Tempada 2016/17 do Deportivo da Coruña

From Wikipedia, the free encyclopedia

Durante a tempada 2016–17 o Deportivo da Coruña competiu na Primeira División (afrontando a súa 45.ª campaña na máxima categoría), logrando o 16.º posto na clasificación logo de 8 vitorias, 12 empates e 18 derrotas. Tamén competiu na Copa do Rei, alcanzando os oitavos de final, onde caeu eliminado fronte o Deportivo Alavés. O equipo foi adestrado inicialmente por Gaizka Garitano e posteriormente por Pepe Mel. O máximo goleador en liga foi Florin Andone, que anotou 12 goles.

Datos rápidos Presidente, Adestrador ...
Deportivo da Coruña
Tempada 2016–17
PresidenteConstantino Fernández
AdestradorGaizka Garitano
(ata o 26 de febreiro)
Pepe Mel
(desde o 28 de febreiro)
EstadioRiazor
Primeira División16.º
Copa do Rei1/8 de final
GoleadorFlorin Andone (12 goles)
Na casa
Fóra
Alternativa
Pechar

Resumo da tempada

Maio

O 27 de maio o club anunciou a súa primeira incorporación, o atacante turco Emre Çolak, procedente do Galatasaray SK, firmando por tres temporadas.[1] O xogador chegou libre.[2]

Xuño

O 10 de xuño o club anunciou a súa segunda fichaxe, co retorno do mediocampista portugués Bruno Gama, cun contrato por dúas campañas.[3] O xogador chegou libre.[4] Minutos máis tarde anunciou a Gaizka Garitano como novo adestrador do equipo, cun contrato por unha tempada.[5][6]

O 21 de xuño anunciouse a incorporación do dianteiro berciano Borja Valle, procedente do Real Oviedo, cun contrato por tres temporadas.[7]

O 28 de xuño o club anunciou a cesión do centrocampista eumés Juan Domínguez ao RCD Mallorca, de Segunda División, durante unha tempada.[8]

O 30 de xuño anunciouse a fichaxe do meta polaco Przemysław Tytoń, procedente do VfB Stuttgart, cun contrato por 3 tempadas.[9]

Xullo

O 3 de xullo anunciouse a contratación do meta galego Rubén Martínez, procedente do Levante UD, cun contrato por dúas tempadas.[10]

O 5 de xullo compareceu en rolda de prensa o meta Fabricio Agosto para anunciar a súa despedida, logo de firmar polo Beşiktaş turco.[11]

O 6 de xullo o club anunciou a saída do defensa coruñés Róber Pier, cedido por unha campaña ao Levante UD, en Segunda División.[12]

O 9 de xullo anunciouse a incorporación do defensa valenciano Raúl Albentosa, procedente do Derby County FC, cun contrato por catro temporadas.[13]

O 12 de xullo o club anunciou a incorporación de Juanfran Moreno, cunha nova cesión por parte do Watford FC, esta vez con opción de compra.[14]

O 14 de xullo anunciáronse dúas incorporacións para o equipo filial, o defensa catalán Arnau Campeny e o dianteiro madrileño Borja Galán.[15]

O 15 de xullo o club anunciou a ampliación do contrato de Pablo Insua até 2020, e a súa cesión de novo ao CD Leganés, onde militou a campaña anterior.[16] Horas máis tarde anunciouse a rescisión do contrato de dous xogadores do filial, o centrocampista Samuel Piette e o gardameta Javi Ortega.[17]

O 16 de xullo o Deportivo disputou o primeiro partido da pretempada, vencendo ante o SD Negreira, de Terceira División (1–10), con motivo do Memorial García Calvo.[18]

O 18 de xullo pasou recoñecemento a oitava incorporación do Deportivo, o mediocampista brasileiro Guilherme dos Santos, en calidade de cedido con opción de compra por unha tempada procedente do Udinese Calcio.[19][20]

O 19 de xullo o club anunciou a incorporación do defensa madrileño Nacho Monsalve para o filial branquiazul, procedente do Atlético de Madrid.[21]

