Lucas Pérez
futbolista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Lucas Pérez Martínez, nado na Coruña o 10 de setembro de 1988, é un futbolista galego, que xoga de dianteiro no PSV Eindhoven da Eredivisie. Militou en máis dunha ducia de clubs de cinco países diferentes, pero é principalmente coñecido polas súas tres etapas no Deportivo da Coruña, co que marcou 62 goles en 172 partidos. Considerado un emblema e unha figura histórica do club, xogou con este en tres categorías diferentes e capitaneouno no ascenso á Segunda División na tempada 2023/24, despois de deixar o Cádiz e renunciar á Primeira División para baixar dúas categorías pagando el mesmo a metade da súa fichaxe.[1]
![]() (2024) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Lucas Pérez Martínez 10 de setembro de 1988 (36 anos) A Coruña, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,81 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 78 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2007 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Primeira División Española | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro centro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 7 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Sitio web | lucasoficial.com | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Xogou tamén noutros clubs de Primeira como o Alavés ou o Elche, así como no Arsenal e no West Ham, da Premier League inglesa, no Karpaty Lviv e no Dynamo Kyiv ucraínos, no PAOK de Salónica grego ou no PSV dos Países Baixos.
Traxectoria
Inicios
Naceu o 10 de setembro de 1988 no barrio coruñés de Monelos.[2] Súa nai tiña problemas de drogadicción, mentres que seu pai, mariñeiro, pasaba longas tempadas embarcado no Gran Sol.[3] Aos dous anos foi abandonado nunha casa niño, ata que foi acollido polos seus avós paternos, Manuel e Manuela, cos que se criou nas vivendas sociais de Monelos coñecidas como as "torres dos mariñeiros".[4]
Seus avós apuntárono de neno nas escolas municipais de fútbol despois de que comezase a xogar nas rúas do seu barrio.[3] Con seis anos ingresou nas filas do Victoria CF, onde chegou a ocupar a posición de porteiro, ata ser recolocado definitivamente na dianteira.[5] Probou tamén no fútbol sala, pero acabou decantándose finalmente polo fútbol cando Rubén Mato o levou ao equipo xuvenil do Arteixo. As súas actuacións en Ponte dos Brozos espertaron o interese do Deportivo Alavés, que vía nel unha aposta de futuro. Con todo, en 2007, tras só uns meses en Vitoria, os problemas económicos do Alavés obrigaron ao club a recortar gastos e Lucas volveu a Galicia.[6][7]
Á súa volta, o Montañeros e o Ordes pugnaron polo xogador, chegando a haber unha polémica por unha duplicidade de fichas. Finalmente foi o equipo ordense o que se fixo cos seus servizos.[8] Nese tempo xogou tamén ao fútbol sala no Loureiro, co que disputou dous partidos ante Azkar Lugo e Lobelle.[9] Tras unha tempada no Ordes, na que aínda en idade xuvenil foi clave para conseguir a permanencia do primeiro equipo na Terceira División, foi fichado polo Atlético de Madrid para o seu segundo filial, onde militou durante dous anos en Terceira, sendo o máximo goleador do equipo.[5]
Rayo Vallecano
No verán de 2009 pasou ao Rayo Vallecano B, tamén de Terceira División.[5] As súas grandes actuacións no filial abríronlle a porta do primeiro equipo, co que debutou en Segunda División da man de Pepe Mel en xaneiro de 2010, nun partido diante do FC Cartagena no que entrou na segunda parte como substituto de Aganzo.[10] Tras dispoñer de varios minutos tamén na seguinte xornada contra o Girona, regresou ao filial, co que logrou o ascenso e foi elixido mellor xogador da Terceira División.[5] Na tempada 2010/11 compaxinou a Segunda División B coa Segunda. Co primeiro equipo xogou cinco encontros marcando un gol contra o Valladolid e contribuíndo ao ascenso do equipo de Sandoval a Primeira División.
