasou reconoñecemento médico e firmou contrato até o remate da tempada o dianteiro catalán Oriol Riera, converténdose así na primeira fichaxe invernal para reforzar o cadro de xogadores.[77]
O 14 de xaneiro anunciouse a incorporación do mediocampista costarriqueño Celso Borges, cedido polo AIK Fotboll até o final da tempada.[78] Igualmente, o club anunciou a cesión do lateral Diego Seoane ao Lugo, tamén até o final da tempada.[79]
O 20 de xaneiro firmou polo Deportivo o atacante portugués Hélder Costa, cedido até o final da tempada polo Benfica.[80]
O 26 de xaneiro o club e Juan Carlos Real firmaron a resolución do contrato do xogador, que remataba o 30 de xuño, saíndo cedido ao CD Tenerife e gardando o Deportivo unha opción de repesca ao remate da campaña.[81]
O 29 de xaneiro anunciouse a contratación do defensa Borja López, cedido polo AS Monaco até o final da tempada, sen opción de compra. Días máis tarde pasou recoñecemento médico.[82]
O 21 de febreiro disputouse a volta do Derbi galego, caendo novamente o Deportivo ante o Celta de Vigo, esta vez en Riazor (0–2).[83]
O 18 de marzo o centrocampista polaco Cezary Wilk sufriu unha fractura nun pé durante un adestramento que lle obrigará a pasar polo quirófano.[84] Días máis tarde anunciouse que sería operado o 24 de marzo.[85]
O 22 de marzo produiuse o debut en liga do portugués Diogo Salomão, nun empate en Riazor entre o Deportivo e o RCD Espanyol (0–0).[86] Ese mesmo día faleceu o ex deportivista Miche, defensa na tempada 1962–63, anunciado polo club días despois.[87]
O 8 de abril anunciouse o cesamento do adestrador Víctor Fernández, debido aos malos resultados, aínda que deixando o equipo fóra do descenso.[88] O seu substituto foi o ex xogador branquiazul Víctor Sánchez del Amo, anunciado un día despois.[89]
O 12 de abril o club comunicou un novo acordo de patrocinio para as medias do uniforme, lucindo o logotipo do videoxogo Pro Evolution Soccer 2015.[90]
O 20 de abril o club anunciou que recoñecía unha débeda co adestrador José Luis Oltra e o seu segundo, Chema Sanz, cuantificada en 670.000 euros e que chegaban a un acordo de pagamento, retirando estes as denuncias interpostas contra o club.[91]
O 9 de maio no partido entre o Athletic Club e o Deportivo que acabou en empate (1–1), Albert Lopo igualou o número de cartóns amarelos en Primeira División que tiña Fernando Hierro (156), superándoo no seguinte encontro.[92]
O 10 de maio faleceu o ex deportivista Juan Emery, porteiro do equipo entre as tempadas 1959–60 e 1961–62, todas elas en Segunda División, aínda que logrando o ascenso na última.[93]
O 17 de maio o Deportivo coñeceu de novo a vitoria (100 días despois da última) na xornada 36, fronte o Levante UD en Riazor (2–0).[94] Levaba 14 xornadas sen gañar, igualando o seu peor rexistro na máxima categoría, na tempada 1965–66.[95]
O 23 de maio o equipo certificou a permanencia en Primeira División, no derradeiro encontro da campaña, logo de empatar fronte o FC Barcelona no Camp Nou (2–2) tras ir perdendo por dous tantos.[96] O tanto que valeu a permanencia obrouno Diogo Salomão, que estreou o seu marcador nesta campaña.[97]
O equipamento do Deportivo foi proporcionado por Lotto e os patrocinadores foron Estrella Galicia e Abanca.