O 21 de xullo o club anunciou a rescisión do contrato do dianteiro burelés Luis Fernández, cedido a campaña anterior no SD Huesca, que se incorpora á disciplina do AD Alcorcón.[22]

O 22 de xullo anunciouse a incorporación do mediocampista valenciano Carles Gil, cedido por unha campaña polo Aston Villa F.C.[23]

O 26 de xullo o club anunciou a incorporación do dianteiro romanés Florin Andone, procedente do Córdoba CF, cun contrato por cinco tempadas e un custo próximo aos 4.000.000 de euros.[24][25] Horas máis tarde anunciouse a saída do centrocampista Bicho, que marcha cedido por unha campaña ao Racing de Ferrol, de Segunda División B.[26]

O 28 de xullo o club anunciou un novo amigable para o 23 de agosto fronte ao SD Compostela, de Terceira División, con motivo do memorial Antonio Bermúdez.[27]

Agosto

O 3 de agosto o club anunciou que conta con 20.436 abonados.[28] Un día despois a cifra situábase en 21.767 socios.[29]

O 6 de agosto, e tras varios días xa na cidade, finalmente o club oficializou a incorporación do mediocampista colombiano Marlos Moreno, que firmou por unha campaña, cedido polo Manchester City F.C.[30]

O 12 de agosto o club anunciou a cesión do dianteiro catalán Oriol Riera durante unha tempada ao CA Osasuna.[31] Un día despois anunciouse a saída do defensa cántabro Saúl García, cedido por unha tempada ao Girona FC de Segunda División.[32]

O 16 de agosto o Deportivo lamentou o pasamento do dianteiro arxentino Jorge Larraz, dianteiro do club coruñés nos anos 60.[33]

O 25 de agosto anunciouse unha nova edición do Memorial Moncho Rivera, organizado polo Victoria CF coruñés e de carácter benéfico, que enfrontará un combinado de xugadores do Súper Dépor cun combinado do Euro Celta, o 16 de setembro, no estadio de Riazor.[34]

O 29 de agosto o club anunciou que superou os 25.000 socios.[35]

O 30 de agosto anunciouse a venda do dianteiro Lucas Pérez ao Arsenal F.C. nunha operación próxima aos 20 millóns de euros. O club agradeceu ao xogador a súa "decidida aposta polo Dépor e a súa entrega en cada minuto sobre o campo defendendo a camiseta branquiazul".[36][37]

O 31 de agosto, derradeiro día do mercado de fichaxes, anunciouse a incorporación do dianteiro Joselu Mato, cedido por unha tempada polo Stoke City F.C.[38]

Setembro

O 11 de setembro, no encontro correspondente á terceira xornada contra o Athletic Club en Riazor, Joselu debutou como branquiazul e sufriu unha escordadura de xeonllo logo dunha dura entrada do xogador Raúl García, que o manterá de baixa entre 6 e 8 semanas.[39]

O 15 de setembro o club anunciou a incorporación do dianteiro neerlandés Ryan Babel, como consecuencia da lesión de Joselu, cun contrato até o 31 de decembro de 2016.[40] Minutos máis tarde o Deportivo lamentaba o pasamento do ex xogador Gento II, dianteiro do equipo coruñés na década de 1960.[41]

Outubro

O 3 de outubro, aproveitando o parón ligueiro, o club iniciou a substitución do céspede de Riazor, que tiña máis de 20 anos. As obras durarán dúas ou tres semanas, cambiarase igualmente o sistema de rego e o terreo de xogo descenderá uns 30 centímetros, igualándose coa pista de atletismo. O custo desta operación non transcendeu.[42][43] Unha das razóns pola que se acomete esta mellora é a nova normativa de La Liga, que obriga aos clubs a manter uns determinados estándares de calidade para as retransmisións.[44] Estas obras remataron o 26 de outubro, cun custo total de 218.984,42 euros.[45]

O 27 de outubro o club anunciou a firma dun acordo co Concello de Arteixo para o uso das instalacións do campo Ponte dos Brozos polo equipo feminino.[46]

