Carlos Wilson Cachicote

futbolista portugués From Wikipedia, the free encyclopedia

Carlos Wilson Cachicote

Carlos Wilson Cachicote da Rocha, coñecido como Rudy, nado en Oeiras (Lisboa) o 1 de maio de 1989, é un futbolista portugués. Xoga de mediapunta e o seu equipo actual é o CF União.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Carlos Wilson Cachicote
Thumb
Biografía
Nacemento1 de maio de 1989 (35 anos)
Oeiras, Portugal
Altura187 cm
Peso70 kg
Actividade
Ocupaciónfutbolista
Período de actividade2008 -
Deportefútbol
Posición de xogoCentrocampista e dianteiro
Traxectoria
  Equipo
2010–2011 Atlético Clube de Portugal 32(10)
2011–2013 Cercle Brugge KSV 66(16)
2013–2014   Deportivo da Coruña 18(0)
2014–2014 Xanthi F.C. 7(0)
2014–2014 cesión:  Clube de Futebol Os Belenenses 5(0)
2015– Clube Recreativo Desportivo do Libolo
  Selección nacional
2014–   Selección de fútbol de Angola
Pechar

Traxectoria

O 23 de xullo de 2013 foi presentado como xogador do Deportivo da Coruña, cun contrato por 2 anos e unha cláusula de rescisión de 6 millóns de euros.[1] O 31 de xaneiro de 2014 anunciouse a súa cesión ao Belenenses. Tralo regreso da cesión na escuadra lusa rescindeu contrato co Deportivo ao non contar coa confianza do adrestrador Víctor Fernández para xogar no equipo herculino, asinando polo cadro grego do Skoda Xanthi.[2] A finais dese mesmo ano partiu cara a terra dos seus devanceiros para se unir ao Recreativo do Libolo, campión da liga angolana[3].

Selección nacional

A nai de Rudy é angolana e o seu pai é santomense. Isto permitiu que Rudy puidese xogar coa selección angolana, sendo convocado o 23 de maio de 2014 para os encontros amigábeis contra Marrocos e Irán[4], aínda que o seu debut tivo lugar o 3 de agosto fronte a Etiopía[5].

Palmarés

Recreativo do Libolo
  • Supertaça de Angola: 2015[6]
  • Primeira División de Angola: 2015[7]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.