No. | Pos. | Nac. | Nome | Liga | Copa | Total | Disciplina | |||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Apps | Goles | Apps | Goles | Apps | Goles | |||||||
1 | POR | Germán Lux | 7 | 0 | 2 | 0 | 9 | 0 | 1 | |||
2 | DEF | Manuel Pablo | 5 | 0 | 2 | 0 | 7 | 0 | 1 | |||
3 | DEF | Roberto Canella | 9 | 0 | 1 | 0 | 10 | 0 | ||||
4 | MED | Álex Bergantiños | 33 | 0 | 1 | 0 | 34 | 0 | 5 | |||
5 | DEF | Pablo Insua | 17 | 0 | 1 | 0 | 18 | 0 | 6 | |||
6 | MED | José Rodríguez | 25 | 2 | 2 | 0 | 27 | 2 | 6 | |||
7 | MED | Lucas Pérez | 21 | 6 | 0 | 0 | 21 | 6 | 6 | |||
8 | MED | Haris Medunjanin | 24 | 2 | 1 | 0 | 25 | 2 | 5 | |||
9 | DIA | Hélder Postiga | 14 | 1 | 2 | 1 | 16 | 2 | 4 | 1 | ||
10 | MED | Juan Domínguez | 22 | 1 | 2 | 0 | 24 | 1 | 3 | |||
11 | MED | Juanfran Moreno | 34 | 1 | 0 | 0 | 34 | 1 | 4 | |||
12 | DEF | Sidnei Rechel | 32 | 0 | 0 | 0 | 32 | 0 | 10 | |||
13 | POR | Fabricio Agosto | 31 | 0 | 0 | 0 | 31 | 0 | 3 | |||
14 | MED | Isaac Cuenca | 27 | 2 | 2 | 0 | 29 | 2 | 1 | |||
15 | DEF | Laure Sanabria | 19 | 0 | 2 | 0 | 21 | 0 | 5 | |||
16 | DEF | Luisinho Correia | 34 | 0 | 1 | 0 | 35 | 0 | 11 | 1 | ||
17 | MED | Diogo Salomão | 6 | 1 | 1 | 0 | 7 | 1 | ||||
18 | DIA | Toché | 25 | 4 | 1 | 1 | 26 | 5 | 6 | |||
19 | DIA | Ivan Cavaleiro | 34 | 3 | 0 | 0 | 34 | 3 | 6 | |||
20 | MED | Cezary Wilk | 11 | 0 | 1 | 0 | 12 | 0 | 2 | |||
21 | DIA | Oriol Riera | 21 | 4 | 0 | 0 | 21 | 4 | 3 | |||
22 | MED | Celso Borges | 17 | 3 | 0 | 0 | 17 | 3 | 6 | |||
23 | DEF | Albert Lopo | 30 | 2 | 2 | 0 | 32 | 2 | 16 | 1 | ||
24 | MED | Luis Fariña | 21 | 1 | 0 | 0 | 21 | 1 | 1 | 1 | ||
25 | DEF | Borja López | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | ||||
28 | MED | Marcos Remeseiro | 0 | 0 | 1 | 0 | 1 | 0 | ||||
32 | DIA | Hélder Costa | 6 | 0 | 0 | 0 | 6 | 0 |
No. | Pos. | Nac. | Nome | Liga | Copa | Total | Disciplina | |||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Apps | Goles | Apps | Goles | Apps | Goles | |||||||
21 | DEF | Modibo Diakité | 2 | 0 | 1 | 0 | 3 | 0 | 1 | |||
22 | DEF | Diego Seoane | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | ||||
25 | MED | Juan Carlos Real | 2 | 0 | 2 | 0 | 4 | 0 |
Pos |
Equipo |
X |
G |
E |
P |
GF |
GC |
DG |
Pts | Clasificación ou descenso |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
12 | Real Sociedad | 38 | 11 | 13 | 14 | 44 | 51 | −7 | 46 | |
13 | Elche (D) | 38 | 11 | 8 | 19 | 35 | 62 | −27 | 41 | Descenso á Segunda División 2015–16 |
14 | Levante | 38 | 9 | 10 | 19 | 34 | 67 | −33 | 37 | |
15 | Getafe | 38 | 10 | 7 | 21 | 33 | 64 | −31 | 37 | |
16 | Deportivo da Coruña | 38 | 7 | 14 | 17 | 35 | 60 | −25 | 35 | |
17 | Granada | 38 | 7 | 14 | 17 | 29 | 64 | −35 | 35 | |
18 | Eibar | 38 | 9 | 8 | 21 | 34 | 55 | −21 | 35 | |
19 | Almería (D) | 38 | 8 | 8 | 22 | 35 | 64 | −29 | 32 | Descenso á Segunda División 2015–16 |
20 | Córdoba (D) | 38 | 3 | 11 | 24 | 22 | 68 | −46 | 20 |
Fonte:
Regras de clasificación:
1) puntos; 2) puntos do cara a cara; 3) diferenza de goles do cara a cara; 4) goles marcados no cara a cara; 5) diferenza de goles; 6) número de goles marcados.