O 29 de outubro anunciouse a convocatoria a Xunta Xeral Ordinaria e Extraordinaria de Accionistas do club, que se desenvolverá en primeira ou segunda convocatoria os días 30 de novembro e 1 de decembro, respectivamente.[47] Horas máis tarde o Consello de Administración do club publicou un comunicado cargando con contundencia contra a Comisión Antiviolencia e o seu presidente, días despois de que nos medios se anunciasen unhas supostas sancións ao club pola exhibición de pancartas da peña Riazor Blues.[48]

O 31 de outubro deuse a coñecer o acordo de patrocinio coa empresa de xogos de azar Luckia Gaming Group, que patrocinará ao Deportivo durante esta campaña e unha máis.[49]

Novembro

O 2 de novembro o club anunciou a inscrición no Rexistro Mercantil da cuarta fase da ampliación de capital, na cal calquera persoa ou entidade pode converterse en accionista, cun capital máximo de 90.150 euros. Igualmente, anunciouse que na terceira fase acudiron á ampliación 37 accionistas, que subscribiron un total de 13.883,10 euros.[50]

O 8 de novembro anunciouse que José González-Dans Vázquez, responsable da área económica do club, desempeñará tamén funcións de coordinación referentes a soporte e negocio, así como as empresas participadas.[51]

O 26 de novembro o club decidiu afastar do traballo en grupo ao xogador do filial Óscar Pinchi, logo dunhas declaracións no xornal DxT Campeón sobre a política de traballo da canteira.[52] Días despois o propio xogador desculpouse a través das redes sociais, o que deu remate á polémica.[53]

Decembro

O 1 de decembro celebrouse, en segunda convocatoria, a Asemblea Xeral de Accionistas onde se aprobaron as contas do club para a tempada 2015–16. Presentáronse uns beneficios netos de 6,98 millóns de euros e a débeda sitúase en 95 millóns, sensiblemente menor que en exercicios anteriores. Na xunta tamén se criticou a xestión da canteira e anunciouse a creación da Fundación Real Club Deportivo.[54]

O 12 de decembro o club anunciou o pasamento, o día anterior, do ex xogador Manuel Bermúdez "Polo", dianteiro do club coruñés nos anos 1950.[55]

O 21 de decembro deuse a coñecer que o Xulgado de Instrución número 20 de Madrid arquivaba a causa que investigaba a morte de Francisco Javier Romero "Jimmy" en 2014, alegando que non se pode identificar os autores da morte do seareiro coruñés.[56] Esa mesma tarde, o club emitiu un contundente comunicado amosando "a súa profunda sorpresa, absoluta decepción e total indignación ante o arquivo da causa". Ademais, o club interpreta que "en pouco máis de dous anos pasouse dunha posición tallante por parte de todas as autoridades competentes para tratar de solucionar o caso á desidia e impunidade polo sucedido en Madrid", e denunciando tamén "o desequilibrio existente entre a impunidade ante un asasinato e a persecución sistemática mediante propostas de sancións que están a recibir os seguidores e o propio Deportivo cando o Club e os seus afeccionados foron exemplares durante todo este proceso".[57][58]

Ese mesmo día anunciouse a ampliación de contrato de Sidnei Rechel, que será xogador branquiazul até 2020.[59]

Tras rematar o partido de Copa do Rei ante o Real Betis que rematou en vitoria (3–1), que certificou o pase do Deportivo a oitavos de final, o neerlandés Ryan Babel anunciou que non renovaría o seu contrato co club, que remataba o 31 de decembro, despedíndose así do equipo coruñés anotando un gol.[60]

Xaneiro

O 13 de xaneiro o club anunciou a primeira incorporación do mercado invernal, o mediocampista neerlandés Ola John, cedido polo SL Benfica até o remate da actual temporada con opción de compra.[61][62]

O 17 de xaneiro anunciouse a incorporación do mediocampista francés Gaël Kakuta, cedido até o remate da tempada polo Hebei China Fortune F.C. chinés.[63]

O 18 de xaneiro o club anunciou que as xogadoras do equipo feminino Raquel Béjar e Teresa Abelleira firmaran contrato profesional coa entidade, sendo así o Deportivo o primeiro club galego en facelo.[64]

