From Wikipedia, the free encyclopedia
Durante a tempada 2015–16 o Deportivo da Coruña competiu na Primeira División (afrontando a súa 44ª campaña na máxima categoría), logrando o 15.º posto na clasificación. Tamén competiu na Copa do Rei, alcanzando os oitavos de final.
Tempada 2015–16 | ||||
Presidente | Constantino Fernández | |||
---|---|---|---|---|
Adestrador | Víctor Sánchez del Amo | |||
Estadio | Riazor | |||
Primeira División | 15.º | |||
Copa do Rei | 1/8 de final | |||
Goleador | Lucas Pérez (17 goles) | |||
| ||||
|
O 3 de xuño o club anunciou a renovación de Manu Sotelo por catro tempadas, adestrador de porteiros desde a campaña 2013–14.[1] Ese mesmo día anunciouse que o equipo realizará a concentración de pretempada, entre o 6 e o 17 de xullo, nas instalacións do Hotel Golf Balneario de Guitiriz.[2]
O 4 de xuño anunciouse que o club e Meliá Hotels renovaban a súa vinculación unha campaña máis, con descontos para o club e os socios.[3] Horas máis tarde anunciouse que a lista de convocados por Víctor Sánchez para iniciar a pretempada o 2 de xullo son: Germán Lux, Álex Bergantiños, Pablo Insua, Haris Medunjanin, Juan Domínguez, Fabricio, Laure, Luisinho, Albert Lopo, Diego Seoane, Saúl e Luis Fernández.[4]
O 19 de xuño o club anunciou a fichaxe do defensa Fernando Navarro por dúas tempadas, con opción a outra terceira, logo de desvincularse do Sevilla FC.[5]
O 20 de xuño anunciouse a renovación de Albert Lopo por un ano máis, con opción a dous segundo obxectivos.[6]
O 26 de xuño anunciouse a fichaxe do defensa central Alejandro Arribas, procedente do Sevilla FC, firmando por tres tempadas, con opción a catro.[7]
O 30 de xuño o club anunciou a reincorporación do dianteiro catalán Oriol Riera (logo da cesión de xaneiro a xuño), procedente do Wigan Athletic FC, firmando por tres campañas en propiedade polo Deportivo.[8]
O 6 de xullo anunciouse a incorporación do centrocampista Luis Alberto Romero, cedido por unha tempada polo Liverpool FC, converténdose na terceira fichaxe do club coruñés.[9]
O 16 de xullo anunciouse unha nova cesión do lateral Juanfran Moreno, esta vez procedente do seu novo club, o Watford FC. Chega cedido por unha tempada.[10]
O 22 de xullo o club anunciou un acordo co Benfica para unha nova cesión de Sidnei, por unha campaña.[11]
O 23 de xullo o club deu a coñecer un novo acordo para o financiamento de toda a súa débeda, quedando fixada coas entidades bancarias nun importe total de 14 millóns de euros, cuxo vencemento final queda fixado na tempada 2031–32. Engade que, en total, a débeda privilexiada reduciuse nos últimos 18 meses nun total de 12,2 millóns de euros.[12]
O 24 de xullo anunciouse a fichaxe do centrocampista Cani, firmando por unha temporada, logo de desvincularse do Villarreal CF.[13]
O 27 de xullo firmou por 4 tempadas o centrocampista coruñés Pedro Mosquera, logo de desvincularse do Elche CF.[14]
O 2 de agosto o club presentou o seu Código Ético, que recolle as obrigas que deben ter as persoas que representan o club. Artéllase nunha serie de protocolos internos.[15]
O 3 de agosto anunciouse a fichaxe do centrocampista arxentino Fede Cartabia, cedido por unha campaña polo Valencia CF.[16]
O 6 de agosto o club anunciou a contratación do centrocampista francés Fayçal Fajr, cedido por un ano polo Elche CF, con dous anos máis no suposto de que o club ilicitano non retorne a Primeira División.[17]
O 7 de agosto anunciouse unha nova cesión para o dianteiro burelao Luis Fernández, marchando durante unha tempada ao SD Huesca.[18]
O 8 de agosto anunciouse a cesión do xogador do filial Samuel Piette durante unha tempada ao Racing de Ferrol, de Segunda División B.[19] Horas máis tarde anunciouse a rescisión do contrato do mediocentro portugués, tamén do filial pero tendo debutado co primeiro equipo, Paulo Teles.[20]
O 12 de agosto, tras varias semanas de negociacións, anunciouse a contratación do mediocampista coruñés Lucas Pérez cun contrato por catro tempadas.[21] A súa fichaxe, en propiedade, supuxo un desembolso de 1.500.000 euros para o club branquiazul.[22]
O 15 de agosto o club anunciou a cesión do central arzuán Pablo Insua, por unha tempada, no CD Leganés, de Segunda División.[23]
O 23 de agosto anunciouse un novo amigábel para o 2 de setembro contra o CD Lugo, esta vez en Riazor, e con motivo Memorial Moncho Rivera (organizado polo club coruñés Victoria CF) en beneficio da Cociña Económica da cidade.[24]
