Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Estadio Municipal de Butarque é un estadio de fútbol situado na localidade de Leganés (Comunidade de Madrid). Neste campo o principal equipo da cidade, o Club Deportivo Leganés, disputa os seus encontros como local.
Municipal de Butarque | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 40°20′25″N 3°45′39″O |
Localización | Leganés, Madrid España |
Construción | |
Inauguración | 14 de febreiro de 1998 (26 anos) |
Estadio | |
Superficie | Céspede |
Dimensións | 105 x 70 |
Capacidade | 10.958 |
Propietario | Concello de Leganés |
Operadora | Leganés |
Localía | Club Deportivo Leganés |
Eventos | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
O nome do campo vén pola patroa da localidade, a nosa Señora de Butarque, e comezou a construírse entre 1997 e 1998 coa intención de substituír o antigo estadio, o Luís Rodríguez de Miguel, en cuxo terreo asentaríase posteriormente a Praza Maior de Leganés. O Estadio de Butarque foi inaugurado o 14 de febreiro de 1998 cun partido de Segunda División entre o Leganés e Xerez Club Deportivo.
Butarque pode albergar ata 10.958 espectadores, aínda que a entrada media no estadio oscila entre 5.000 e os 6.000 persoas dependendo do partido. Posúe unha tribuna cuberta para os espectadores, mentres que o resto (lateral e fondos) non teñen teito e están descubertas. No mesmo estadio atópanse as oficinas centrais do equipo e a tenda do club.
Nos terreos pertencentes ao estadio atópase tamén un campo de herba artificial, situado en fronte do campo principal, no que xoga os seus partidos o Leganés B e as divisións inferiores do equipo leganense. Ademais está proxectada a construción dunha residencia de xogadores e unha escola para a canteira.
Ademais de partidos de fútbol, o campo albergou edicións do Festimad e concertos musicais.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.