Tempo central europeo
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Tempo central europeo, abreviadamente CET (Central European Time), baséase no fuso horario de case toda Europa agás Portugal, Reino Unido e Irlanda, e de África central. Equivale a unha hora máis cá do UTC. Utilizase durante o inverno. Durante o verán aplicase o chamado CEST que equivale a 2 horas máis ca UTC.
Galicia é a rexión máis occidental que utiliza o CET (en concreto o cabo finisterre, a 9º 16' Oeste). Obviamente, tamén é a rexión máis occidental que usa o CEST.
Estes países utilizan UTC+1 durante todo o ano:
Os seguintes países e territorios utilizan o tempo central europeo só durante o inverno, desde as 1:00 (UTC) do último domingo do mes de outubro ata as 1:00 (UTC) do último domingo do mes de marzo. O resto do ano utilizan a Tempo central europeo de verán (CEST, Central European Summer Estafe), que é UTC+2.
Antes da segunda guerra mundial, Lituania utilizaba a CET entre os anos 1920-40. España adoptouna o 16 de marzo de 1940[1], aínda que xeograficamente áchase na área correspondente á Hora de Europa Occidental. Durante a guerra, a CET utilizouse en todos os territorios ocupados por Alemaña. En Francia, Bélxica, Países Baixos e Luxemburgo a CET impúxose a partir de 1940. Logo da guerra, Mónaco, Andorra e Xibraltar adoptaron a CET.
Irlanda e o Reino Unido adoptaron de forma experimental a CET nos anos 1968-1971; con todo, este experimento mostrouse impopular e tivo unha duración breve, principalmente debido ao incremento do número de accidentes na estrada (moitos deles eran nenos de camiño ao colexio) nas escuras mañás do inverno. Portugal utilizou a CET nos anos 1966-1976 e 1992-96.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.