O 24 de agosto anunciouse a contratación do porteiro asturiano Manu Fernández, volvendo de novo á disciplina deportivista logo de catro anos, fichando por unha tempada.[25] Horas máis tarde o club anunciou a contratación do atacante uruguaio Jonathan Rodríguez, cedido por unha tempada polo SL Benfica, que xa pasara recoñecemento médico días atrás.[26]
O 31 de agosto o club anunciou a cesión de Bicho, cedido a anterior campaña no FC Barcelona B, ao CD Leganés, de Segunda División. Igualmente, a entidade branquiazul anunciu a saída do tamén xogador do filial Álvaro Queijeiro, cedido por unha campaña ao Pontevedra CF, de Segunda División B.[27]
O 1 de setembro o club anunciou que pagara toda a débeda prevista para a tempada 2015–16, unha cantidade que ascende a 3.169.861,80 euros máis 99.177,59 de xuros.[28]
O 2 de setembro disputouse o XVII Memorial Moncho Rivera (anunciado o 23 de agosto), que se saldou con vitoria deportivista fronte o CD Lugo nos penaltis, logo de empatar o partido (2–2). Co fin benéfico do encontro, lográronse recadar 27.215 euros para a Cociña Económica da Coruña.[29]
O 4 de setembro foi presentado o centrocampista arxentino Jonás Gutiérrez, que firmou por unha tempada polo club coruñés, logo de desvincularse do Newcastle United FC tras o mercado estival.[30] Horas máis tarde, o club anunciou a renovación de Álex Bergantiños e Laure Sanabria, até xuño de 2018.[31]
O 8 de setembro o club anunciou o falecemento de Madriles, porteiro branquiazul na década de 1950.[32]
O 27 de setembro o club anunciou un acordo de patrocinio cos comentaristas chineses "La Liga es divertida". Así, durante unha tempada, verase ese slogan nos pantalóns dos xogadores, en caracteres orientais. A presentación fíxose ao saltar o equipo ao terreo de xogo antes da xornada 6, incluíndose unha pancarta en chinés na que o club felicitou a festa nacional chinesa a todos os seareiros chineses que seguen a Liga.[33]
O 7 de outubro o club deu a coñecer o programa "Destino Riazor", polo cal facilitará o desprazamento a Riazor de socios, peñistas, e seareiros en xeral desde distintos puntos da provincia e do territorio galego, mediante unha rede de rutas en autocar. Estas inícianse en Fisterra, Santiago de Compostela, Cedeira, Verín, Lugo e Pontevedra, con diversas paradas durante o traxecto.[34] Dous días máis tarde anunciarían dous traxectos máis (desde Muros e Ribadeo, respectivamente), facendo así un total de oito rutas.[35]
O 11 de novembro o club anunciou un partido amigable en Melgaço contra o FC Paços de Ferreira o venres día 13, nunha fin de semana de parón ligueiro por partidos das seleccións nacionais.[36] O encontro rematou en empate (0–0).[37]
O 21 de novembro disputouse en Riazor o primeiro derbi galego da tempada, con victoria deportivista (2–0).[38] Durante o transcurso do partido, un seareiro faleceu tras sufrir un paro cardíaco.[39]
O 2 de decembro anunciouse que a FIFA estimara as alegacións formuladas polo club á demanda presentada por Roderick Miranda, nas que esixía 213.750 euros netos dunha suposta débeda, inadmitindo así a pretensión do xogador.[40] Este mesmo día debutou o equipo na edición 2015–16 da Copa do Rei, nunha victoria a domicilio contra o UE Llagostera (1–2). Neste partido estreáronse esta campaña co equipo o meta Manu Fernández, o defensa Saúl García, o mediocampista Haris Medunjanin e os canteiráns Róber Suárez e Miguel Filipe Nunes Cardoso.
O 3 de decembro o club celebrou unha xunta xeral de accionistas, onde se deu a coñecer que a débeda da entidade elévase a 106 millóns de euros (dos cales 63 millóns son coa Axencia Tributaria). Conseguiuse reducir o déficit patrimonial en 7 millóns de euros (sendo este actualmente de 90 millóns), e sacando un beneficio de 6 millóns de euros tras a tempada 2014–15.[41] Con todo, as contas e o orzamento para a tempada 2015–16 foron aprobados por máis do 93% dos accionistas.[42] Ademais, anunciouse a creación, para a seguinte tempada, dun equipo feminino.[43]
O 4 de decembro o meta Fabricio Agosto foi operado con éxito no seu xeonllo esquedo, logo dunha recaída na súa lesión.[44] Estará de baixa uns seis ou sete meses.[45]
O 10 de decembro o club anunciou que a Audiencia Provincial da Coruña desestimou a reclamación do asesor xurídico do anterior Consello de Administración, Germán Rodríguez Conchado, na que demandaba a cantidade de 616.792,02 euros en concepto de honorarios correspondentes a procedementos xudiciais e administrativos durante o ano 2013.[46]