Horas máis tarde anunciábase a saída do atacante Borja Valle, que marcha cedido ao Elche CF de Segunda División, até o remate da actual campaña.[65]

O 20 de xaneiro o club lamentou o pasamento de Carlos Alberto Silva, adestrador branquiazul nas tempadas 1996–97 e 1997–98, finado aos 77 anos.[66]

O 24 de xaneiro anunciouse a incorporación do meta belga Davy Roef, cedido polo RSC Anderlecht até o final da tempada, converténdose no primeiro xogador desa nacionalidade en vestir a camisola do Deportivo.[67] De igual modo, o club anunciou a saída do meta Rubén Martínez cara a este club belga, RSC Anderlecht, tamén até o remate da actual campaña.[68]

O 29 de xaneiro o club anunciou que alcanzara a cifra de 25.000 accionistas, a escasos días do peche da campaña de ampliación de capital, iniciada en 2015.[69]

O 31 de xaneiro o club anunciou a fichaxe do centrocampista arxentino Federico Cartabia, logo de rescindir o seu contrato co Valencia CF, firmando un contrato por cinco tempadas. Anunciouse igualmente a súa saída ao SC Braga, cedido até o remate da campaña.[70][71]

Febreiro

O 2 de febreiro o club fixo oficial un cambio na firma deportiva que equipará o Deportivo a partir da seguinte campaña, sustituíndo a Lotto Sport Italia pola tamén italiana Macron, que vestirá os 15 equipos do club até o 2021.[72] O novo patrocinador técnico aportará unha cantidade próxima ao medio millón de euros por tempada.[73]

O 3 de febreiro, logo da entrada dun forte temporal que provocou diversos estragos nas cubertas do Estadio de Riazor que poñían en risco a seguridade dos afeccionados, decidiuse adiar o partido que se debía disputar fronte o Real Betis esa mesma tarde.[74] Días máis tarde a Liga dispuxo o 8 de marzo como a nova data para xogar o partido.[75]

O 26 de febreiro o club anunciou a rescisión do contrato do adestrador Gaizka Garitano, logo dunha avultada derrota fronte o CD Leganés (4–0) e sete xornadas sen coñecer a vitoria.[76] Dous días despois anunciouse que o seu substituto á fronte do banquiño era Pepe Mel até o remate da tempada, con opción a ampliación.[77]

Marzo

O 15 de marzo o club emitiu un comunicado explicando que a Sala do Civil do Tribunal Supremo fallara en contra do club no litixio aberto coa Axencia Tributaria sobre a clasificación definitiva da débeda. Así, o Tribunal Supremo entende os 21,7 millóns de euros clasificados inicialmente como subordinados e ordinarios, son finalmente débeda privilexiada, e polo tanto, o Deportivo verase obrigado a abonalos, sen quita do 33%, dentro dos prazos establecidos no Convenio Singular asinado en marzo de 2014 coa propia Axencia Tributaria. O club entende que esta situación complicará o escenario económico nas próximas temporadas, afectando directamente á competitividade do equipo na Liga e do propio club dentro da industria do fútbol.[78] A entidade deberá afrontar todo ese pago en pouco máis de cinco anos, estando obrigado a incrementar en 3,5 millóns de euros os pagos anuais que viña desembolsando a Facenda. Por esta decisión, deberá aboar á Axencia Tributaria unha cantidade próxima aos 10 millóns de euros cada ano só para ir liquidando débeda.[79]

O 17 de marzo o club anunciou a paralización do proxecto de museo, que tiña anunciado na xunta xeral de accionistas e que estaría situado nos baixos de Riazor, como primeira medida logo do coñecemento do fallo da setenza do Tribunal Supremo uns días antes. Igualmente anunciaron que, ademais desta, estanse a tomar e esbozar as primeiras medidas para reducir investimentos previstos para os próximos anos.[80]

