A Association Sportive de Monaco Football Club, coñecido como AS Mónaco, é un club de fútbol de Mónaco. Foi fundado en 1919 e compite na Ligue 1. Na tempada 2010–11 descendeu á Ligue 2, volvendo ascender na 2012−13.
Monaco | |||
---|---|---|---|
Nome | Association Sportive de Monaco Football Club | ||
Alcume(s) | Les Rouge et Blanc | ||
Fundación | 1919 | ||
Estadio | Stade Louis II, Mónaco | ||
Inauguración | 25 de xaneiro de 1985 | ||
Capacidade | 18 521 | ||
Presidente | Dmitry Rybolovlev | ||
Adestrador | Leonardo Jardim | ||
Liga | Ligue 1 | ||
2016−17 | 1º | ||
Vestimenta | Nike | ||
Patrocinador | Fedcom | ||
Na rede | |||
http://www.asm-fc.com/ | |||
| |||
O AS Mónaco nace en 1919 grazas á fusión de varios equipos polideportivos da cidade: Swimming Club, Monaco Sports, A.S. Beausoleil, Etoile de Monaco e Riviera A.C. Aínda que o equipo é de Mónaco permitíuselle xogar na liga francesa de fútbol.
En 1948 o equipo vólvese profesional. En 1960 o equipo gaña o seu primeiro título, a Copa de Francia, e na tempada seguinte conquista a súa primeira Liga.
No ano 2004 chegou por primeira vez á final da Liga de Campións, onde perderon contra o FC Porto por 3-0.
- Uniforme titular: Camiseta branca e vermella dividida en diagonal desde o ombreiro esquerdo ata o costado dereito, pantalón branco, medias brancas.
- Uniforme alternativo: Camiseta, pantalón e medias ouro.
- Artigo principal: Stade Louis II.
O Stade Louis II é un estadio multipropósito, pero principalmente destinado á práctica do fútbol, situado no Principado de Mónaco. Serve de sede habitual ao AS Mónaco. O seu enderezo é 7, Avenue des Catelans, 98000 Mónaco.[1]
- Tempadas na Ligue 1: 48
- Tempadas en Ligue 2: 0
- Maior goleada conseguida: AS Mónaco 9 - 0 Girondins de Bordeos (tempada 1985-1985-86)
- Maior goleada encaixada: AS Mónaco 0 - 6 Girondins de Bordeos (tempada 2007-08)
- Máximo goleador: Delio Onnis (223 goles)
- Máis partidos disputados: Jean-Luc Ettori (754 partidos)
Cadro actual
Actualizado o 21 de xaneiro de 2015
|
Torneos nacionais
Torneos internacionais
- Copa dos Alpes (3): 1979, 1983, 1984
- Subcampión da Liga de Campións (1): 2004
- Subcampión da Recopa de Europa (1): 1992
Torneos amigables
- Trofeo Teresa Herrera (1): 1963
- Trofeo Mohamed V (1): 1988
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.