O 24 de decembro anunciouse a cesión do defensa Saúl García, sen minutos en liga, ao CD Tenerife até o final da temporada.[47]
O 4 de xaneiro foi presentado o porteiro internacional croata Stipe Pletikosa como novo xogador do Deportivo. Xogará co dorsal número 13 (en substitución do mancado Fabricio) e firmou por unha campaña con opción a outra máis.[48]
O 7 de xaneiro o club informou da incorporación do centrocampista catalán Pol Calvet para reforzar o equipo filial, por unha tempada con opción a máis.[49]
O 8 de xaneiro, debido a un forte temporal, apareceron asolagadas diversas zonas do estadio de Riazor, ocasionando importantes estragos.[50]
O 20 de xaneiro o Comité de Competición decidiu anular a tarxeta amarela que recibira Pedro Mosquera, no partido fronte á Real Sociedad en Anoeta e que rematou en empate (1–1).[51]
O 29 de xaneiro o club anunciou un acordo con Haris Medunjanin para a rescisión do seu contrato.[52]
O 2 de marzo produciuse o debut na portería do croata Stipe Pletikosa, cunha derrota a domicilio fronte o Athletic Club (4–1).[53]
O 6 de abril o club anunciou a renovación de Germán Lux (por unha tempada) e Celso Borges (por tres tempadas, con opción a unha máis).[54]
O 12 de abril o club lamentou o pasamento do ex xogador Guillermo Muñoz "Hallulla" (que militou entre 1973 e 1978 no Deportivo), finado en Chile o día anterior.[55]
O 8 de maio o equipo certificou a permanencia a falta dunha xornada, logo de vencer o Villarreal CF a domicilio (0–2), tras seis xornadas sen coñecer a victoria.[56]
O 9 de maio o club anunciou que imporá a súa máxima distinción, a insignia de ouro e brillantes, a Arsenio Iglesias nun acto que terá lugar no descanso do derradeiro partido de liga, fronte o Real Madrid en Riazor.[57]
O 12 de maio o representante de Luisinho ofreceu unha rolda de prensa onde acusou a Víctor Sánchez del Amo de "querer destruír" a carreira do xogador, logo de varias xornadas afastado do equipo por decisión técnica, alegando motivos persoais entre eles. Indicou que todo ocorreu tras unha liorta nun adestramento entre Lucas Pérez e Oriol Riera, na que se propiciou un enfrontamento entre Luisinho e Víctor. Ademais, engadiu que o adestrador manipulou o equipo de xogadores en contra do lateral.[58][59][60]
Nun ambiente moi turbado (onde tamén se afastou do grupo a Albert Lopo por decisión técnica), e con declaracións por parte de diversos xogadores do equipo, o 13 de maio Víctor Sánchez ofreceu unha extensa rolda de prensa na que informou que o xogador catalán fora afastado por "negarse a adestrar en dúas ocasións" e supoñéndolle un "comportamento bipolar" dependendo de se ibar xogar ou non. Centrándose no caso de Luisinho informou que, xa estando advertido polo club do seu "comportamento conflictivo", os problemas comezaron no segundo partido no que contou con el, na tempada 2014–15, repetíndose posteriorme en diversas ocasións. Lembrou o incidente deste con Alejandro Arribas durante un adestramento (e a posterior suspensión de catro días a Luisinho por parte do club) e louvou o seu bo comportamento a partir dese incidente. Porén, segundo empeza a non entrar nos cadros de xogadores indicou que a súa actitude cambia e que chegou a "ameazar o adestrador dicindo que tiña que xogar, e que senón, íalle crear moitos problemas". Tras o mencionado incidente entre Lucas e Oriol, a finais de abril, abríuselle un novo expediente por "faltar ao respecto ao adestrador, compañeiros e director deportivo". Finalmente, Víctor engadiu que "a estes xogadores déuselles moitas oportunidades de reaccionar, tanto que até o grupo sentiuse ofendido".[61][62]
O 16 de maio o equipo pechou a temporada cunha derrota fronte o Real Madrid en Riazor (0–2). No descanso, Arsenio Iglesias foi homenaxeado coa insignia de ouro e brillantes, máxima distinción do club, e foi nomeado "lenda branquiazul".[63]
O 19 de maio a Comisión Antiviolencia anunciou unha multa de 30.000 euros para o Deportivo por ter colaborado cos Riazor Blues na venda de entradas e facilitar o desprazamento desta peña no encontro contra o Celta de Vigo.[64] Horas máis tarde, o club lamentou o pasamento do ex xogador Manuel Quevedo "Pantaleón", ocorrido en Madrid o día anterior.[65]
O equipamento do Deportivo foi proporcionado por Lotto e os patrocinadores foron Estrella Galicia e Abanca.