Maio

O 3 de maio o club anunciou que abonara á Axencia Tributaria un total de 5.467.299,14 euros, en cumprimento do convenio singular subscrito entre o Deportivo e a AEAT para o pago de débeda cualificada como privilexiada. Desde a firma do convenio, a débeda reducida ascende a 35.933.163,30 euros.[81]

O 19 de maio o club anunciou que quedaba pechada formalmente a ampliación de capital aprobada en 2014, acadándose un capital social total de 10.292.425,50 euros, repartidos en 171.255 accións de 60,10 euros cada unha. Así, o club conta cun total 25.333 accionistas, 2.479 máis que os que tiña antes do inicio do proceso.[82]

O 28 de maio o equipo filial logrou o ascenso a Segunda División B logo de superar na promoción ao CP Cacereño, volvendo así á categoría de bronce 6 temporadas despois do último descenso.[83]

Material deportivo

O equipamento do Deportivo foi proporcionado por Lotto e os patrocinadores foron Estrella Galicia, Abanca e Luckia.

Persoal

Corpo técnico

Máis información Cargo, Nome ...
Cargo Nome
Adestrador Pepe Mel
2.º adestrador Roberto Ríos
Prep. físico David Gómez
Pechar

Consello de administración

Máis información Cargo, Nome ...
Cargo Nome
Presidente Constantino Fernández
Área institucional Daniel Ramos
Área deportiva Fernando Vidal
Área económica Enrique Calvete
Área comercial Juan José Jaén
Área social Martín Pita
Pechar

Mercado de fichaxes

Altas

Máis información Data, Pos. ...
Data Pos. Nome Procedencia Prezo
27 de maio de 2016 MED Emre Çolak Galatasaray Libre
10 de xuño de 2016 MED Portugal Bruno Gama Ucraína Dnipro Libre
21 de xuño de 2016 DIA España Borja Valle España Oviedo Libre
30 de xuño de 2016 POR Polonia Przemysław Tytoń Alemaña VfB Stuttgart Libre
3 de xullo de 2016 POR Galicia Rubén Martínez España Levante Libre
9 de xullo de 2016 DEF España Raúl Albentosa Inglaterra Derby County Libre
12 de xullo de 2016 DEF España Juanfran Moreno Inglaterra Watford Cesión
18 de xullo de 2016 MED Guilherme dos Santos Italia Udinese Cesión
22 de xullo de 2016 MED España Carles Gil Inglaterra Aston Villa Cesión
26 de xullo de 2016 DIA Romanía Florin Andone España Córdoba 4.000.000 €
6 de agosto de 2016 MED Marlos Moreno Inglaterra Manchester City Cesión
31 de agosto de 2016 DIA Galicia Joselu Mato Inglaterra Stoke City Cesión
15 de setembro de 2016 DIA Países Baixos Ryan Babel Emiratos Árabes Unidos Al Ain Libre
13 de xaneiro de 2017 MED Países Baixos Ola John Inglaterra Wolverhampton Wanderers Cesión
17 de xaneiro de 2017 MED Francia Gaël Kakuta República Popular da China Hebei China Fortune Cesión
24 de xaneiro de 2017 POR Bélxica Davy Roef Bélxica Anderlecht Cesión
31 de xaneiro de 2017 MED Federico Cartabia España Valencia Libre
Pechar

Baixas

Máis información Data, Pos. ...
Data Pos. Nome Destino Prezo
28 de xuño de 2016 MED Galicia Juan Domínguez España Mallorca Cesión
5 de xullo de 2016 POR España Fabricio Agosto Beşiktaş Libre
6 de xullo de 2016 DEF Galicia Róber Pier España Levante Cesión
21 de xullo de 2016 DIA Galicia Luis Fernández España Alcorcón Libre
26 de xullo de 2016 MED Galicia Bicho Galicia Racing de Ferrol Cesión
12 de agosto de 2016 DIA España Oriol Riera España Osasuna Cesión
13 de agosto de 2016 DEF España Saúl García España Girona Cesión
30 de agosto de 2016 DIA Galicia Lucas Pérez Inglaterra Arsenal 20.000.000 €
31 de decembro de 2016 DIA Países Baixos Ryan Babel Beşiktaş Libre
18 de xaneiro de 2017 DIA España Borja Valle España Elche Cesión
24 de xaneiro de 2017 POR Galicia Rubén Martínez Bélxica Anderlecht Cesión
31 de xaneiro de 2017 MED Federico Cartabia Portugal Braga Cesión
Pechar

