Remove ads
club deportivo de Eindhoven, nos Países Baixos From Wikipedia, the free encyclopedia
O PSV Eindhoven, que ten por nome oficial Philips Sport Vereniging, é un club de fútbol da cidade de Eindhoven, nos Países Baixos.
PSV | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Philips Sport Vereniging NV | |||
Alcume(s) | Boeren Rood-witten Red White Army | |||
Fundación | 31 de agosto de 1913 (111 anos) | |||
Estadio | Philips Stadion, Eindhoven, Países Baixos | |||
Inauguración | 15 de xaneiro de 1911 | |||
Capacidade | 35.000 | |||
Presidente | Peter Swinkels | |||
Adestrador | Phillip Cocu | |||
Liga | Eredivisie | |||
Eredivisie 2023-2024 | 1.º | |||
Na rede | ||||
http://www.psv.nl/ | ||||
| ||||
Foi fundado en 1913 e xoga na Eredivisie da liga neerlandesa de fútbol. É un dos tres "grandes" do fútbol neerlandés, xunto ao Ajax Ámsterdan e o Feyenoord Rotterdam.
Foi fundado oficialmente o 31 de agosto de 1913 ao final dunha gran festa de deporte de Philips, esta festa fíxose coa intención de celebrar a independencia holandesa do dominio francés. O PSV Eindhoven desenvolveuse como club profesional de fútbol e ao longo da súa historia contou con xogadores como Ruud Gullit, Ronald Koeman, Mark van Bommel, Mateja Kežman, Romário, André Ooijer, Ronaldo, Phillip Cocu, Eric Gerets, Jaap Stam, Ruud van Nistelrooy, Arjen Robben, Jefferson Farfán e Patrick Kluivert.
O grande éxito do club fundouse a través das achegas de xogadores como Willy van der Kuijlen, os irmáns Van der Kerkhof e January van Beveren, quen gañaron a Copa da UEFA en 1978 ao derrotar na final ao Bastia de Francia. Os éxitos internacionais do PSV volveron no ano 1988 cando, adestrado por Guus Hiddink e cun equipo que contaba con xogadores como Ronald Koeman, Eric Gerets, Soren Lerby e Wim Kieft; o PSV gañou a Copa de Europa derrotando na final ao Benfica de Portugal e deixando no camiño ao francés Girondins de Bordeos e ao Real Madrid. Logo dese triunfo, o PSV Eindhoven xogou a Copa Intercontinental ante o Nacional de Montevideo, que a perdeu ante o club charrúa.
Na actualidade demostra o seu poder tanto nas competicións locais que nas internacionais, aínda que na Liga de Campións da UEFA, o club mostrou unha boa cara, chegando ás semifinais en 2005, caendo por diferenza de goles ante o AC Milan.
Nos últimos anos, PSV Eindhoven demostrou ser o mellor equipo da Liga Holandesa, xa que neste período foi o que gañou máis títulos, incluídas 4 ligas consecutivas. Ademais, marcou un fito dentro do fútbol holandés: é o único club en gañar 4 títulos consecutivos de liga en dúas ocasións.
O estadio de PSV chámase en neerlandés Philips Stadion e ten capacidade para 35.000 espectadores. Foi inaugurado o mesmo día de fundación do club (31 de agosto de 1913).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.