Data | Pos. | Nome | Procedencia | Prezo |
---|---|---|---|---|
19 de xuño de 2015 | DEF | Fernando Navarro | Sevilla | Libre |
26 de xuño de 2015 | DEF | Alejandro Arribas | Sevilla | Libre |
30 de xuño de 2015 | DIA | Oriol Riera | Wigan Athletic | Libre |
6 de xullo de 2015 | MED | Luis Alberto Romero | Liverpool | Cesión |
16 de xullo de 2015 | DEF | Juanfran Moreno | Watford | Cesión |
22 de xullo de 2015 | DEF | Sidnei Rechel | Benfica | Cesión |
24 de xullo de 2015 | MED | Cani | Villarreal | Libre |
27 de xullo de 2015 | MED | Pedro Mosquera | Elche | Libre |
3 de agosto de 2015 | MED | Fede Cartabia | Valencia | Cesión |
6 de agosto de 2015 | MED | Fayçal Fajr | Elche | Cesión |
12 de agosto de 2015 | MED | Lucas Pérez | PAOK | 1.500.000 € |
24 de agosto de 2015 | POR | Manu Fernández | Alavés | Libre |
24 de agosto de 2015 | DIA | Jonathan Rodríguez | Benfica | Cesión |
4 de setembro de 2015 | MED | Jonás Gutiérrez | Newcastle United | Libre |
4 de xaneiro de 2016 | POR | Stipe Pletikosa | Rostov | Libre |
Data | Pos. | Nome | Destino | Prezo |
---|---|---|---|---|
20 de xullo de 2015 | DEF | Diego Seoane | Ponferradina | Libre |
31 de xullo de 2015 | DIA | Dani Iglesias | Alavés | Libre |
7 de agosto de 2015 | DIA | Luis Fernández | Huesca | Cesión |
8 de agosto de 2015 | MED | Samuel Piette | Racing de Ferrol | Cesión |
8 de agosto de 2015 | MED | Paulo Teles | Rescisión | Libre |
15 de agosto de 2015 | DEF | Pablo Insua | Leganés | Cesión |
31 de agosto de 2015 | MED | Bicho | Leganés | Cesión |
31 de agosto de 2015 | MED | Álvaro Queijeiro | Pontevedra | Cesión |
24 de decembro de 2015 | DEF | Saúl García | Tenerife | Cesión |
29 de xaneiro de 2016 | MED | Haris Medunjanin | Maccabi Tel Aviv | Libre |
No. | Pos. | Nac. | Nome | Liga | Copa | Total | Disciplina | |||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Apps | Goles | Apps | Goles | Apps | Goles | |||||||
1 | POR | Germán Lux | 29 | 0 | 0 | 0 | 29 | 0 | 5 | 1 | ||
2 | DEF | Manuel Pablo | 3 | 0 | 2 | 0 | 5 | 0 | ||||
3 | DEF | Fernando Navarro | 35 | 0 | 0 | 0 | 35 | 0 | 5 | |||
4 | MED | Álex Bergantiños | 22 | 2 | 2 | 0 | 24 | 2 | 3 | |||
5 | MED | Pedro Mosquera | 37 | 0 | 3 | 0 | 40 | 0 | 10 | |||
6 | MED | Cani | 18 | 0 | 1 | 0 | 19 | 0 | 2 | |||
7 | MED | Lucas Pérez | 36 | 17 | 1 | 0 | 37 | 17 | 4 | |||
9 | DIA | Oriol Riera | 22 | 2 | 3 | 1 | 25 | 3 | 3 | |||
10 | MED | Juan Domínguez | 5 | 0 | 4 | 1 | 9 | 1 | ||||
11 | MED | Juanfran Moreno | 35 | 1 | 0 | 0 | 35 | 1 | 4 | |||
12 | DEF | Sidnei Rechel | 33 | 0 | 0 | 0 | 33 | 0 | 2 | |||
13 | POR | Stipe Pletikosa | 2 | 0 | 0 | 0 | 2 | 0 | ||||
14 | DEF | Alejandro Arribas | 31 | 2 | 0 | 0 | 31 | 2 | 9 | 1 | ||
15 | DEF | Laure Sanabria | 23 | 0 | 3 | 0 | 26 | 0 | 6 | |||
16 | DEF | Luisinho Correia | 20 | 0 | 3 | 0 | 23 | 0 | 5 | 2 | ||
17 | MED | Federico Cartabia | 26 | 3 | 3 | 1 | 29 | 4 | 5 | |||
19 | MED | Fayçal Fajr | 38 | 5 | 3 | 0 | 41 | 5 | 3 | |||
20 | DIA | Jonathan Rodríguez | 13 | 0 | 3 | 0 | 16 | 0 | 2 | |||
21 | MED | Luis Alberto Romero | 29 | 6 | 2 | 0 | 31 | 6 | 3 | |||
22 | MED | Celso Borges | 24 | 3 | 0 | 0 | 24 | 3 | 1 | 1 | ||
23 | DEF | Albert Lopo | 10 | 0 | 4 | 1 | 14 | 1 | 6 | |||
24 | MED | Jonás Gutiérrez | 15 | 0 | 2 | 0 | 17 | 0 | 2 | |||
25 | POR | Manu Fernández | 8 | 0 | 4 | 0 | 12 | 0 | 2 | |||
27 | DEF | Róber Suárez | 3 | 0 | 4 | 0 | 7 | 0 | ||||
28 | MED | Óscar Pinchi | 0 | 0 | 1 | 0 | 1 | 0 | ||||
30 | MED | Miguel Filipe Nunes Cardoso | 3 | 0 | 4 | 0 | 7 | 0 | 1 |
No. | Pos. | Nac. | Nome | Liga | Copa | Total | Disciplina | |||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Apps | Goles | Apps | Goles | Apps | Goles | |||||||