(C) = Campión; (D) = Descendido; (P) = Promocionado; (E) = Eliminado; (O) = Campión do play-off; (A) = Avanza de rolda.
Só aplicable mentres a tempada non está rematada:
(Q) = Clasificado para o torneo indicado; (TQ) = Clasificado para o torneo, pero non aínda para a fase específica indicada; (DQ) = Descualificado do torneo.
Cara a cara: usado cando o resultado do enfrontamento cara a cara é usado para clasificar os equipos empatados.
Vitoria Empate Derrota Aprazado
LFP World Challenge 22 de xullo de 2014 | Independiente Santa Fe | 1 – 0 | Deportivo | Bogotá, Colombia | ||
20:00 EST | Seijas 13' | Informe | Estadio: El Campín Asistencia: 8.000 Árbitro: Imer Machado | |||
LFP World Challenge 24 de xullo de 2014 | Deportivo Cali | 3 – 1 | Deportivo | Cali, Colombia | ||
20:00 EST | Sergio 57' Yerson 73' Ramírez 88' |
Informe | Bergantiños 84' | Estadio: Olímpico Pascual Guerrero Asistencia: 20.000 Árbitro: Wilson Lamorux | ||
Amigable 31 de xullo de 2014 | Académica de Coimbra | 0 – 0 | Deportivo | Coímbra, Portugal | ||
21:00 UTC±0 | Informe | Estadio: Cidade de Coimbra Árbitro: Tiago Antunes | ||||
Amigable 2 de agosto de 2014 | Braga | 1 – 0 | Deportivo | Braga, Portugal | ||
19:00 UTC±0 | Sasso 85' | Informe | Estadio: Municipal de Braga Árbitro: Jorge Sousa | |||
Amigable 5 de agosto de 2014 | Racing de Ferrol | 0 – 2 | Deportivo | Monforte de Lemos, Galicia | ||
19:30 CEST | Informe | Fariña 56' Toché 84' |
Estadio: A Pinguela Árbitro: Cid Parga | |||
Teresa Herrera 9 de agosto de 2014 | Deportivo | 3 – 0 | Nacional de Montevideo | A Coruña, Galicia | ||
20:30 (CEST) | Fariña 8' 12' Toché 56' |
Informe | Estadio: Riazor Asistencia: 9.000 Árbitro: Ignacio Iglesias Villanueva | |||
Teresa Herrera 10 de agosto de 2014 | Deportivo | 1 – 0 | Sporting de Gijón | A Coruña, Galicia | ||
20:30 (CEST) | A. Serrano 40' (p.p.) | Informe | Estadio: Riazor Asistencia: 11.000 Árbitro: Carlos Velasco Carballo | |||
Amigable 13 de agosto de 2014 | Celta de Vigo | 2 – 0 | Deportivo | Pontevedra, Galicia | ||
21:30 CEST | Nolito 49' Larrivey 74' |
Informe | Estadio: Pasarón Asistencia: 7.500 Árbitro: Ignacio Iglesias Villanueva | |||
Amigable 16 de agosto de 2014 | Ponferradina | 3 – 2 | Deportivo | Ponferrada, España | ||
20:00 CEST | Yuri 23' Infante 56' Sobrino 86' |
Informe | J. Domínguez 39' Toché 75' |
Estadio: El Toralín Asistencia: 3.000 Árbitro: Víctor Areces Franco | ||
50º aniv. Laracha CF 4 de setembro de 2014 | Laracha | 0 – 3 | Deportivo | A Laracha, Galicia | ||
20:30 CEST | Informe | Remeseiro 14' Cardoso 18' Wilk 85' |
Estadio: Campo Municipal da Laracha Asistencia: 1.500 Árbitro: López Fernández | |||
Amigable 11 de setembro de 2014 | Arousa | 1 – 3 | Deportivo | Vilagarcía de Arousa, Galicia | ||