FC Karpaty Lviv e Dinamo de Kíiv
A finais desa tempada quedou libre e fichou polo FC Karpaty Lviv, equipo da Primeira División de Ucraína, onde foi elixido mellor debutante e co que disputou dúas edicións da Europa League, marcando un gol contra o PAOK.[11] En marzo de 2013 fichou polo Dynamo de Kíiv,[12] no que só estivo catro meses tras unha mala experiencia.[13] O xogador coruñés chegou ao club de Kíiv o derradeiro día do mercado de fichaxes cedido polo Karpaty por unha tempada con opción de compra. Considerando que chegaba en baixa forma, o adestrador Oleg Blokhin pedíu a Lucas que xogase partidos co equipo sub-21, algo ao que inicialmente Lucas se negou, pero finalmente acabou facendo. Porén, non chegou a debutar co primeiro equipo e o Dinamo decidiu non facer efectiva a opción de compra e cancelar a cesión.[14][15]
PAOK de Salónica
No verán de 2013 fichou polo PAOK de Salónica, no que realizou unha gran tempada, marcando 10 goles e dando 15 asistencias. Ademais entrou no once ideal da liga grega e foi elixido entre os cinco mellores xogadores do ano nese país.[16]
Deportivo da Coruña (1ª etapa)
O 18 de xullo de 2014 firmou polo Deportivo da Coruña, cedido polo PAOK, por unha tempada con opción de compra.[17] O 19 de outubro de 2014 na oitava xornada de liga e tras perder por lesión as 7 anteriores, debutou co Deportivo na Primeira División, nun partido contra o Valencia en Riazor. Saíu como titular e marcou o 2-0 cun disparo raso que superou a Yoel, gardameta vigués que tamén debutaba ese día co Valencia.[18] Esa campaña participou en 21 encontros e anotou 6 goles, o último deles na derradeira xornada contra o FC Barcelona no Camp Nou, que acabou en empate a dous e serviu para obter a permanencia na categoría.[19]
Volveu ao PAOK ao rematar a cesión e disputou co equipo grego dous partidos da terceira rolda da Liga Europa. Marcou nos dous partidos e foi ovacionado pola afección, cando xa se daba por feita a súa fichaxe definitiva polo Deportivo.[20] O 12 de agosto de 2015 firmou polo club coruñés, esta vez en propiedade, cun contrato por 4 tempadas.[21]
O 19 de decembro de 2015 tras marcar un penalti ao Eibar, que provocara o propio Lucas, e poñer o 1-0 no marcador, igualou o récord de Bebeto de marcar en 7 xornadas consecutivas co Deportivo da Coruña.[22] O 8 de xaneiro de 2016, a Liga BBVA nomeou a Lucas como o mellor xogador da Liga no mes de decembro ao marcar tres goles e dar unha asistencia en catro partidos e igualar o récord de Bebeto.[23]
O 2 de abril de 2016 nun derbi contra o Celta de Vigo en Balaídos e debido á lesión do porteiro Germán Lux que ata entón era o capitán do equipo no campo, Lucas luciu por primeira vez na súa carreira o brazalete de capitán do Deportivo nun partido oficial de Liga. Naquel partido cumpriu 50 partidos oficiais vestindo a camiseta do Deportivo da Coruña. Acabou a tempada 2015/16 con 17 goles en liga, unha cifra que non conseguía ningún xogador do Deportivo dende Roy Makaay 13 anos antes.[24]
Arsenal
O 30 de agosto de 2016, fíxose oficial a súa fichaxe polo Arsenal tras pagar o club inglés os 20.000.000 € da súa cláusula de rescisión.[25]
O 10 de setembro de 2016 debutou co Arsenal na Premier League como titular nun partido contra o Southampton, sendo substituído no minuto 64 polo dianteiro francés Olivier Giroud. O 20 de setembro de 2016 marcou os seus dous primeiros goles coa camiseta do Arsenal nun partido da Copa da Liga contra o Nottingham Forest no City Ground, que rematou 0-4.[26] Un mes despois debutou na Liga de Campións, nun partido da fase de grupos contra o Ludogorets, no que o Arsenal goleou ao equipo búlgaro por 6-0.[27] No seu segundo partido na máxima competición europea, marcou un hat-trick contra o Basel en St. Jakob-Park, nun partido que acabou 1-4.[28]
En xaneiro de 2017 marcou contra o Bournemouth o seu único gol co Arsenal na Premier League, batendo ao porteiro polaco Artur Boruc e facendo o segundo dos tres goles do seu equipo (3-3).[29] Ao final da tempada xogou pouco máis de mil minutos repartidos en 22 partidos entre todas as competicións, nos que marcou oito goles e deu seis asistencias.
Deportivo da Coruña (2ª etapa)
O 31 de agosto de 2017 anunciouse o seu retorno ao Deportivo, cedido por unha temporada polo Arsenal F.C.[30] A operación pechouse por preto de dous millóns e medio de euros.[31] Xogou 37 partidos e marcou 9 goles, sen poder evitar que o equipo descendese á Segunda división.[32]
West Ham
O 9 de agosto de 2018 anunciouse o seu traspaso por máis de catro millóns de euros ó West Ham United da Premier League inglesa, onde asinou un contrato por tres anos.[33][34] No club inglés xogou 19 partidos e anotou 6 goles.[35]
Deportivo Alavés
O 3 de xuño de 2019, anunciouse a súa fichaxe polo Deportivo Alavés da Primeira División, equipo co que firmou un contrato por tres tempadas.[35] En novembro converteuse no primeiro xogador en marcar en sete xornadas consecutivas da Liga con dous equipos diferentes (Deportivo da Coruña e Deportivo Alavés),[36] ademais de ser o xogador do equipo vasco en anotar en máis xornadas consecutivas.[37] Acabou a súa primeira campaña no Alavés como máximo goleador do equipo xunto ao tamén galego Joselu, con 11 goles cada un. No ano seguinte viviu unha tempada irregular, gozando nun inicio da titularidade co técnico Pablo Machín, perdéndoa coa chegada de Abelardo, co que tivo unha mala relación, e recuperándoa na parte final da competición co terceiro adestrador do ano, Javier Calleja.[38]
