futbolista español From Wikipedia, the free encyclopedia
Jaime Sánchez Muñoz, nado en Chiclana de la Frontera o 11 de marzo de 1995, é un futbolista español que xoga como defensa central no Deportivo da Coruña, da Segunda División.
Jaime | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Jaime Sánchez Muñoz | ||
Nacemento | 11 de marzo de 1995 | ||
Lugar de nacemento | Chiclana de la Frontera | ||
Altura | 1,84 m. | ||
Posición | Defensa | ||
Información de club | |||
Club actual | Deportivo da Coruña | ||
Número | 19 | ||
Carreira xuvenil | |||
2002–2009 | Sancti Petri | ||
2009–2012 | Cádiz | ||
2012–2014 | Real Madrid | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2013–2014 | Real Madrid C | 7 | (0) |
2014–2019 | Real Madrid B | 22 | (0) |
2016–2017 | → Sabadell (cedido) | 0 | (0) |
2019–2020 | Valladolid B | 36 | (0) |
2020–2021 | Sabadell | 32 | (1) |
2021– | Deportivo da Coruña | 81 | (2) |
Selección nacional | |||
2012 | España sub-17 | 5 | (0) |
2013 | España sub-18 | 2 | (0) |
2014 | España sub-21 | 1 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 22 de xuño de 2024. Selección: actualizado a 20 de xullo de 2021.[ editar datos en Wikidata ] | |||
Comezou na Escola de Fútbol Sancti Petri de Chiclana, onde xogou varios anos antes de entrar na canteira do Cádiz.[1] Despois de tres anos no equipo amarelo, en 2012 foi traspasado ao Real Madrid por 250.000 euros.[2]
No club branco empezou no equipo xuvenil e disputou a Liga Xuvenil da UEFA, na que un gol seu ao gardameta do PSG, Mike Maignan, lle deu o pase a semifinais ao Real Madrid.[3] O 24 de marzo de 2013 debutou co Real Madrid C na Segunda División B, nun partido contra o Sporting de Gijón B. Na tempada 2014/15 subiu ao Real Madrid Castilla, co que disputou 17 encontros, case todos como titular, e foi convocado por Carlo Ancelotti para un partido de Copa do Rei do primeiro equipo contra o Cornellà, aínda que non chegou a entrar ao campo.[4]
Na tempada 2015/16 sufriu unha lesión no tendón de Aquiles que o obrigou a pasar polo quirófano e que o mantivo fóra dos terreos de xogo durante toda a campaña.[5] Para a tempada 2016/17 foi cedido ao CE Sabadell,[6] pero non chegou a debutar por mor das lesións. O 24 de setembro de 2017 volveu xogar un partido oficial 861 días despois do último, vestindo a camiseta do Castilla fronte ao Navalcarnero.[7] Xogou un total de 5 partidos no equipo de Solari pero no verán volveu pasar polo quirófano para unha nova intervención cirúrxica.[8]
En xaneiro de 2019 foi traspasado ao Real Valladolid B, de 2ªB.[9] Disputou 12 partidos e ao remate da tempada o club valisoletano renovou o seu contrato ata 2021.[10] No equipo adestrado por Javier Baraja conseguiu unha regularidade que non tiña dende había anos e disputou 24 partidos de liga, 23 deles como titular, así como o encontro da promoción de ascenso que o seu equipo perdeu contra o Barcelona B.
En agosto de 2020 foi traspasado ao Sabadell, agora en Segunda División.[11] Debutou na categoría de prata na segunda xornada, comezando como titular nunha derrota por 1-2 contra o Rayo Vallecano no Estadio de Vallecas.[12] Foi titular na maioría de encontros e na xornada 36 marcou de chilena o seu primeiro gol, dándolle a vitoria ao seu equipo contra o Mallorca na Nova Creu Alta (1-0).[13] Con todo, o equipo acabou perdendo a categoría.
O 19 de xullo de 2021 foi anunciado como novo xogador do Deportivo da Coruña para a tempada 2021/21 da nova Primeira División RFEF.[14] Debutou co club galego o 29 de agosto de 2021, na primeira xornada de liga contra o Celta B en Riazor, que acabou con goleada coruñesa por 5-0.[15]
Foi internacional coas categorías inferiores da selección española, dende que debutou en 2012 coa sub-17, pasando logo pola sub-18, sub-19 e sub-21. En 2013 disputou o Campionato europeo da UEFA Sub-19 en Lituania, caendo nas semifinais contra Francia.[16]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.