13 | POR | Fabricio Agosto | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | ||||
18 | DEF | Saúl García | 0 | 0 | 2 | 0 | 2 | 0 | ||||
8 | MED | Haris Medunjanin | 0 | 0 | 2 | 0 | 2 | 0 |
Pos |
Equipo |
X |
G |
E |
P |
GF |
GC |
DG |
Pts | Clasificación ou descenso |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Barcelona (C) | 38 | 29 | 4 | 5 | 112 | 29 | +83 | 91 | Clasificación para a fase de grupos da UEFA Champions League |
2 | Real Madrid | 38 | 28 | 6 | 4 | 110 | 34 | +76 | 90 | |
3 | Atlético de Madrid | 38 | 28 | 4 | 6 | 63 | 18 | +45 | 88 | |
4 | Villarreal | 38 | 18 | 10 | 10 | 44 | 35 | +9 | 64 | Clasificación para a rolda previa da UEFA Champions League |
5 | Athletic Club | 38 | 18 | 8 | 12 | 58 | 45 | +13 | 62 | Clasificación para a fase de grupos da UEFA Europa League |
6 | Celta de Vigo | 38 | 17 | 9 | 12 | 50 | 58 | −8 | 60 | |
7 | Sevilla | 38 | 14 | 10 | 14 | 51 | 50 | +1 | 52 | Clasificación para a fase de grupos da UEFA Champions League |
8 | Málaga | 38 | 12 | 12 | 14 | 38 | 35 | +3 | 48 | |
9 | Real Sociedad | 38 | 13 | 9 | 16 | 45 | 48 | −3 | 48 | |
10 | Real Betis | 38 | 11 | 12 | 15 | 34 | 52 | −18 | 45 | |
11 | Las Palmas | 38 | 12 | 8 | 18 | 45 | 53 | −8 | 44 | |
12 | Valencia | 38 | 11 | 11 | 16 | 46 | 48 | −2 | 44 | |
13 | Espanyol | 38 | 12 | 7 | 19 | 40 | 74 | −34 | 43 | |
14 | Eibar | 38 | 11 | 10 | 17 | 49 | 61 | −12 | 43 | |
15 | Deportivo da Coruña | 38 | 8 | 18 | 12 | 45 | 61 | −16 | 42 | |
16 | Granada | 38 | 10 | 9 | 19 | 46 | 69 | −23 | 39 | |
17 | Sporting de Gijón | 38 | 10 | 9 | 19 | 40 | 62 | −22 | 39 | |
18 | Rayo Vallecano (D) | 38 | 9 | 11 | 18 | 52 | 73 | −21 | 38 | Descenso a Segunda División |
19 | Getafe (D) | 38 | 9 | 9 | 20 | 37 | 67 | −30 | 36 | |
20 | Levante (D) | 38 | 8 | 8 | 22 | 37 | 70 | −33 | 32 |
Vitoria Empate Derrota Aprazado
Amigable 10 de xullo de 2015 | Silva | 0 – 3 | Deportivo | Cerceda, Galicia | ||
20:30 CEST | Informe | Cardoso 60' D. Iglesias 78' Róber 86' |
Estadio: O Roxo | |||
Amigable 15 de xullo de 2015 | Racing de Ferrol | 1 – 3 | Deportivo | Ferrol, Galicia | ||
20:30 CEST | Carlos L. 72' | Informe | Arribas 14' Luis F. 46' Teles 55' |
Estadio: A Malata | ||
Amigable 17 de xullo de 2015 | Racing Vilalbés | 0 – 3 | Deportivo | Vilalba, Galicia | ||
19:00 CEST | Informe | Róber 30' Luis F. 39' Blas 83' |
Estadio: A Magdalena | |||
Amigable 22 de xullo de 2015 | Ponferradina | 0 – 1 | Deportivo | Ponferrada, España | ||
20:30 CEST | Informe | Luis Alberto 67' | Estadio: El Toralín | |||
E. Cuervo 25 de xullo de 2015 | Lugo | 1 – 0 | Deportivo | Ribadeo, Galicia | ||
19:30 CEST | P. Caballero 39' | Informe | Estadio: Pepe Barrera Asistencia: 3.000 Árbitro: José Luis Corral García | |||
Amigable 29 de xullo de 2015 | Huddersfield Town | 0 – 0 | Deportivo | Huddersfield, Inglaterra | ||
19:45 WEST | Informe | Estadio: John Smith's Stadium Asistencia: 4.633 Árbitro: Andy Madley | ||||
Amigable 1 de agosto de 2015 | Swansea City | 0 – 0 | Deportivo | Swansea, Gales | ||
17:30 WEST | Informe | Estadio: Liberty Stadium Asistencia: 12.292 Árbitro: Lee Evans | ||||
Amigable 5 de agosto de 2015 | Oviedo | 2 – 1 | Deportivo | León, España | ||
20:30 CEST | Susaeta 6' (pen.) C. Rivera 90' |
Informe | Juan Domínguez 39' | Estadio: Reino de León Asistencia: 3.000 Árbitro: José Ramón Piñeiro Crespo | ||
T. Herrera 8 de agosto de 2015 | Deportivo | 1 – 0 | Braga | A Coruña, Galicia | ||
20:00 CEST | Cartabia 53' (pen.) Bergantiños 83' Lopo 86' |
Informe | A. Pinto 58' | Estadio: Riazor Asistencia: 18.375 Árbitro: Carlos Clos Gómez | ||
Amigable 12 de agosto de 2015 | Galicia de Mugardos | 0 – 4 | Deportivo | Mugardos, Galicia | ||
19:00 CEST | Informe | Fajr 25' Cani 51' Sidnei 56' Luisinho 85' |