20:30 CEST | Santi 30' | Informe | Cavaleiro 21' Toché 28' Postiga 37' |
Estadio: A Lomba Asistencia: 1.800 Árbitro: Antonio Loira Rodríguez | ||
Amigable 25 de marzo de 2015 | Ordes | 0 – 2 | Deportivo | Ordes, Galicia | ||
20:00 CET | Informe | Borja L. 57' Cardoso 60' |
Estadio: Vista Alegre | |||
1 23 de agosto de 2014 | Granada | 2 – 1 | Deportivo | Granada | ||
21:00 CEST | Rochina 54' El-Arabi 67' Babin 77' |
Informe | Cavaleiro 20' Luisinho 41' Lopo 56' J. Rodríguez 76' |
Estadio: Los Cármenes Árbitro: Iñaki Bikandi Garrido | ||
2 31 de agosto de 2014 | Deportivo | 2 – 2 | Rayo Vallecano | A Coruña | ||
21:00 CEST | J. Rodríguez 6' 37' Lopo 26' Insua 45' Laure 83' Cuenca 90' (p.) |
Informe | Bueno 40' 72' Quini 43' Tito 52' Baena 84' Zé Castro 88' Trashorras 89' Abdoulaye 90' |
Estadio: Riazor Asistencia: 18.054[98] Árbitro: José Luis González González | ||
3 15 de setembro de 2014 | Eibar | 0 – 1 | Deportivo | Éibar (Guipúscoa) | ||
20:45 CEST | Informe | J. Domínguez 12' Cavaleiro 15' Medunjanin 31' Hélder 53' Lopo 78' Fabricio 83' Sidnei 87' |
Estadio: Ipurua Árbitro: Mario Melero López | |||
4 20 de setembro de 2014 | Deportivo | 2 – 8 | Real Madrid | A Coruña | ||
16:00 CEST | Medunjanin 50' (pen.) Sidnei 64' Toché 83' |
Informe | Ronaldo 28' 41' 77' James 35' Ramos 49' Bale 65' 74' Chicharito 87' 89' |
Estadio: Riazor Asistencia: 27.685[99] Árbitro: Pedro Jesús Pérez Montero | ||
5 23 de setembro de 2014 | Celta de Vigo | 2 – 1 | Deportivo | Vigo (Pontevedra) | ||
22:00 CEST | Nolito 3' Fontàs 41' Larrivey 71' 71' Orellana 77' |
Informe | Cuenca 53' Luisinho 68' Laure 75' Sidnei 77' |
Estadio: Balaídos Árbitro: Carlos del Cerro Grande | ||
6 28 de setembro de 2014 | Deportivo | 0 – 1 | Almería | A Coruña | ||
17:00 CEST | Laure 2' Lopo 89' |
Trujillo 32' Ximo 40' Dubarbier 62' Rubén 85' Édgar 89' |
Estadio: Riazor Asistencia: 19.843[100] Árbitro: José Antonio Teixeira Vitienes | |||
7 5 de outubro de 2014 | Sevilla | 4 – 1 | Deportivo | Sevilla | ||
12:00 CEST | Mbia 9' 24' 56' Coke 29' Bacca 39' Vitolo 62' |
Informe | Medunjanin 31' Lux 67' Wilk 77' |
Estadio: Ramón Sánchez Pizjuán Árbitro: Jesús Gil Manzano | ||
8 19 de outubro de 2014 | Deportivo | 3 – 0 | Valencia | A Coruña | ||
17:00 CEST | Mustafi 36' (p.p.) Lucas P. 43' Fariña 57' Toché 72' 86' Juanfran 76' J. Rodríguez 89' |
Informe | F. Augusto 35' Feghouli 71' P. Alcácer 77' D. Parejo 89' |
Estadio: Riazor Asistencia: 21.908[101] Árbitro: Javier Estrada Fernández | ||
9 26 de outubro de 2014 | Espanyol | 0 – 0 | Deportivo | Cornellà (Barcelona) | ||
17:00 CET | Víctor S. 52' Álvaro 79' |
Informe | Luisinho 37' Medunjanin 53' Hélder 69' Insua 80' |