Xogadores

Máis información No., Pos. ...
No. Pos. Nac. Nome Liga Copa Total Disciplina
Apps Goles Apps Goles Apps Goles
1PORGermán Lux 250002505
2DEFEspañaJuanfran Moreno 3404038031
3DEFEspañaFernando Navarro 250102606
4MEDGaliciaÁlex Bergantiños 8110913
5MEDGaliciaPedro Mosquera 233402737
6DEFEspañaRaúl Albentosa 27120281101
7DIAGaliciaJoselu Mato 205412469
8MEDEmre Çolak 333303635
9MEDMarlos Moreno 19040230
10DIARomanía Florin Andone 37122039126
11MEDEspañaCarles Gil 231102415
12DEFSidnei Rechel 291303212
13PORPoloniaPrzemysław Tytoń 130001301
14DEFEspañaAlejandro Arribas 230322626
15DEFEspañaLaure Sanabria 7000701
16DEFPortugalLuisinho Correia 260413018
19MEDFranciaFayçal Fajr 2401025031
20MEDGuilherme dos Santos 302403426
21MEDPortugalBruno Gama 220312514
22MED Celso Borges 346303766
23MEDFranciaGaël Kakuta 10200102
24MEDPaíses BaixosOla John 110001101
25PORBélxicaDavy Roef 100010
28MEDGaliciaÓscar Pinchi 102030
30MEDEspañaEdu Expósito 100010
Pechar

Deixaron o equipo

Máis información No., Pos. ...
No. Pos. Nac. Nome Liga Copa Total Disciplina
Apps Goles Apps Goles Apps Goles
7DIAGaliciaLucas Pérez 110011
23DIAPaíses BaixosRyan Babel 114111253
17MEDEspañaBorja Valle 702090
25PORGaliciaRubén Martínez 004040
Pechar

Clasificación

Máis información Pos, Equipo ...
Pos
Equipo
X
G
E
P
GF
GC
DG
Pts
Clasificación ou descenso
1 Real Madrid (C) 38 29 6 3 106 41 +65 93 Clasificación para a fase de grupos da UEFA Champions League
2 Barcelona 38 28 6 4 116 37 +79 90
3 Atlético de Madrid 38 23 9 6 70 27 +43 78
4 Sevilla 38 21 9 8 69 49 +20 72 Clasificación para a rolda previa da UEFA Champions League
5 Villarreal 38 19 10 9 56 33 +23 67 Clasificación para a fase de grupos da UEFA Europa League
6 Real Sociedad 38 19 7 12 59 53 +6 64
7 Athletic Club 38 19 6 13 53 43 +10 63 Clasificación para a rolda previa da UEFA Europa League
8 Espanyol 38 15 11 12 49 50 1 56
9 Alavés 38 14 13 11 41 43 2 55
10 Eibar 38 15 9 14 56 51 +5 54
11 Málaga 38 12 10 16 49 55 6 46
12 Valencia 38 13 7 18 56 65 9 46
13 Celta de Vigo 38 13 6 19 53 69 16 45
14 Las Palmas 38 10 9 19 53 74 21 39
15 Real Betis 38 10 9 19 41 64 23 39
16 Deportivo da Coruña 38 8 12 18 43 61 18 36
17 Leganés 38 8 11 19 36 55 19 35
18 Sporting de Gijón (D) 38 7 10 21 42 72 30 31 Descenso a Segunda División
19 Osasuna (D) 38 4 10 24 40 94 54 22
20 Granada (D) 38 4 8 26 30 82 52 20
Pechar

Partidos

      Vitoria       Empate       Derrota       Aprazado

Pretempada e amigables

Primeira División

Copa do Rei

Artigo principal: Copa do Rei de fútbol 2016/17.

1/16 de final

1/8 de final

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.