Estadio: A Pedreira Asistencia: 1.500 Árbitro: Adrián González Franco | |||
M. Rivera 2 de setembro de 2015 | Deportivo | 2 – 2 (5–4 p) |
Lugo | A Coruña, Galicia | ||
20:30 CEST | Lucas P. 13' 15' | Informe | Molinero 39' Joselu 54' |
Estadio: Riazor Árbitro: Rubén Eiriz Mata | ||
Penaltis | ||||||
Amigable 13 de novembro de 2015 | Paços de Ferreira | 0 – 0 | Deportivo | Melgaço, Portugal | ||
17:00 UTC | Informe | Estadio: Estádio de Melgaço Árbitro: Fabio Nunes | ||||
1 22 de agosto de 2015 | Deportivo | 0 – 0 | Real Sociedad | A Coruña | ||
18:30 CEST | Mosquera 14' Laure 48' Lopo 87' |
Informe | Zaldua 8' Bergara 64' |
Estadio: Riazor Asistencia: 23.306 Árbitro: Antonio Miguel Mateu Lahoz | ||
2 30 de agosto de 2015 | Valencia | 1 – 1 | Deportivo | Valencia | ||
20:30 CEST | Danilo 43' Barragán 72', 83' De Paul 85' |
Informe | Lucas P. 38' Lux 75' |
Estadio: Mestalla Árbitro: José Luis González González | ||
3 14 de setembro de 2015 | Rayo Vallecano | 1 – 3 | Deportivo | Madrid | ||
20:30 CEST | Embarba 26' Ebert 34', 76' Llorente 72' |
Informe | Borges 6' L. Alberto 27' Laure 31' Arribas 44' Lucas P. 60' |
Estadio: Campo de Fútbol de Vallecas Árbitro: Ricardo De Burgos Bengoetxea | ||
4 20 de setembro de 2015 | Deportivo | 2 – 3 | Sporting de Gijón | A Coruña | ||
16:00 CEST | Juanfran 15' L. Alberto 27' Fajr 72' Sidnei 84' Luisinho 89' |
Informe | Sanabria 3' 7' 77' A. Menéndez 33' N. Cases 60' Carmona 69' |
Estadio: Riazor Asistencia: 25.801[66] Árbitro: Eduardo Prieto Iglesias | ||
5 24 de setembro de 2015 | Betis | 1 – 2 | Deportivo | Sevilla | ||
22:00 CEST | Joaquín 27' Piccini 43' Petros 58' Westermann 86' |
Informe | J. Rodríguez 44' Cartabia 54' Fajr 72' Navarro 76' Lux 79' Laure 83' Luisinho 89' |
Estadio: Benito Villamarín Árbitro: Jesús Gil Manzano | ||
6 27 de setembro de 2015 | Deportivo | 3 – 0 | Espanyol | A Coruña | ||
16:00 CEST | Álvaro 13' (p.p.) Lopo 23' Lucas P. 25' 26' 46' Laure 63' Bergantiños 75' |
Informe | M. Asensio 12' Diop 33', 77' Enzo R. 72' Duarte 77' |
Estadio: Riazor Asistencia: 21.753[67] Árbitro: José María Sánchez Martínez | ||
7 3 de outubro de 2015 | Granada | 1 – 1 | Deportivo | Granada | ||
18:15 CEST | Piti 65' Success 89' |
Informe | Fajr 25' Jonás 62' Arribas 86' Riera 89' |
Estadio: Los Cármenes Árbitro: Iñaki Vicandi Garrido | ||
8 18 de outubro de 2015 | Deportivo | 2 – 2 | Athletic Club | A Coruña | ||
20:30 CEST | Lucas P. 61' 79' Sidnei 84' Arribas 88' |
Informe | Williams 30' Aduriz 62' Laporte 65' Beñat 74' |
Estadio: Riazor Asistencia: 22.239[68] Árbitro: Santiago Jaime Latre | ||
9 24 de outubro de 2015 | Málaga | 2 – 0 | Deportivo | Málaga | ||
22:05 CEST | Tighadouini 61' J. Carlos 84' |
Informe | Mosquera 9' | Estadio: La Rosaleda Árbitro: Carlos Velasco Carballo | ||
10 30 de outubro de 2015 | Deportivo | 1 – 1 | Atlético de Madrid | A Coruña | ||
20:30 CET | Fajr 14' Lucas P. 76' Cartabia 89' |
Informe | Tiago 33' | Estadio: Riazor Asistencia: 24.608[69] Árbitro: Pedro Jesús Pérez Montero | ||
11 7 de novembro de 2015 | Levante | 1 – 1 | Deportivo | Valencia | ||
18:15 CET | Camarasa 53' Toño G. 61' Simão M. 81' Víctor C. 84' Rubén G. 89' |
Informe | Lucas P. 22' Borges 52' Navarro 75' |
Estadio: Ciutat de València Árbitro: Carlos del Cerro Grande | ||
12 21 de novembro de 2015 | Deportivo | 2 – 0 | Celta de Vigo | A Coruña | ||
22:05 CET | Lucas P. 22' 22' Lux 25' Mosquera 52' Jonathan R. 53' Luisinho 69' Juanfran 77' Jonny 89' (p.p.) |
Informe | P. Hernández 40' Jonny 77' Nolito 83' |
Estadio: Riazor Asistencia: 30.666[70] Árbitro: Alfonso Javier Álvarez Izquierdo | ||
13 28 de novembro de 2015 | Las Palmas | 0 – 2 | Deportivo | Las Palmas | ||
22:00 CET | David S. 16' Araujo 39' Aythami 66' Culio 89' |