Estadio: Power8 Stadium Árbitro: Carlos Velasco Carballo | ||
10 31 de outubro de 2014 | Deportivo | 1 – 2 | Getafe | A Coruña | ||
20:45 CET | Wilk 31' Cavaleiro 59' Hélder 79' |
Informe | Yoda 34' Lafita 46' 62' |
Estadio: Riazor Asistencia: 20.150[102] Árbitro: Alejandro Hernández Hernández | ||
11 7 de novembro de 2014 | Córdoba | 0 – 0 | Deportivo | Córdoba | ||
20:45 CET | Luso 17' I. López 28' Pinillo 43' Pantić 58' |
Informe | Hélder 15', 28' | Estadio: Nuevo Arcángel Árbitro: Antonio Miguel Mateu Lahoz | ||
12 22 de novembro de 2014 | Deportivo | 0 – 0 | Real Sociedad | A Coruña | ||
22:00 CEST | Juanfran 32' Medunjanin 36' Lopo 89' |
Informe | Ansotegi 52' | Estadio: Riazor Asistencia: 18.521[103] Árbitro: Eduardo Prieto Iglesias | ||
13 30 de novembro de 2014 | Atlético de Madrid | 2 – 0 | Deportivo | Madrid | ||
12:00 CET | Mandžukić 32' Giménez 38' Saúl 42' Arda 54' |
Informe | Juanfran 12' Insua 39' |
Estadio: Vicente Calderón Árbitro: José Antonio Teixeira Vitienes | ||
14 6 de decembro de 2014 | Deportivo | 0 – 1 | Málaga | A Coruña | ||
22:00 CET | Luisinho 60' Sidnei 61' Cuenca 73' Toché 86' |
Informe | Kameni 11' Antunes 24' Samu 50' Darder 22' |
Estadio: Riazor Asistencia: 17.662[104] Árbitro: Jesús Gil Manzano | ||
15 15 de decembro de 2014 | Deportivo | 1 – 0 | Elche | A Coruña | ||
20:45 CET | Fariña 21' Lopo 50' Cavaleiro 52' Bergantiños 56' Luisinho 68' Fabri 89' |
Informe | Damián S. 32' Alonso 34' |
Estadio: Riazor Asistencia: 14.167[105] Árbitro: Mario Melero López | ||
16 21 de decembro de 2014 | Villarreal | 3 – 0 | Deportivo | Vila-real (Castelló) | ||
12:00 CET | J. dos Santos 9' Vietto 62' 72' Bruno 74' Pina 80' |
Informe | Sidnei 55' Toché 60' Lopo 70' |
Estadio: El Madrigal Árbitro: José Luis González González | ||
17 3 de xaneiro de 2015 | Deportivo | 1 – 0 | Athletic Club | A Coruña | ||
22:00 CET | Cavaleiro 24' J. Domínguez 84' |
Informe | Unai L. 62' | Estadio: Riazor Asistencia: 20.166[106] Árbitro: Alberto Undiano Mallenco | ||
18 9 de xaneiro de 2015 | Levante | 0 – 0 | Deportivo | Valencia | ||
20:45 CET | Casadesús 39' Barral 42' Nikos 68' D. Navarro 74' |
Informe | Bergantiños 33' Lopo 42' Sidnei 72' |
Estadio: Ciutat de València Árbitro: Pedro Jesús Pérez Montero | ||
19 18 de xaneiro de 2015 | Deportivo | 0 – 4 | Barcelona | A Coruña | ||
19:00 CET | Riera 59' Toché 64' |
Informe | Messi 10' 32' 61' Bartra 67' Alves 77' Sidnei 83' (p.p.) |
Estadio: Riazor Asistencia: 25.173[107] Árbitro: Juan Martínez Munuera | ||
20 25 de xaneiro de 2015 | Deportivo | 2 – 2 | Granada | A Coruña | ||
12:00 CET | J. Rodríguez 33' 42' Lucas P. 37' 54' J. Domínguez 47' Fariña 86' |
Informe | Piti 6' J. Carlos 74' R. Ibáñez 83' F. Rico 86' J. Córdoba 89' |