Elche
En agosto de 2021 desvinculouse do Alavés e asinou por unha tempada co Elche CF.[39] Debutou co equipo ilicitano nun partido contra o Getafe no Coliseum Alfonso Pérez, entrando na segunda parte como substituto de Lucas Boyé e marcando o gol da vitoria (0-1).[40] Marcou outro gol no seu segundo partido, pero non volveu ver portería, a pesar de ser titular en case tódolos encontros ata xaneiro, cando foi traspasado ao Cádiz.[41]
Cádiz

Debutou co Cádiz de Sergio González nos cuartos de final da Copa do Rei ante o Valencia en Mestalla e marcou un gol de penalti, pero o equipo caeu eliminado por 2-1.[42] En liga marcou tres goles, tendo especial importancia o que lle anotou ao porteiro do FC Barcelona, Ter Stegen, e que serviu para que o equipo gaditano levase os tres puntos do Camp Nou (0-1) e saíse dos postos de descenso.[43] Continuou no Cádiz case ata a metade da tempada 2022/23, participando en 14 das primeiras 15 xornadas de liga, e sendo naquel momento o máximo goleador do equipo a pesar de non ser un titular habitual.[44] O 30 de novembro disputou contra o Almería o seu último partido coa camiseta amarela, marcando o gol do empate, e ao día seguinte anunciouse o seu regreso ao Deportivo da Coruña.[45]
Deportivo da Coruña (3ª etapa)
O último día do 2022, o Deportivo da Coruña anunciou oficialmente o regreso do xogador, catro anos e medio despois.[45] O dianteiro renunciou así ao contrato que lle restaba no Cádiz e baixou dúas categorías ata a Primeira Federación, pagando el mesmo a metade do preto do millón de euros que custou o traspaso.[46] A súa fichaxe acaparou titulares en numerosos medios deportivos arredor do mundo, destacando estes o insólito no fútbol moderno da súa decisión de antepoñer o cariño por un club ao beneficio económico.[47][48][49]
Foi presentado o 3 de xaneiro sobre o céspede de Riazor, diante duns 8000 espectadores.[50][51] Cinco días despois xogou o seu primeiro partido na Primeira Federación, saíndo de titular ante o Unionistas e marcando dous dos tres goles do seu equipo (3-0).[52] Marcou tamén nos dous seguintes partidos e, a pesar de disputar só a segunda metade do campionato, acabou como o segundo máximo goleador do equipo con 9 goles. Con todo, non conseguiu o obxectivo do ascenso, ao caer nas semifinais da promoción ante o Castellón, nun caótico final de partido en Castàlia.[53]
Comezou a tempada 2023/24 negado de cara ao gol, sen conseguir ver porta nas 17 primeiras xornadas de liga, ata que a chegada do 2024 marcou un punto de inflexión na tempada.[53][54] Trala saída de Ian Mackay en xaneiro, Lucas converteuse no capitán do equipo, ao que liderou con numerosos goles e asistencias. O rendemento do xogador acadou o seu cénit entre as xornadas 22 e 26, cinco partidos nos que anotou 6 goles e repartiu 9 asistencias, guiando o equipo ata a primeira posición da táboa por primeira vez en máis de dous anos, liderado que xa non abandonaría ata o final da tempada.[55] O 12 de maio, na xornada 36, marcou contra o Barcelona Atlètic en Riazor o histórico gol co que o Deportivo conseguiu a vitoria e certificou o regreso á Segunda División tras catro anos, grazas a un lanzamento de falta que superou ao gardameta vasco Ander Astralaga.[53] Acabou a campaña como o máximo goleador do equipo con 16 dianas e o máximo asistente da Primeira Federación, con 19 pases de gol.
De volta na categoría de prata, foi titular toda a primeira volta do campionato, tanto na etapa de Imanol Idiakez como adestrador, como na do seu sucesor no banco, o betanceiro Óscar Gilsanz. Con todo, en xaneiro de 2025 anunciouse a súa saída do club, motivada segundo o xogador por causas persoais e falta de apoio por parte da directiva.[56] Pechou o seu paso polo Deportivo cun balance total de 172 partidos entre as súas tres etapas no club, 62 goles e 53 asistencias.[1]
PSV Eindhoven
En febreiro de 2025 anunciouse a súa fichaxe polo PSV Eindhoven, da Eredivisie.[57] Debutou co club o 26 de febreiro, nas semifinais da Copa dos Países Baixos ante o Go Ahead Eagles no Philips Stadion. O adestrador Peter Bosz deulle entrada no minuto 82 como substituto de Guus Til, pero non puido evitar a derrota e eliminación do seu equipo.[58]
Selección galega

Foi convocado pola selección galega para o partido contra Venezuela disputado no estadio de Riazor o 20 de maio de 2016, que finalizou con empate (1–1).[59] Foi convocado de novo, oito anos despois, para o partido contra Panamá disputado no Estadio de Balaídos o 31 de maio de 2024, que finalizou con derrota (0–2).[60]
Vida persoal
Mantivo unha relación sentimental coa ovetense Graciela Álvarez, coa que ten un fillo, Irvin, nacido en 2023.[61]
Palmarés
- Deportivo da Coruña
- Primeira Federación (1): 2023/24.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.