Informe | David S. 19' (p.p.) Mosquera 26' Arribas 67' Juanfran 79' Lucas P. 88' |
Estadio: Gran Canaria Árbitro: Carlos Clos Gómez | ||
14 5 de decembro de 2015 | Deportivo | 1 – 1 | Sevilla | A Coruña | ||
22:00 CET | Cani 9' Lucas P. 22' Mosquera 87' |
Informe | Kolodziejczak 24' Krychowiak 56' Iborra 74' 76' |
Estadio: Riazor Asistencia: 25.013[71] Árbitro: Ricardo de Burgos Bengoetxea | ||
15 12 de decembro de 2015 | Barcelona | 2 – 2 | Deportivo | Barcelona | ||
16:00 CET | Messi 37' Rakitić 61' |
Informe | Luisinho 37' Laure 67' Lucas P. 76' Bergantiños 85' |
Estadio: Camp Nou Árbitro: José María Sánchez Martínez | ||
16 19 de decembro de 2015 | Deportivo | 2 – 0 | Eibar | A Coruña | ||
22:05 CET | Luisinho 21', 68' Lucas P. 40' (pen.) Arribas 72' |
Informe | Pantić 12' Riesgo 40' |
Estadio: Riazor Asistencia: 19.281[72] Árbitro: Xavier Estrada Fernández | ||
17 30 de decembro de 2015 | Getafe | 0 – 0 | Deportivo | Xetafe (Madrid) | ||
20:30 CET | J. Rodríguez 48' Lafita 53' R. Lago 89' |
Informe | Cartabia 70' | Estadio: Coliseum Alfonso Pérez Árbitro: Alberto Undiano Mallenco | ||
18 3 de xaneiro de 2016 | Deportivo | 1 – 2 | Villarreal | A Coruña | ||
18:15 CET | L. Alberto 8' 48' Arribas 35' Navarro 89' |
Informe | Bruno 36' 39' 89' (pen.) J. dos Santos 43' Soldado 81' |
Estadio: Riazor Asistencia: 23.815[73] Árbitro: David José Fernández Borbalán | ||
19 9 de xaneiro de 2016 | Real Madrid | 5 – 0 | Deportivo | Madrid | ||
20:30 CET | Benzema 14' 89' Bale 22' 48' 62' |
Informe | Lux 15' Mosquera 63' Arribas 69' |
Estadio: Santiago Bernabéu Árbitro: Pedro Jesús Pérez Montero | ||
20 16 de xaneiro de 2016 | Real Sociedad | 1 – 1 | Deportivo | Donostia | ||
22:05 CET | X. Prieto 74' Jonathas 74' |
Informe | L. Alberto 25' Mosquera 69' Jonás 73' Lopo 85' |
Estadio: Anoeta Árbitro: Juan Martínez Munuera | ||
21 24 de xaneiro de 2016 | Deportivo | 1 – 1 | Valencia | A Coruña | ||
18:15 CET | Lucas P. 27' Juanfran 64' Lux 66' Arribas 81' |
Informe | A. Gomes 47' Vezo 78' Mustafi 78' Negredo 89' |
Estadio: Riazor Asistencia: 23.782[74] Árbitro: Mario Melero López | ||
22 1 de febreiro de 2016 | Deportivo | 2 – 2 | Rayo Vallecano | A Coruña | ||
20:30 CET | Lucas P. 19' Fajr 46' |
Informe | Miku 8' Jozabed 23' |
Estadio: Riazor Asistencia: 19.055[75] Árbitro: Iñaki Vicandi Garrido | ||
23 6 de febreiro de 2016 | Sporting de Gijón | 1 – 1 | Deportivo | Xixón (Asturias) | ||
22:05 CET | Vranješ 20' Jony 32' 34' |
Informe | Arribas 6' L. Alberto 41' F. Cartabia 88' |
Estadio: El Molinón Árbitro: Alejandro José Hernández Hernández | ||
24 13 de febreiro de 2016 | Deportivo | 2 – 2 | Betis | A Coruña | ||
22:05 CET | Bergantiños 15' 51' Fajr 50' |
Informe | Charly 19' J. Manuel 37' |
Estadio: Riazor Asistencia: 17.184[76] Árbitro: Alberto Undiano Mallenco | ||
25 20 de febreiro de 2016 | Espanyol | 1 – 0 | Deportivo | Cornellà de Llobregat (Barcelona) | ||
18:15 CET | Asensio 18' 51' Víctor S. 56' Caicedo 89' |
Informe | Arribas 47' | Estadio: Cornellà-El Prat Árbitro: Ricardo de Burgos Bengoetxea | ||
26 28 de febreiro de 2016 | Deportivo | 0 – 1 | Granada | A Coruña | ||
18:15 CET | Juanfran 22' Navarro 32' Lux 89' |
Informe | El-Arabi 23' (pen.) Édgar 84' R. Costa 87' Andrés 89' |
Estadio: Riazor Asistencia: 23.616[77] Árbitro: Juan Martínez Munuera | ||
27 2 de marzo de 2016 | Athletic Club | 4 – 1 | Deportivo | Bilbao | ||
20:00 CET | Muniain 12' Aduriz 17' 35' 52' 60' |
Informe | Mosquera 16' Borges 21' Riera 50' Lopo 58' |
Estadio: San Mamés Árbitro: Antonio Miguel Mateu Lahoz | ||
28 5 de marzo de 2016 | Deportivo | 3 – 3 | Málaga | A Coruña | ||
22:05 CET | L. Alberto 20' Borges 42' Bergantiños 46' Cartabia 68' Mosquera 77' Lucas P. 80' Manu 88' |