Estadio: Riazor Asistencia: 18.827[108] Árbitro: Carlos del Cerro Grande | ||
21 30 de xaneiro de 2015 | Rayo Vallecano | 1 – 2 | Deportivo | Madrid | ||
20:45 CET | Zé Castro 29' Bueno 67' Abdoulaye 70' Baena 88' |
Informe | Borges 10' 72' J. Rodríguez 39' Sidnei 51' Laure 52' Lucas P. 58' Insua 89' |
Estadio: Campo de Fútbol de Vallecas Árbitro: Eduardo Prieto Iglesias | ||
22 6 de febreiro de 2015 | Deportivo | 2 – 0 | Eibar | A Coruña | ||
20:45 CET | Lucas P. 52' 53' Insua 60' Cavaleiro 78' |
Informe | Dani G. 53' Borja 83' Ekiza 88' |
Estadio: Riazor Asistencia: 16.898[109] Árbitro: Carlos Velasco Carballo | ||
23 14 de febreiro de 2015 | Real Madrid | 2 – 0 | Deportivo | Madrid | ||
18:00 CET | Isco 22' Nacho 47' Benzema 72' Arbeloa 78' |
Informe | Borges 44' M. Pablo 60' Lopo 83' Laure 87' |
Estadio: Santiago Bernabéu Árbitro: Javier Estrada Fernández | ||
24 21 de febreiro de 2015 | Deportivo | 0 – 2 | Celta de Vigo | A Coruña | ||
22:00 CET | Lopo 5', 72' Luisinho 53' Lucas P. 64' |
Informe | Charles 46' 58' Nolito 65' Larrivey 81' Sergio Á. 85' Sergi G. 86' |
Estadio: Riazor Asistencia: 30.334[110] Árbitro: Pedro Jesús Pérez Montero | ||
25 28 de febreiro de 2015 | Almería | 0 – 0 | Deportivo | Almería | ||
20:00 CET | Thievy 26', 54' Ximo 53' Édgar 71' Michel M. 89', 89' |
Informe | Luisinho 23' J. Rodríguez 44' Borges 85' |
Estadio: Juegos Mediterráneos Árbitro: Jesús Gil Manzano | ||
26 7 de marzo de 2015 | Deportivo | 3 – 4 | Sevilla | A Coruña | ||
16:00 CET | Riera 27' 71' Bergantiños 63' Lucas P. 89' (pen.) |
Informe | Vitolo 32' 51' Iborra 42' Krychowiak 44' Banega 48' Gameiro 64' Sidnei 82' (p.p.) D. Figueiras 85' |
Estadio: Riazor Asistencia: 21.555[111] Árbitro: José Antonio Teixeira Vitienes | ||
27 13 de marzo de 2015 | Valencia | 2 – 0 | Deportivo | Valencia | ||
20:45 CET | Rodrigo 44' D. Parejo 61' (pen.) P. Alcácer 72' |
Informe | Cavaleiro 23' Luisinho 27' |
Estadio: Mestalla Árbitro: Alfonso J. Álvarez Izquierdo | ||
28 22 de marzo de 2015 | Deportivo | 0 – 0 | Espanyol | A Coruña | ||
12:00 CET | Lopo 33' Sidnei 38' Borges 49' Bergantiños 69' |
Informe | Víctor S. 7' J. López 29' Duarte 42' Álvaro 87' |
Estadio: Riazor Árbitro: Fernando Teixeira Vitienes | ||
29 5 de abril de 2015 | Getafe | 2 – 1 | Deportivo | Xetafe (Madrid) | ||
19:00 CEST | Alexis 17' Escudero 33' D. Castro 75' |
Informe | Cavaleiro 61' Toché 78' Sidnei 80' Lucas P. 89' |
Estadio: Coliseum Alfonso Pérez Árbitro: Carlos Clos Gómez | ||
30 8 de abril de 2015 | Deportivo | 1 – 1 | Córdoba | A Coruña | ||
20:00 CEST | Luisinho 16', 68' Borges 46' Juanfran 72' Medunjanin 73' Florin 81' (p.p.) |
Informe | Krhin 23' Florin 54' F. Cartabia 72' Crespo 89' |