Informe | Charles 28' 52' Camacho 62' 76', 89' M. Torres 41' Arribas 89' (p.p.) Albentosa 89' |
Estadio: Riazor Asistencia: 18.446[78] Árbitro: Carlos Velasco Carballo | ||
29 12 de marzo de 2016 | Atlético de Madrid | 3 – 0 | Deportivo | Madrid | ||
20:30 CET | Saúl 17' Carrasco 41' Griezmann 59' Correa 82' |
Informe | Laure 89' | Estadio: Vicente Calderón Árbitro: Mario Melero López | ||
30 19 de marzo de 2016 | Deportivo | 2 – 1 | Levante | A Coruña | ||
20:30 CET | L. Alberto 43' 89' Riera 87' Mariño 86' (p.p.) |
Informe | Lerma 32' Rossi 49' S. Mate 69' Verza 89' |
Estadio: Riazor Asistencia: 24.920[79] Árbitro: Iñaki Vicandi Garrido | ||
31 2 de abril de 2016 | Celta de Vigo | 1 – 1 | Deportivo | Vigo | ||
22:05 CEST | Jonny 15' Wass 18' Nolito 30' Cabral 77' H. Mallo 90' |
Informe | Borges 21' Arribas 60', 68' Luisinho 86' Manu 89' |
Estadio: Balaídos Asistencia: 21.253[80] Árbitro: David José Fernández Borbalán | ||
32 11 de abril de 2016 | Deportivo | 1 – 3 | Las Palmas | A Coruña | ||
20:30 CEST | Lucas P. 47' Borges 76' |
Informe | Castellano 35' Araujo 57' 89' D. García 78' |
Estadio: Riazor Asistencia: 21.686[81] Árbitro: Alfonso J. Álvarez Izquierdo | ||
33 17 de abril de 2016 | Sevilla | 1 – 1 | Deportivo | Sevilla | ||
16:00 CEST | Iborra 20' Carriço 67' Sánchez 69' |
Informe | Lopo 61' Riera 81' 84' |
Estadio: Ramón Sánchez Pizjuán Asistencia: 30.390[82] Árbitro: Santiago Jaime Latre | ||
34 20 de abril de 2016 | Deportivo | 0 – 8 | Barcelona | A Coruña | ||
20:00 CEST | Cani 29' | Informe | L. Suárez 10' 23' 52' 63' Rakitić 46' Messi 72' Bartra 78' Neymar 80' |
Estadio: Riazor Asistencia: 28.956[83] Árbitro: Ricardo de Burgos Bengoetxea | ||
35 23 de abril de 2016 | Eibar | 1 – 1 | Deportivo | Éibar (Guipúscoa) | ||
22:05 CEST | Adrián G. 7' | Informe | Fajr 52' Cartabia 70' |
Estadio: Ipurua Árbitro: Eduardo Prieto Iglesias | ||
36 1 de maio de 2016 | Deportivo | 0 – 2 | Getafe | A Coruña | ||
18:15 CEST | Borges 19', 64' Navarro 74' |
Informe | Lacen 20' Sarabia 28' P. León 41' Vigaray 50' 84' Cala 72' Medrán 73' M. Gómez 89' |
Estadio: Riazor Asistencia: 25.007[84] Árbitro: Carlos Clos Gómez | ||
37 8 de maio de 2016 | Villarreal | 0 – 2 | Deportivo | Vila-real (Castelló) | ||
17:00 CEST | Bonera 10' M. Trigueros 48' V. Ruiz 51' |
Informe | Fajr 32' Lucas P. 56' Arribas 87' |
Estadio: El Madrigal Asistencia: 13.247[85] Árbitro: Xavier Estrada Fernández | ||
38 15 de maio de 2016 | Deportivo | 0 – 2 | Real Madrid | A Coruña | ||
17:00 CEST | Mosquera 56' | Informe | Ronaldo 7' 25' T. Kroos 49' S. Ramos 85' Modrić 89' |
Estadio: Riazor Asistencia: 29.017[86] Árbitro: Antonio Miguel Mateu Lahoz | ||
Ida 2 de decembro de 2015 | Llagostera | 1 – 2 | Deportivo | Palamós (Girona) | ||
21:00 CET | F. Cruz 18' Juanjo E. 21' Escassi 59' |
Informe | Luisinho 51', 65' Cardoso 55' F. Cartabia 61' 79' Riera 74' |
Estadio: Nou Estadi de Palamós Árbitro: Juan Martínez Munuera | ||
Volta 15 de decembro de 2015 | Deportivo | 1 – 1 | Llagostera | A Coruña | ||
20:00 CET | J. Domínguez 68' Cartabia 89' |
Informe | Juanto 42' Jordi 78' (pen.) |
Estadio: Riazor Asistencia: 11.408[87] Árbitro: Iñaki Vicandi Garrido | ||
Ida 6 de xaneiro de 2015 | Mirandés | 1 – 1 | Deportivo | Miranda de Ebro (Burgos) | ||
16:00 CET | Galán 10' Ortiz 25' Sangalli 70' C. Moreno 86' |
Informe | Mosquera 18' Lopo 75' |
Estadio: Anduva Árbitro: Eduardo Prieto Iglesias | ||
Volta 12 de xaneiro de 2016 | Deportivo | 0 – 3 | Mirandés | A Coruña | ||
20:30 CET | Lopo 75' Lucas P. 83' |
Informe | Provencio 41' 71' Prats 55' C. Lázaro 62' |
Estadio: Riazor Asistencia: 11.693[88] Árbitro: Alejandro José Hernández Hernández | ||
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.