Estadio: Riazor Asistencia: 17.602[112] Árbitro: Eduardo Prieto Iglesias | ||
31 12 de abril de 2015 | Real Sociedad | 2 – 2 | Deportivo | Donostia | ||
19:00 CEST | X. Prieto 33' 66' Ansotegi 39' C. Castro 56' 61' Zaldúa 81' |
Informe | Fabricio 33' Borges 34' Lucas Pérez 39' Cavaleiro 70' Toché 77' Lopo 84' |
Estadio: Anoeta Árbitro: Pedro Jesús Pérez Montero | ||
32 18 de abril de 2015 | Deportivo | 1 – 2 | Atlético de Madrid | A Coruña | ||
18:00 CEST | Toché 53' Sidnei 72' Riera 77' |
Informe | Griezmann 5' 21' Koke 8' R. García 26' Godín 26' Oblak 79' |
Estadio: Riazor Asistencia: 24.693[113] Árbitro: David Fernández Borbalán | ||
33 26 de abril de 2015 | Málaga | 1 – 1 | Deportivo | Málaga | ||
12:00 CEST | Amrabat 47' 71' Weligton 57' S. Sánchez 81' Recio 88' Juanmi 89' |
Informe | Insua 22' Riera 60' |
Estadio: La Rosaleda Árbitro: Javier Estrada Fernández | ||
34 29 de abril de 2015 | Elche | 4 – 0 | Deportivo | Elx (Alacant) | ||
22:00 CEST | Jonathas 6' Lombán 19' Pašalić 53' D. Suárez 85' Rodrigues 89' |
Informe | Lopo 36' Luisinho 42' |
Estadio: Manuel Martínez Valero Árbitro: Alfonso J. Álvarez Izquierdo | ||
35 2 de maio de 2015 | Deportivo | 1 – 1 | Villarreal | A Coruña | ||
22:00 CEST | Borges 50' Riera 69' |
Informe | Mario 40' E. Bailly 44' J. Costa 49' B. Jokić 62' V. Ruiz 74' Moi G. 80' |
Estadio: Riazor Asistencia: 20.817[114] Árbitro: Alejandro Hernández Hernández | ||
36 9 de maio de 2015 | Athletic Club | 1 – 1 | Deportivo | Bilbao | ||
22:00 CEST | Aduriz 13' 39' Laporte 48' De Marcos 66' San José 84' |
Informe | Hélder 77' Lucas P. 84' Lopo 89' 89' Borges 89' |
Estadio: San Mamés Árbitro: Jesús Gil Manzano | ||
37 17 de maio de 2015 | Deportivo | 2 – 0 | Levante | A Coruña | ||
19:00 CEST | Lopo 20' 77' Riera 32' Luisinho 42' Juanfran 79' |
Informe | Sissoko 16' Casadesús 58' |
Estadio: Riazor Asistencia: 30.251[115] Árbitro: José Luis González González | ||
38 23 de maio de 2015 | Barcelona | 2 – 2 | Deportivo | Barcelona | ||
18:30 CEST | Messi 5' 59' Mathieu 75' |
Informe | J. Domínguez 57' Lucas P. 67' Salomão 76' Bergantiños 88' Medunjanin 89' |
Estadio: Camp Nou Árbitro: Carlos Clos Gómez | ||
Ida 3 de decembro de 2014 | Deportivo | 1 – 1 | Málaga | A Coruña | ||
20:00 CET | Diakité 55' Toché 68' 77' |
Informe | Camacho 10' Angeleri 43' Rosales 50' Portillo 88' |
Estadio: Riazor Asistencia: 9.988[116] Árbitro: Antonio Miguel Mateu Lahoz | ||
Volta 18 de decembro de 2014 | Málaga | 4 – 1 | Deportivo | Málaga | ||
22:00 CEST | Santa Cruz 51' 68' Recio 59' Horta 82' Camacho 89' |
Informe | Hélder 57' Lopo 76' |
Estadio: La Rosaleda Árbitro: Juan Martínez Munuera | ||
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.